Alcaloide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cafeína

Chámaselles alcaloides (de álcali, co sufixo -oide, masculino) a aqueles metabolitos secundarios das plantas sintetizados a partir da vía do ácido shikímico, ou da vía do acetato. Os alcaloides verdadeiros derivan dun aminoácido, e son polo tanto nitroxenados. Son básicos (excepto colchicina), e posúen acción fisiolóxica intensa nos animais aínda a baixas doses, polo que son moi empregados en medicina. Exemplos coñecidos son a cocaína, a morfina, a atropina, a colchicina, a quinina, e a estricnina.

As súas estruturas químicas son variadas[1]. Considérase que un alcaloide é, por definición, un composto químico que posúe un nitróxeno heterocíclico procedente do metabolismo de aminoácidos; de proceder doutra vía, defínese como pseudoalcaloide[2].

Xeralmente actúan sobre o sistema nervioso central, se ben algúns afectan ao sistema nervioso parasimpático e outros ao sistema nervioso simpático, por exemplo, a cocaína actúa impedindo a recaptación de dopamina da terminal sináptica, o que produce un maior efecto dos receptores dopaminérxicos.

A actividade biolóxica dos alcaloides é moi diversa, a máis estudada é a acción euforizante que presentan algúns como a cafeína ou a cocaína, se ben tamén existen alcaloides con efectos depresores do sistema nervioso central como a morfina.

Os métodos de extracción son moi variados, pero ultimamente está adquirindo forza a purificación por medio de fluídos supercríticos, concretamente con dióxido de carbono. Para obter os alcaloides dos vexetais, extráense das partes da planta que os contén, con auga se están en forma de sales (solubles) ou con ácido clorhídrico diluído se están en forma insoluble.

En canto á súa detección, existen multitude de métodos: procedementos cromatográficos, reaccións coloreadas (reacción de Mayer, de Dragendorff, de Bouchardat... se ben non son específicas dos alcaloides: pode obterse un resultado positivo en presenza, por exemplo, de péptidos).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robinson T. 1981. The biochemistry of alkaloids. 2ª ed. Springer, Nueva York.
  2. Azcón-Bieto,J e Talón, M. (2000). Fundamentos de Fisiología Vegetal. Mc Graw Hill Interamericana de España SAU. ISBN 84-486-0258-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]