André Citroën

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
André Citroën
Nacemento5 de febreiro de 1878
Lugar de nacemento9.º arrondissement de Paris
Falecemento3 de xullo de 1935
Lugar de falecementoParís
Causacancro de estómago
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Condorcet, Lycée Louis-le-Grand e Escola Politécnica
Ocupaciónemprendedor, industrial e enxeñeiro
PaiLévi Citroen
NaiAmelia Kleinmann
CónxuxeGeorgina Bingen
FillosBernard Citroën e Jacqueline Citroën
IrmánsFernande Citroën
Premiosgrande oficial da Lexión de Honor
Na rede
WikiTree: Citroen-8 Find a Grave: 3461 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

André Citroën, nado en París o 5 de febreiro de 1878 e finado o 3 de xullo de 1935 na mesma cidade, foi un enxeñeiro e industrial francés. Fundou a «Société Anonyme André Citroën» (coñecida coma Citroën) en 1919. Foi o primeiro en Europa en empregar métodos de traballo en cadea. Algunhas das súas innovacións foron o acendido eléctrico, a carrozaría monopraza e a tracción dianteira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

André Citroën era fillo dun xudeu holandés vendedor de diamantes, Levie Citroen, e Mazra Kleinmann nada en Polonia. Aos vinte anos graduouse na Ecole Polytechnique, a máis prestixiosa escola de enxeñería francesa.

O seu primeiro traballo foi nunha empresa de fabricación de rodas propiedade duns amigos da familia, onde viu o sistema de engrenaxe que lle serviu de inspiración para a dobre frecha ou chevron que empregou como logotipo nos seus coches. No ano 1912 Citroën visitou os Estados Unidos e a nova fábrica de Henry Ford onde observou os métodos de traballo en cadea empregados na produción do Model T e que permitían maior eficiencia na fabricación dos automóbiles. Durante a primeira guerra mundial Citroën fabricou armas e ao seu remate fundou en 1919 a «Société Anonyme André Citroën» dedicada á fabricación de automóbiles. O ano seguinte da súa inauguración fabricou 20.000 automóbiles. A principios dos anos trinta Citroën era o cuarto maior fabricante de automóbiles do mundo, pero en 1934 amoreaba débedas multitudinarias dos anos anteriores e, o maior acredor da compañía, o fabricante de pneumáticos Michelin tomou o control da fábrica, reducindo os gastos.

André Citroën faleceu dun cancro de estómago o 3 de xullo de 1935 en París.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]