Andrónico II de Trebisonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrónico II de Trebisonda
Nacemento1240
Lugar de nacementoTrebisonda
Falecemento1266
Lugar de falecementoTrebisonda
NacionalidadeImperio de Trebisonda e Imperio Bizantino
Ocupaciónmonarca
PaiManuel I de Trebisonda
NaiAna Xylaloe
IrmánsTeodora de Trebisonda, Xoán II de Trebisonda e Xurxo, emperador de Trebisonda
editar datos en Wikidata ]

Andrónico II Comneno (en grego: Ανδρόνικος Β΄ Μέγας Κομνηνός, Andrónikos II Mégas Komnēnós), nado c. 1240 e finado en 1266, foi emperador de Trebisonda de 1263 a 1266. Foi o fillo máis vello de Manuel I de Trebisonda coa súa primeira esposa, Ana Xylaloe, unha nobre trapisondesa[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante os tres anos do seu reinado Trebisonda continuou florecendo como un centro comercial - dous comerciantes de Marsella foron alí en 1263 e 1264 levando unha carta de presentación de Carlos de Anjou, conde da Provenza.

O seu reinado é significativo por unha soa cousa, a perda de Sinope en 1265[2]. Xunto con iso, perdeu a última esperanza de reconquista de Constantinopla e deixou de incidir nos asuntos do Imperio bizantino. Segundo Fallmerayer, a soberanía mongol aceptada por Manuel I terminou coa morte de Hulagu Kan en 1265, pero esta teoría é controvertida e probabelmente errónea á vista dos acontecementos posteriores e a deposición do seu sucesor, Xurxo.

Andrónico foi sucedido polo seu medio irmán Xurxo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William Miller, Trebizond: The last Greek Empire of the Byzantine Era: 1204-1461, 1926 (Chicago: Argonaut, 1969), p. 27
  2. Marie Nystazopoulou, "La dernière reconquête de Sinope par les Grecs de Trébizonde (1254-1265)", Revue des études byzantines, 22 (1964), p. 249