Agustina Bessa-Luís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgustina Bessa-Luís

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Vila Meã, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2019 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura portuguesa, literatura infantil e xuvenil, Guión e biografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , biógrafa , dramaturga , guionista , novelista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0078760 Allocine: 75619 Allmovie: p221488
Musicbrainz: 1ed37893-fdb3-4db9-b472-3a00328b32dd Discogs: 4736218 Editar o valor em Wikidata

Maria Agustina Ferreira Teixeira Bessa, máis coñecida como Agustina Bessa-Luís, nada en Vila Meâ (Amarante) o 15 de outubro de 1922 e finada en Porto o 3 de xuño de 2019,[1] foi unha escritora portuguesa.

Está considerada unha das figuras máis importantes, e se cadra a máis orixinal, das letras portuguesas do século XX.[2] En 2006 o Centro PEN Galicia outorgoulle o premio Rosalía de Castro.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia paterna procedía da zona de Amarante, a súa avoa materna era de Zamora e Agustina falaba español con soltura.

En 1932 a familia se trasladouse a Porto. Agustina casou en 1945 e foi vivir a Coímbra. Desde 1950 residiu en Porto co seu marido, con estadías breves fóra de Portugal.[2]

Conta cunha ampla obra de máis de media centena de títulos en diversos xéneros, entre os que se inclúen a narrativa, o teatro e os libros infantís.[4] Algunhas das súas obras foron traducidas para alemán, castelán, dinamarqués, francés, grego, italiano, e romanés.

Coa novela Mundo Fechado estreouse como novelista, mais foi A Sibila a que lle trouxo un enorme prestixio. A súa escrita opónse a qualquera tentativa de contextualización, en termos de correntes, na historia da literatura portuguesa. A escritora xurdiu no panorama literario portugués nun momento en que a oposición entre o neorrealismo e o modernismo do movemento da Presença atinxía o seu auxe. Dedicouse case inteiramente á literatura e, desde súa estrea en 1948, mantivo un ritmo de publicación moi alto.[5]

Algúns dos seus libros teñen versión cinematográfica ao cargo de Manoel de Oliveira, como por exemplo Fanny Owen que deu en Francisca (1981).[6] Foi escritora do guión da película Party (1996), do mesmo director.[7]

Foi membro do Conselho Directivo da Comunitá Europea degli Scrittori, de Roma, en 1961 e 1962 e tamén membro da Académie Européenne des Sciences, des Arts et des Lettres, de París, da Academia Brasileira de Letras e da Academia das Ciências de Lisboa, onde foi nomeada sócia-emérita, en 2013. Colaborou en varias publicacións periódicas, foi directora do xornal O Primeiro de Janeiro (1986 e 1987). Dirixiu o Teatro Nacional de D. Maria II.[8]

En 2005 participou no programa da RTP Ela por Ela, serie de 13 episodios sobre proverbios e aforismos, en conversa con Maria João Seixas, dirixido por Fernando Lopes.[9]

En xullo de 2006, pouco despois de terminar A Ronda da Noite, deixou de escribir e retirouse da vida pública, `por motivos de saúde.[10]

Á súa morte o goberno portugués decretou un día de loito nacional.[11]

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • 1948: Mundo Fechado (reeditado en 2004, con prólogo novo)
  • 1950: Os Super-Homens
  • 1951-1953: Contos Impopulares. En español: Cuentos impopulares, Madrid, Alianza, 1982.
  • 1954: A Sibila. En español: La sibila, Madrid, Alfaguara, 2005.
  • 1956: Os Incuráveis
  • 1957: A Muralha
  • 1958: O Susto
  • 1960: Ternos Guerreiros
  • 1961. O Manto
  • 1962: O Sermão do Fogo. En español: Sermón de fuego, Madrid, Texto, 2007.
  • 1964: As Relações Humanas: I - Os Quatro Rios
  • 1965: As Relações Humanas: II - A Dança das Espadas
  • 1966: As Relações Humanas: III - Canção Diante de uma Porta Fechada (reeditados xuntos en Século XXI)
  • 1967: A Bíblia dos Pobres: I - Homens e Mulheres
  • 1970: A Bíblia dos Pobres: II - As Categorias
  • 1971: A Brusca (relatos)
  • 1975: As Pessoas Felizes
  • 1976: Crónica do Cruzado Osb
  • 1977: As Fúrias
  • 1979: Fanny Owen. En español: Fanny Owen, Barcelona, Crítica, 1988
  • 1980: O Mosteiro
  • 1983: Os Meninos de Ouro
  • 1983: Adivinhas de Pedro e Inês
  • 1984: Um Bicho da Terra (novela sobre Uriel da Costa)
  • 1984: Um Presépio Aberto
  • 1985: A Monja de Lisboa (novela sobre Maria da Visitação)
  • 1987: A Corte do Norte (novela histórica)
  • 1988: Prazer e Glória
  • 1988: A Torre (relato)
  • 1989: Eugénia e Silvina
  • 1991: Vale Abraão
  • 1992: Ordens Menores
  • 1994: As Terras do Risco
  • 1994: O Concerto dos Flamengos
  • 1995: Aquário e Sagitário
  • 1996: Memórias Laurentinas
  • 1997: Um Cão que Sonha
  • 1998: O Comum dos Mortais
  • 1999: A Quinta Essência
  • 1999: A Bela Adormecida (relato)
  • 1999: Dominga (relato)
  • 2001: O Princípio da Incerteza: I — Jóia de Família
  • 2002: O Princípio da Incerteza: II — A Alma dos Ricos
  • 2003: O Princípio da Incerteza: III — Os Espaços em Branco
  • 2004: Antes do Degelo
  • 2005: Doidos e Amantes
  • 2006: A ronda da noite
  • 2012: Cividade (relato de 1951)
  • 2018: Deuses de Barro[12] (novela de 1942)

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • 1983: A Memória do Giz (ilustrado por Teresa Dias Coelho)
  • 1987: Contos Amarantinos (ilustrado por Manuela Bacelar)
  • 1987: Dentes de Rato (ilustrado por Martim Lapa). En español: Dientes de ratón, Madrid, Alfaguara, 1990.
  • 1990: Vento, Areia e Amoras Bravas (ilustrado por Mónica Baldaque)
  • 2004: O soldado romano (ilustracións de Chico)
  • 2007: O Dourado (ilustrado por Helena Simas)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 1958: Inseparável ou o Amigo por Testamento
  • 1961: As Etruscas
  • 1986: A Bela Portuguesa
  • 1992: Estados Eróticos Imediatos de Soren Kierkegaard
  • 1996: Party: Garden-Party dos Açores, diálogos
  • 1998: Garret: O Eremita do Chiado

Biografías[editar | editar a fonte]

  • 1979: Santo António
  • 1979: A Vida e a Obra de Florbela Espanca
  • 1979: Florbela Espanca
  • 1981: Sebastião José
  • 1982: Longos Dias Têm Cem Anos — Presença de Vieira da Silva
  • 1986: Martha Telles: o Castelo Onde Irás e Não Voltarás

Crónicas, memorias, textos variados[editar | editar a fonte]

  • 1961: Embaixada a Calígula (relato de viaxe)
  • 1979: Conversações com Dimitri e Outras Fantasias (ensaios)
  • 1980: Arnaldo Gama. "Gente de Bem"
  • 1981: A Mãe de um Rio (texto con fotografía)
  • 1981: Dostovievski e a Peste emocional
  • 1981: Camilo e as circunstâncias
  • 1982: Antonio Cruz, o Pintor e a Cidade
  • 1982: D.Sebastião: o Pícaro e o Heroíco
  • 1982: O Artista e o Pensador como Minoria Social
  • 1984: "Menina e Moça" e a teoria do inacabado
  • 1986: Apocalipse de Albrecht Dürer (interpretación de Douro)
  • 1987: Introdução à lieitura da Sibila
  • 1988: Aforismos
  • 1991: Breviário do Brasil (diario de viaxe)
  • 1994: Camilo: Génio e Figura
  • 1995: Um Outro Olhar sobre Portugal (relato de viaje), con fot. de Pierre Rossollini, e ilustracións de Maluda
  • 1996: Alegria do Mundo I: escritos dos anos de 1965 a 1969
  • 1997: Douro (texto e fotografía), coa súa filla Mónica Baldaque
  • 1998: Alegria do Mundo II: escritos dos anos de 1970 a 1974
  • 1998: Os Dezassete Brasões (texto e fotografía)
  • 2000: O Presépio: Escultura de Graça Costa Cabral (texto e fotografía). Con Pedro Vaz
  • 2000: Contemplação Carinhosa da Angústia (ensaios). En español: Contemplación cariñosa de la angustia, Valladolid, Cuatro.ediciones, 2004
  • 2001: As Meninas (texto e pintura)
  • 2002: O Livro de Agustina (autobiografía)
  • 2002: Azul (divulgación). Con Luísa Ferreira
  • 2002: As Estações da Vida (texto con fotografía de Jorge Correia Santos)
  • 2004: O Soldado Romano ( ilustrado por Chico)
  • 2012: Civilidade (ensaios)
  • 2012: Kafkiana (ensaios)
  • 2013: Caderno de significados
  • 2017: Ensaios e Artigos (1951-2007), Fundação Calouste Gulbenkian, 2793 pp., 3 vols., recompilación final dos seus ensaios

Adaptacións cinematográficas da súa obra[8][editar | editar a fonte]

  • 1981: Francisca, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre Fanny Owen
  • 1993: Vale Abraão, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre Vale Abraão
  • 1995: O Convento, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre As Terras do Risco
  • 1996: Party, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre Party: Garden-Party dos Açores
  • 1998: Inquietude, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre A Mãe de um Rio. (Premio Globo de Ouro (1999) para a mellor realización).
  • 2001: Porto da minha infância, dirixida por Manoel de Oliveira
  • 2002: O Princípio da Incerteza, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre O Princípio da Incerteza
  • 2005: Espelho Mágico, dirixida por Manoel de Oliveira, sobre A Alma dos Ricos
  • 2009: A Corte do Norte, dirixida por João Botelho

Recoñecementos[8][editar | editar a fonte]

  • 1954: Premio Delfim Guimarães da Guimarães Editores pola obra A Sibila
  • 1966: Premio Eça de Queirós do Secretariado Nacional de Informação pola obra A Sibila
  • 1967: Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciências de Lisboa pola obra Canção Diante de uma Porta Fechada
  • 1977: Premio Nacional de Novelística do Secretariado Nacional de Informação pola obra Homens e Mulheres
  • 1980: Premio Ricardo Malheiros da Academia das Ciências de Lisboa (Prémio Literário), pola obra As Fúrias
  • 1980: Premio P.E.N. do Clube Português de Ficção, pola obra O Mosteiro
  • 1980: Distinguida coa Ordem de Sant'Iago da Espada
  • 1983: Premio D. Dinis da Fundação Casa de Mateus pola obra O Mosteiro
  • 1984: Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores pola obra Os meninos de ouro
  • 1988: Premio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores, pola obra Os Meninos de Ouro
  • 1988: Medalha de Honra da Cidade do Porto
  • 1989: Grao de Officier de l'Ordre des Arts et des Lettres atribuído pelo goberno francés
  • 1993: Premio RDP Antena 1 da Literatura (Ex-aequo), pola obra Prazer e Glória
  • 1994: Premio da Crítica do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Literários, pola obra Ordens Menores
  • 1996: Premio Municipal Eça de Queirós da Câmara Municipal de Lisboa
  • 1996: Premio de Prosa de Ficção, pola obra As Terras do Risco
  • 1997: Premio Máxima de Literatura, polas obras Memórias Laurentinas e Party
  • 2001: Premio Internacional União Latina, de Italia, pola obra Um Cão que Sonha
  • 2001: Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores por Jóia de Família
  • 2004: Premio Camões[4]
  • 2005: Doutora Honoris Causa pola Universidade do Porto / Facultade de Letras
  • 2006: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morre aos 96 anos a “indómita” escritora portuguesa Agustina Bessa-Luís". Sermos Galiza. 3 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Agustina Bessa-Luís" (en castelán). 2019-07-22. 
  3. "O PEN Clube de Galicia entrega mañá en Santiago os premios Rosalía de Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-05-23. Consultado o 2020-12-12. 
  4. 4,0 4,1 "Agustina Bessa-Luís Prémio Camões 2004". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  5. "Agustina Bessa-Luís" (en portugués). 2020-02-11. 
  6. "Francisca (1981)" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  7. "Party (1996)" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Godinho de Lacerda Ramalhete, Ana Maria. "Nos lugares da infância, o sonho e a liberdade. Estudo comparatista sobre livros para a infância e juventude de Agustina Bessa-Luís e Luísa Dacosta" (PDF). repositorioaberto.uab.pt (en portugués). Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  9. Portugal, Rádio e Televisão de. "ELA POR ELA - Artes e Cultura - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-30. 
  10. Lourenço, Eduardo (29 de novembro de 2008). "A indomável" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 11 de maio de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  11. "Muere a los 96 años la gran escritora portuguesa Agustina Bessa-Luís". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-03. Consultado o 2020-03-30. 
  12. Marques, Joana Emídio. ""Deuses de Barro": o inédito que Agustina escreveu aos 19 anos". Observador (en portugués). Consultado o 2020-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bulger, Laura Fernanda (199o). A Sibila: Uma superação inconclusa. Lisboa.
  • Castelo Branco, Maria do Carmo (1990). A fala da Sibila: nótulas para a leitura de “A Sibila” de Agustina Bessa Luís. Porto
  • Costa, Maria Moreira da (1990). A Sibila de Agustina Bessa Luís. Mem Martins.
  • Dumas, Catherine (2002). Estética e personagens no romance de Agustina Bessa Luís. Porto.
  • Leão, Isabel Vaz Ponce de; Olímpio Pinheiro (1999). Agustina 1948-1998. Bodas escritas de oiro. Porto.
  • Lemos, Filomena Maria; Laura Maria Pereira (2000). Ler, reler, criar, produzir… a obra literária “Dentes de Rato”.
  • Lima, Isabel Pires de (2001). Vozes e olhares no feminino. Porto.
  • Lopes, Silvina Rodrigues (1989.). A alegria da comunicação. Lisboa-
  • Lopes, Silvina Rodrigues (1992). Agustina Bessa Luís: As hipóteses do romance. Porto.
  • Machado, Álvaro Manuel (1983). Agustina Bessa Luís: O Imaginário Total. Lisboa.
  • Manuel, Maria Antónia Câmara; João Manuel Morais (1987). Análise de “A Sibila” de Agustina Bessa Luís. Lisboa.
  • Marinho, Maria de Fátima (1999). O romance histórico em Portugal. Porto
  • Padrão, Maria Glória; Maria Helena Padrao (1987). A Sibila de Agustina Bessa Luís: o romance e a crítica. 3a ed.
  • Padrão, Maria Helena (1998). Os Sentidos da Paixão. Edições da Universidade Fernando Pessoa, Porto.
  • Portela Filho, Artur (1986). Agustina por Agustina. Entrevista conduzida por Artur Portela Fº, Lisboa.
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]