Antoloxía palatina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoloxía Palatina, p. 101

Antoloxía de Constantino Céfalas ou Antoloxía Palatina foi unha colección de epigramas destinada a conservar todo tipo de poemas. A compilación foi feita por Constantino Céfalas que viviu sobre o século X no reinado de Constantino VII Porfiroxénito.

Esta antoloxía xa non se consideraba unha obra complementaria da Grilanda de Meleagro como outras anteriores, senón unha obra totalmente nova con fontes orixinais. Salmasio atopouna na biblioteca do elector palatino de Heidelberg en 1606 e por iso é coñecida como antoloxía palatina; en 1632 foi levada ao Vaticano e entón tamén se coñeceu como Códice Vaticano da antoloxía grega.