Actínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos actínidos na táboa periódica

Os actínidos, ou tamén actinoides,[1] son un grupo de elementos que forman parte do período 7 da táboa periódica dos elementos. Estes elementos, xunto cos lantánidos, son chamados elementos de transición interna. O nome procede do elemento químico actinio, que acostuma incluírse dentro deste grupo, dando un total de 15 elementos, dende o de número atómico 89 (o actinio) ao 103 (laurencio).

Estes elementos presentan características semellantes entre si. Os de maior número atómico non se atopan na natureza e teñen tempos de vida media curtos; todos os seus isótopos son radioactivos.

Na táboa periódica, estes elementos adóitanse situar debaixo do resto, xunto cos lantánidos, dando unha táboa máis compacta que se se colocasen entre os elementos do bloque s e os do bloque d, aínda que nalgunhas táboas periódicas si que poden verse situados entre estes bloques, dando unha táboa moito máis ancha.

89
Ac
90
Th
91
Pa
92
U
(93)
Np
(94)
Pu
(95)
Am
(96)
Cm
(97)
Bk
(98)
Cf
(99)
Es
(100)
Fm
(101)
Md
(102)
No
(103)
Lr

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Táboa periódica na web da RAG". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2021. Consultado o 07 de outubro de 2021.