Antoine Griezmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Griezmann
Información persoal
Nome Antoine Griezmann
Nacemento 21 de marzo de 1991 (33 anos)
Lugar de nacemento Mâcon
Altura 1,75 m.[1]
Posición Extremo
Información de club
Club actual Club Atlético de Madrid
Número 17
Carreira xuvenil
1997–1999 EC Mâcon
1999–2005 UF Mâconnais
2005–2009 Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2014 Real Sociedad 179 (46)
2014–2019 Atlético Madrid 180 (94)
2019– Barcelona 0 (0)
2021- Atlético Madrid 0 (0)
Selección nacional
2010 Francia sub-19 7 (3)
2011 Francia sub-20 8 (1)
2010–2012 Francia sub-21 10 (2)
2014– Francia 72 (29)
Na rede
IMDB: nm6571716 Allocine: 775962
Facebook: antoine.griezmann Twitter: AntoGriezmann Instagram: antogriezmann Musicbrainz: 503d9abb-d7c0-4ba7-ba9a-3609897f17f2 FIFA: 336435 UEFA: 250019498 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de maio de 2019.
Selección: actualizado a 30 de xuño de 2019.editar datos en Wikidata ]

Antoine Griezmann, nado o 21 de marzo de 1991 en Mâcon, é un futbolista francés. Xoga de extremo no Atlético de Madrid. Ademais, é internacional coa selección francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Griezmann comezou nas categorías inferiores dos equipos da súa cidade natal, Mâcon. Comezou a formarse no EC Mâcon e o UF Mâcon, sendo rexeitado sistematicamente por equipos máis importantes pola súa altura e fraxilidade. Precisamente foi durante as probas nun destes equipos franceses, o Montpellier HSC cando os scouters da Real Sociedad fixáronse nel. Despois dunhas semanas de proba no equipo vasco, e despois de superar a reticencia familiar a viaxar a Euskadi, finalmente foi contratado polo equipo donostiarra cun contrato xuvenil cando só tiña 13 anos.

Real Sociedad[editar | editar a fonte]

A adaptación do francés foi lenta, xa que compaxinaba as clases en Baiona co adestramento en Donostia. Pasou catro anos nas categorías inferiores da Real Sociedad. Finalmente na tempada 2009/10, con Martín Lasarte como adestrador, pasou a formar parte do primeiro equipo.

O seu debut oficial produciuse o 2 de setembro de 2009 nun partido da Copa do Rei contra o Rayo Vallecano. Catro días máis tarde debutaba en Segunda División contra o Real Murcia. O 27 de setembro do mesmo ano marcaba o seu primeiro gol contra a SD Huesca. O seu papel no retorno da Real Sociedad a Primeira División foi moi destacado.

O 8 de abril de 2010 asinou o seu primeiro contrato profesional, un contrato que unía ao xogador durante cinco anos ao club donostiarra e cunha cláusula de rescisión de 30 millóns de euros.

Despois do ascenso a Primeira, o 29 de agosto de 2010 debutou na máxima categoría. O seu primeiro gol na competición foi o 25 de outubro do mesmo ano contra o Deportivo da Coruña.

Atlético de Madrid[editar | editar a fonte]

O 28 de xullo de 2014 o Atlético de Madrid pecha o traspaso de Antoine Griezmann a cambio de 30 millóns de euros.

Debutou o 10 de agosto nun partido amigable contra o VfL Wolfsburg no que xogou como suplente. Xogou o seu primeiro partido oficial o 19 de agosto no partido de ida da Supercopa de España contra o Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu, entrando no minuto 57. No partido de volta xogou como titular e asistiu de cabeza a Mario Mandžukić para que marcara o único gol do partido. O Atleti proclamouse campión da Supercopa.

O Atlético terminou a tempada terceiro e Griezmann realizou a súa mellor tempada goleadora terminando as competicións con 25 goles, 22 en liga Debido a estas actuacións, unha vez finalizada a tempada, foi incluído no equipo ideal da Liga e galardoado co Onze d'Or ao mello futbolista francés de 2015.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 13 de maio de 2014, o adestrador da selección francesa Didier Deschamps incluíuno na lista final de 23 xogadores para representar a Francia na Copa do Mundo de Fútbol de 2014. Debutou no torneo como titular no primeiro partido da fase de grupos contra Honduras. Xogou os cinco partidos que disputou Francia antes de ser eliminada por Alemaña pero non marcou ningún gol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. atleticodemadrid.com (ed.). "Ficha técnica de Antoine Griezmann". Consultado o 1 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]