Aeroporto de Sundsvall-Timrå

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Sundsvall-Timrå

IATA: SDL – ICAO: ESNN
Sumario
Tipo público
Propietario municipios de Sundsvall e Timrå
Operador Midlanda Flygplats AB
Cidade/Illa Sundsvall, Härnösand e Timrå
Coordenadas Coordenadas: 62°31′41″N 17°26′38″L / 62.528055555556, 17.443888888889
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 2 090 6 857 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 280 077

O aeroporto de Sundsvall-Timrå (IATA: SDL, ICAO: ESNN) é un aeroporto sueco situado a 21 km ao norte da cidade de Sundsvall, a 8 km ao leste de Timrå e a 32 km ao sur de Härnösand. Tamén é coñecido polo nome de Midlanda, pola súa céntrica localización en Suecia. Anteriormente era coñecido como aeroporto de Sundsvall–Härnösand ata que os municipios de Sundsvall e Timrå se converteron nos seus donos ao mercarllo a Swedavia o 13 de xuño de 2013. O aeroporto de Sundsvall–Timrå é o 11º máis concorrido do país, pasando no ano 2016 un total de 280 077 pasaxeiros polas súas instalacións.[1]

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Chania
BRA Braathens Regional Airlines Estocolmo-Bromma
Estacional: Visby
NextJet Gotemburgo, Luleå,
Scandinavian Airlines Estocolmo-Arlanda
Scandjet
operado por Limitless Airways
Chárter estacional: Rijeka, Zadar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Transport Styrelsen (ed.). "Estadísticas 2016". Consultado o 1 de setembro de 2017.