Alexander Berkman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Berkman

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Александр Осипович Беркман Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Овсей Осипович Беркман Editar o valor em Wikidata
21 de novembro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Vilnius Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Niza, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCimetière du Château (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
sen valor
Unión Soviética
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo e comunismo libertario Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo , activista pola paz , xornalista , escritor , autobiógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua rusa, Lingua yiddish e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
ParellaEmma Goldman Editar o valor em Wikidata
Condenado porEspionage Act of 1917 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IBDB: 4001
iTunes: 450043585 Musicbrainz: 446ce8bf-50ff-4f44-b76c-43284602df5a WikiTree: Berkman-117 Find a Grave: 206005125 Editar o valor em Wikidata
Emma Goldman e Alexander Berkman.

Alexander Berkman, nado en Vilnius o 21 de novembro de 1870 e finado en Niza (Francia) o 28 de xuño de 1936, foi un escritor anarquista lituano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun adiñeirado home de negocios xudeu. Quedou orfo antes dos 18 anos e decidiu emigrar aos Estados Unidos, onde coñeceu á que sería a súa compañeira e amante Emma Goldman, unha inmigrante rusa que entón traballaba como empregada nunha fábrica téxtil.

Moi influídos polas obras de Johann Most, Berkman e Goldman convertéronse en activistas ao implicarse na campaña a favor da liberación dos homes que foron apresados no bombardeo de Haymarket de 1886. A partir de entón quedaron estreitamente vinculados ao movemento anarquista.

Cando en 1892, Henry Clay Frick, empresario potentado e propietario dunha planta de aceiro en Homestead, decidiu acabar cos intentos de folga dos seus traballadores, ocasionando un violento enfrontamento dun día de duración e cuxo resultado foron 60 feridos e o asasinato de 10 obreiros, Berkman decidiu facerse eco das doutrinas anarquistas que defendían as accións violentas ou Attentats como medio para lograr un cambio revolucionario. Dese modo, entrou nas oficinas do magnate e con dous disparos intentou matar a Frick quen, con todo, salvouse, e Berkman foi apresado e condenado a 22 anos en prisión, dos que finalmente cumpriu 14.

Liberado en 1906, Berkman e Goldman encabezaron o movemento anarquista nos Estados Unidos, publicando clandestinamente semanarios radicais como Mother Earth ou Blast, e libros como Anarchism and Other Essays (1910) de Goldman ou Memorias dun anarquista en prisión (1912) de Berkman, este último publicado en castelán pola editorial Melusina. Tras varios incidentes e acusacións, foron deportados á Unión Soviética durante o Medo Vermello de 1917, pero tras a represión en Kronstadt mudáronse a Suecia, Alemaña e finalmente Francia, sen deixar de denunciar ao goberno soviético cos seus libros The Bolshevik Myth (1925), Letters from Russian Prisons (1925) ou O ABC do comunismo libertario (1929).

A saúde e economía de Berkman nese momento eran bastante precarias, e decidiu suicidarse en xuño de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]