American Beauty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

American Beauty
Ficha técnica
Título orixinalAmerican Beauty
DirectorSam Mendes
ProdutorBruce Cohen
Dan Jinks
GuiónAlan Ball
IntérpretesKevin Spacey
Annette Bening
Thora Birch
Wes Bentley
Mena Suvari
Chris Cooper
Allison Janney
MúsicaThomas Newman
FotografíaConrad L. Hall
MontaxeTariq Anwar
EstudioJinks/Cohen Company
DistribuidoraDreamWorks Pictures
EstreaTeatro Exipcio de Grauman: 8 de setembro de 1999
17 de setembro de 1999
Duración122 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$15 000 000[2]
Recadación$356 296 601[2]
Na rede
http://www.dreamworks.com/ab/
IMDB: tt0169547 Filmaffinity: 505307 Allocine: 21946 Rottentomatoes: m/american_beauty Mojo: americanbeauty Allmovie: v180738 TCM: 341476 Metacritic: movie/american-beauty TV.com: movies/american-beauty
Facebook: americanbeautymovie Netlix: 60000407Editar o valor em Wikidata

American Beauty é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou en 1999. Kevin Spacey interpreta a Lester Burnham, un executivo de publicidade que ten unha crise da mediana idade cando queda prendado da mellor amiga da súa filla adolescente, Angela (Mena Suvari). Annette Bening interpreta a materialista muller de Lester, Carolyn, e Thora Birch intepreta a súa insegura filla, Jane. Wes Bentley, Chris Cooper e Allison Janney tamén aparecen no filme nos papeis secundarios. O filme é descrito polos académicos como unha sátira da clase media americana, das nocións de beleza e satisfacción persoal, cunha análise centrada nas exploracións románticas do filme, o amor paternal, a sexualidade, a beleza, o materialismo, a liberación e a redención.

Ball comezou a escribir American Beauty como unha obra teatral a comezos da década de 1990, parcialmente inspirado polo circo dos medios arredor do xuízo de Amy Fisher en 1992. Desbotou a obra logo de decatarse que a historia non funcionaría ben no escenario. Despois de varios anos como guionista de televisión, Ball recuperou a idea en 1997 cando intentaba irromper na industria do cine. O guión retocado tiña unha ollada cínica que estaba influenciada pola frustración de Ball por escribir para varias comedias de situación. Os produtores Dan Jinks e Bruce Cohen levaron American Beauty a DreamWorks e o estudio mercou o guión de Ball por $250 000, logo dunha poxa con outros estudio de produción. DreamWorks financiou a produción cun orzamento de $15 millóns e serviu como o distribuidor en América do Norte. American Beauty supuxo o primeiro debut no cine do aclamado director de teatro Sam Mendes, que fora cortexado despois das exitosas producións dos musicais Oliver! e Cabaret. Malia isto, Mendes obtivo o posto despois de que outros vinte "A-list" directores rexeitasen a oportunidade.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A película trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de Chicago e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo a súa contorna e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica adolescente apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta suficiente atención e porque, segundo ela, “non é normal”. Lester di: "Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo isto pasará, pero non quero mentirlle". Jane e Lester levan tempo sen falarse.

Lester descríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Kevin Spacey como Lester Burnham. Corentón que vive unha existencia gris e desexa cambiar de vida. Aínda que non o expresa, quere moito á súa filla Jane e incluso á súa muller, a pesar de estar pasando por unha crise matrimonial con ela.
  • Annette Bening como Carolyn Burnham. Esposa de Lester. É unha muller moi ambiciosa, cargada de manías, que vive máis centrada nas aparencias e nas esixencias do seu traballo que na propia felicidade da súa familia.
  • Thora Birch como Jane Burnham. Filla de Lester e Carolyn. É unha adolescente insegura, cohibida polo seu físico e ten a sensación de que seus pais non a entenden. Por isto mesmo, apóiase no seu mozo, Ricky Fitts, xa que a súa amiga Angela é moi diferente a ela.
  • Mena Suvari como Angela Hayes. É a mellor amiga de Jane e é a fantasía sexual do pai desta. É moi superficial e hipócrita, debido a que lle mentía nas súas relacións á súa amiga, e é un personaxe moi importante debido a que cambia a vida do protagonista.
  • Wes Bentley como Ricky Fitts. Veciño dos Burnham, acaba de mudarse coa súa familia á casa do lado. Personaxe moi importante, xa que cambia radicalmente a vida dos Burnham. Pasa o seu tempo libre gravando en vídeo escenas da vida cotiá, e en particular, os seus veciños (especialmente a Jane). Así é como coñece a Jane e declárase o seu admirador, facéndolle ver que ela non ten nada que envexarlle a ninguén. Tamén coñece a Lester, con quen traba unha amizade a través da venda de marihuana.
  • Chris Cooper como o Coronel Frank Fitts. É o pai de Ricky Fitts, antigo coronel da mariña americana e ten a súa familia sometida aos seus abusos sen consideración. Lévase bastante mal con Lester Burnham porque pensa que mantén unha relación sexual co seu fillo, debido que o seu fillo vai moitas veces á súa casa. De feito, o Coronel, ao final da película nun momento de desesperación, dálle un bico a Lester para comprobar se este é homosexual.
  • Allison Janney como Bárbara Fitts.
  • Peter Gallagher como Buddy Kane

Temas[editar | editar a fonte]

  • Aparencias. Este filme explora temas como a importancia imposta pola sociedade occidental moderna á aparencia e o éxito económico, e fala de como isto deforma as relacións interpersonais e como se xera a necesidade de escapar.
  • Relacións de familia. A película trata sobre a familia composta por Lester (Kevin Spacey, o protagonista), a súa muller Carolyn e a súa filla adolescente Jane, que se relacionan con outras personaxes, incluídos os seus veciños, a familia Fitts. Se a familia de Lester, Carolyn e Jane é un desastre, isto é debido a que non hai comunicación entre eles. Ámbolos dous pais están moi ocupados cos seus problemas persoais como para prestarlle a atención que Jane desexaría. Neste caso, por exemplo, Lester, aínda que no fondo si se preocupa pola súa filla, non ten a iniciativa de poñerse a falar con ela.

Por outro lado, a familia Fitts está sometida ó despotismo do pai, Frank Fitts, antigo coronel da Mariña, que a goberna con man de ferro. O Coronel Fitts é un maltratador que ten completamente anulada a súa esposa, e incluso propina ó seu fillo Ricky tundas brutais, chegando a ter que ser hospitalizado.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1999: 5 Oscars: filme, director, actor (Kevin Spacey), guión e fotografía. 8 nomeamentos.
  • 1999: 3 Globos de Ouro: Mellor filme - drama, director e guión. 6 nomeamentos.
  • 1999: 6 premios BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e montaxe. 14 nomeamentos.
  • 1999: Nomeado ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
  • 1999: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
  • 1999: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, actor (Wes Bentley).
  • 1999: Festival de Toronto: Mellor director (Sam Mendes), Premio do Público.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification (ed.). "American Beauty". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "American Beauty (1999)". Consultado o 22 de setembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]