Anatole Litvak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnatole Litvak

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Анато́ль Литва́к Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Анатолий Михайлович Литвак Editar o valor em Wikidata
21 de maio de 1902 Editar o valor em Wikidata
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Imperio Ruso
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista , realizador , actor de cinema , produtor de cinema , actor de teatro , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata - 1970 Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMiriam Hopkins (1937–1939)
Sophie Litvak
Premios

IMDB: nm0514822 Allocine: 5796 Allmovie: p97559 TCM: 114903
WikiTree: Litvak-12 Find a Grave: 10734418 Editar o valor em Wikidata

Mikhail Anatol Litvak, coñecido como Anatole Litvak (Анатоль Литвак), nado en Kíiv (hoxe en Ucraína) o 21 de maio de 1902 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena) o 15 de decembro de 1974 foi un cineasta de orixe ucraína que dirixiu, produciu e escribiu filmes en diferentes países.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Litvak naceu nunha familia de orixe xudía e creceu no Imperio Ruso.[1][2] Cando era adolescente traballou no teatro en San Petersburgo e estudou interpretación na escola dramática estatal. Nos estudos Nordkino dirixiu nove filmes mudos. Marchou a Berlín en 1925 por razóns políticas e ideolóxicas.[3] En Alemaña dirixiu algúns filmes na década de 1930 antes do ascenso dos nazis.

Marchou logo a Francia antes da invasión do país na segunda guerra mundial. A cidade de París converteuse na súa localización preferida, ambientando nela trece dos seus trinta e sete filmes. De todos os axudantes que traballaron con Litvak en Francia, Max Ophüls chegou a ser un recoñecido director.

O filme Mayerling foi o que lle deu sona internacional. O seu éxito fixo que recibise chamadas de Hollywood, incluído un contrato de catro anos coa Warner Bros. Ao aceptar o contrato converteuse nun dos principais directores de finais dos anos trinta.[4] En 1940 dirixiu City for Conquest con James Cagney e Elia Kazan como actor secundario nun dos seus poucos papeis.

Litvak, nacionalizado estadounidense,[1] alistouse no exército ao comezo da segunda guerra mundial. Uniuse ao director Frank Capra para realizar a serie de filmes Why We Fight. Prelude to War gañou o Oscar ao mellor documental en 1942. Grazas aos seus coñecementos de ruso, alemán e francés, supervisou a filmación do desembarco de Normandía.[4]

Ao final da guerra volveu ao cinema, dirixindo filmes como The Snake Pit (1948), Decision Before Dawn (1951) e Anastasia.

Faleceu en 1974 en Neuilly-sur-Seine.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wakeman, John (ed.) World Film Directors: 1890 – 1945, H. W. Wilson Co. (1987) pp. 677–683
  2. Heinze, Andrew R. Jews and the American Soul: Human Nature in the Twentieth Century, Princeton Univ. Press (2004) p. 198
  3. Bowers, Ronald; Hillstrom, Laurie Collier, ed. International Dictionary of Films and Filmmakers: Directors (3rd ed.) St. James Press, 1997 pp. 613–615
  4. 4,0 4,1 Robinson, Harlow. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: biography of an image, Northeastern University Press (2007) pp. 27, 116

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Michelangelo Capua, Anatole Litvak: His Life and His Films, McFarland & Co., Jefferson, N.C. 2015

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]