Antin Seliava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntin Seliava

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1583 Editar o valor em Wikidata
Voivodato de Połock, Gran Ducado de Lituania Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 1655 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Tykocin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
5 de novembro de 1640 –
← Mikołaj KorsakGabriel Kolenda →
Arcebispo católico
1624 –
← Xosafat KuntsevychGabriel Kolenda →
Metropolitano de Kíiv
Arcebispo metropolitano
Polish elector (en) Traducir
Archbishop of Polotsk (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Colexio Grego de San Atanasio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1624–), sacerdote católico (1617–) Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Basilio Magno Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónYosyf Rutskyi Editar o valor em Wikidata
Participou en
27 de setembro de 16321632 Polish–Lithuanian royal election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Sielawa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Antin Seliava (en ucraíno: Антін Селява; en polaco: Antoni Sielawa; en belaruso: Антоній Сялява), nado arredor de 1583 no voivodato de Połock (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 5 de outubro de 1655, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1641 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Antin Seliava naceu arredor do ano 1583 en Polack.[1] Ingresou en 1612 no mosteiro da Santa Trindade dos basilianos en Vilnius, facendo o novizado baixo a dirección de Xosafat Kuntsevych.[1] En 1615 foi enviado a Roma para ampliar os seus estudos no Pontificio Colexio Grego, e á súa volta a Lituania traballou na reforma levada a cabo nos mosteiros polo metropolita Rutskyi. En outubro de 1617 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno. Posteriormente, dende 1622, foi arquimandrita dos mosteiros de Vilnius e de Navahrudak, e participou activamente nas polémicas relacionadas coa restauración da metrópole ortodoxa en 1620.[1]

Arcebispo de Polack[editar | editar a fonte]

Logo do martirio de Kuntsevych en Witebsk o 12 de novembro de 1623, Seliava foi en 1624 elixido arcebispo de Polack,[1] e recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Yosyf Rutskyi o 18 de xaneiro do mesmo ano. Como arcebispo foi impulsor e puxo en marcha o proceso de canonización de Kuntsevych, quen foi finalmente beatificado en 1643.[1]

Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus[editar | editar a fonte]

Nunha viaxe do metropolita Korsak a Roma, en 1639, Seliava foi nomeado na súa ausencia administrador temporal da Igrexa ucraína. O metropolita Korsak finou durante a súa estadía en Roma, e antes do seu pasamento ofreceu a Seliava ao papa Urbano VIII e ao rei Ladislau IV como posible sucesor.[1] En Roma tivo lugar un proceso apostólico de investigación sobre a persoa de Seliava, logo do cal foi nomeado en 1641 metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en outubro de 1655.[2] Conservou tamén o título de arcebispo de Polack, e en 1642 foi elixido tamén como superior da orde basiliana.[2]

Os primeiros anos do seu goberno da Igrexa ucraína foron pacíficos: combateu con éxito o intento do clero latino de debilitar a Igrexa bizantina, e entre 1645 e 1647 dirixiu importantes negociacións cos ortodoxos que, porén, se interromperon co pasamento de Petro Mohyla.[2] Posteriormente tivo que afrontar as consecuencias da rebelión de Bohdan Khmelnytsky en 1648: a paz chegou co tratado de Zboriv de agosto de 1649, que entre outras provisións incluíu a supresión da Igrexa greco-católica nos territorios do Hetmanato e a cesión das súas propiedades á Igrexa ortodoxa.[2] Malia as protestas de Seliava e do nuncio, o rei Xoán II Casimiro de Polonia aprobou o tratado en xaneiro de 1650.

A situación empeorou posteriormente co Tratado de Pereiaslav de 1654, que puxo ao Hetmanato en dependencia do Tsarato de Rusia, e coa entrada de tropas rusas nos territorios da Coroa. Logo de deixar o goberno da súa arquidiocese en mans de Havryil Kolenda, Seliava se trasladou a Podlaquia, residindo en diferentes mosteiros até que, perseguido e esgotado, finou aos 72 anos (en 1655) na poboación de Tykotsin.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Xosafat Kuntsevych
 Arcebispo de Polack 
1624 - 1655
Sucesor:
Havryil Kolenda
Predecesor:
Rafail Korsak
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1641 - 1655
Sucesor:
Havryil Kolenda