Ana, nai de María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna, nai de María

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) חַנָּה
(grc) Ἅna
(ar) حنة Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento55 a. C. Editar o valor em Wikidata
Belén Editar o valor em Wikidata
Morte12 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Nazaret Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturatumba da Virxe María Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónamo de casa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua aramea Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de xullo (Católico romano)
December 9 (en) Traducir (Cristianismo ortodoxo) Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXaquín Editar o valor em Wikidata
FillosSanta María Editar o valor em Wikidata
NaiEmerentia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSobe (en) Traducir e Esmeria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
visión Editar o valor em Wikidata

Santa Ana (do hebreo Hannah, חַנָּה, que significa "graza"), descendente de David, foi a nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo segundo a tradición cristiá e islámica. O seu nome non aparece nos Evanxeos canónicos e no Corán.

Tradición[editar | editar a fonte]

Segundo os Evanxeos apócrifos de Santiago e Pseudo-Mateo, un anxo visitou a Ana e o seu home, Xoaquín, despois de anos de infertilidade, para lles anunciar que ían concibir un fillo. Ana prometeu dedicar o meniño ao servizo de Deus. Xoaquín e Ana levaron a María a vivir ao templo cando esta tiña tres anos.

A historia non foi aceptada pola Igrexa de Occidente ata o século XIII, mentres entre a Igrexa ortodoxa o culto a Santa Ana data do século VI. Nos séculos XIV e XV existía a crenza do nacemento virxinal de Ana, denegada como erro polo Vaticano en 1677.

Santa Ana é a patroa de Québec e Bretaña, e das mulleres traballadoras e mineiros, e dos concellos galegos de Carballedo, Cedeira, Cortegada, A Lama, Monterrei, Oímbra, Petín e O Rosal.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Santa Ana, a Virxe e o Neno, escultura anónima (ca. 1520) da Catedral de Tui (Pontevedra).

En Galicia, Santa Ana é tamén titular de tres parroquias (Chaodarcas, no Pereiro de Aguiar; A Portela do Trigal, do de Carballeda de Valdeorras; e A Barcia do Seixo, no da Lama) e nome de cinco lugares.

Risco recolleu a seguinte lenda:

"Xesucristo tivo madre e non tivo padre. Santa Ana tivo padre e non tivo madre. Que como foi? Pois Santa Ana era filla dun hortelán que xa era santo e estando un día nun xardín coméu unha mazá das que había, e coa navalla con que a cortara, pois limpouna nunha perna, despóis de cortala, e de alí a pouco sintéu un timorciño alí na perna, andando alí cos dedos, e tivo aquil tumor nove meses, e de alí ós nove meses desapareceulle. Mais despóis viu unha neniña moi bonita no xardín, e il iba atrás dela, mais ela botaba a correr e desaparecía. E tivo un soño que lle decían que a chamase e que lle dixera: "Hija mía ven acá". E que logo había vir, e que a tivera por a súa filla. E foi Santa Ana."
Vicente Risco

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Dixo doña Ana: terás sempre tela se non matas a raña.

Por terras de Verín, corre este dito que nomea así as sete semanas coa Coresma: Ana, Vagana [1],/ Rabeque, Susana,/ Lázaro, Ramos,/ en Pascua estamos.

Festa[editar | editar a fonte]

26 de xullo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes, Rabana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MOREIRAS SANTISO, Xesús: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
  • RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, px. 348.
  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.