Andrés Túñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Túñez
Información persoal
Nome Andrés José Túñez Arceo
Nacemento 15 de marzo de 1987
Lugar de nacemento Caracas
Altura 1,87 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual BG Pathum United
Número 30
Carreira xuvenil
1997–2002 Rosalia de Castro
2002–2004 Compostela
2004–2006 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2010 Celta B 73 (0)
2010–2013 Celta de Vigo 25 (2)
2013–2014Beitar Jerusalem cedido 23 (0)
2014–2020 Buriram United FC 149 (31)
2013–2014Elche cedido 17 (0)
2020– BG Pathum United 21 (5)
Selección nacional
2011–2015 Venezuela 16 (0)
Na rede
FIFA: 349796 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de marzo de 2021
editar datos en Wikidata ]

Andrés José Túñez Arceo, coñecido como Andrés Túñez ou simplemente Túñez, nado o 15 de marzo de 1987 en Caracas, é un futbolista galego nado en Venezuela. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o BG Pathum United de Tailandia. Foi internacional coa selección venezolana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes e comezos no fútbol (1987-2006)[editar | editar a fonte]

Seus pais, Pepe e Margarita, naturais de Bertamiráns (Ames) emigraron a Venezuela xusto antes de nacer el. Sete anos logo do seu nacemento a familia volveu a Bertamiráns, onde seus pais abriron un restaurante.[1]

Deu os seus primeiros pasos no fútbol no colexio de La Salle e logo xogou varios anos na Escola de Fútbol Rosalía de Castro, antes de entrar na SD Compostela no seu segundo ano de cadete.[1] No ano 2004 fichou polo Celta de Vigo para formar parte do seu equipo xuvenil e na tempada 2006/07 ascendeu ao filial do club, o Celta B, que militaba na Segunda División B, onde pronto se fixo coa titularidade. O 17 de febreiro de 2008 nun partido contra o Lugo lesionouse de gravidade tras un golpe contra a portería, o que o mantivo no dique seco toda a tempada.[2]

Celta de Vigo (2006-2013)[editar | editar a fonte]

O 7 de outubro de 2009 logrou unha recompensa ás súas boas actuacións no filial cunha convocatoria para o primeiro equipo do Celta no partido de Copa do Rei contra o Girona. Dous meses despois renovou o seu contrato co club por 4 anos máis e o 16 de xaneiro debutou na Segunda División nun partido contra a Real Sociedad en Balaídos. O 31 de xaneiro de 2010 Eusebio Sacristán, adestrador do primeiro equipo, comunicou en rolda de prensa que Túñez era xa a todos os efectos xogador do primeiro equipo, que se atopaba preto dos postos de descenso.[3] Disputou un total de 23 partidos co primeiro equipo esa tempada, e marcou o seu primeiro gol nun encontro de liga contra o Murcia.

Tivo un papel secundario na tempada 2010/11, na que só xogou 8 partidos, pero fíxose cun posto de titular na zaga celeste na seguinte campaña, na que que o equipo vigués conseguiu o ascenso á Primeira División, e foi tamén titular en case todos os partidos da tempada 2012/13 en Primeira.

Cesión a Xerusalén (2013-2014)[editar | editar a fonte]

En setembro de 2013 foi cedido ao Beitar Jerusalem, ao non contar para o novo adestrador Luis Enrique, e preferir xogar noutro equipo de cara a preparar a súa posible participación no Mundial do Brasil 2014.[4] No equipo israelí, do que era directivo o ex céltico Haim Revivo, realizou unha boa campaña xogando todos os partidos, e incluso levou con el a Jonathan Vila, que tampouco contaba para Luis Enrique.[5]

Buriram United FC (2014-2020)[editar | editar a fonte]

Ao volver da cesión desvinculouse do club vigués e emprendeu unha nova viaxe, esta vez a Tailandia, onde fichou polo Buriram United FC, dirixido por Alejandro Menéndez. Militou neste equipo durante seis tempadas, converténdose nun ídolo para a afección e no terceiro máximo goleador do club con 56 goles (a pesar de ser defensa central).[5] Conquistou 12 títulos co equipo de Buriram, entre eles catro de liga. Entre medias xogou tamén uns meses de 2017 cedido no Elche CF, na Segunda División.[6]

BG Pathum United FC (2020-actualidade)[editar | editar a fonte]

En maio de 2020 asinou por dúas tempadas co BG Pathum United, co que conquistou no seu primeiro ano a primeira liga tailandesa para o club.[7][8]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección de Venezuela o 2 de setembro de 2011 nun partido contra a Arxentina, no que entrou como substituto de Fernando Amorebieta. Disputou un total de 16 partidos co combinado venezolano.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Buriram United FC[editar | editar a fonte]

BG Pathum United FC[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Túñez, una zurda de oro para un Celta de ¿Primera?". El Correo Gallego (en castelán). 11 de decembro de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  2. atlantico.net, ed. (2008). "A lesión de Túñez impedirá que volva xogar esta tempada". Consultado o 18 de febreiro de 2008. [Ligazón morta]
  3. J. Conde, ed. (2010). "Túñez quédase no primeiro equipo". Consultado o 31 de xaneiro de 2010. 
  4. "Túñez se va cedido al Beitar de Jerusalén". Marca (en castelán). 16 de setembro de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Andrés Túñez: de descarte de Luis Enrique a leyenda del fútbol 'thai'". As (en castelán). 22 de maio de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  6. "El Elche ficha a Andrés Túñez". Marca (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  7. "Los conejos de Pathum fichan al tigre Túñez". As (en castelán). 27 de maio de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  8. "Andrés Túñez volvió a gritar ”campeón” en Tailandia" (en castelán). 4 de marzo de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]