Active Server Pages

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Active Server Pages (ASP) é unha tecnoloxía ao lado servidor de Microsoft para páxinas web xeradas dinámicamente, que foi comercializada como un anexo a Internet Information Server (IIS). A tecnoloxía ASP está estreitamente relacionada co modelo tecnolóxico do seu fabricante. Intenta ser solución para un modelo de programación rápida xa que programar en ASP é como programar en Visual Basic, por suposto con moitas limitacións xa que é unha plataforma que non se desenvolveu como o esperaba Microsoft.

O interesante deste modelo tecnolóxico é poder utilizar diversos compoñentes xa desenvolvidos como algúns controis ActiveX. Outros problemas que fixeron evolucionar esta tecnoloxía é o non dispor de información "que oriente a quen desexan aprendela e resulta moi custosa en tempo descubrir aquí e alá toda a información para volvela altamente útil".

ASP pasou por catro iteraciones maiores, ASP 1.0 (distribuído con IIS 3.0), ASP 2.0 (distribuído con IIS 4.0), ASP 3.0 (distribuído con IIS 5.0) e ASP.NET (parte da plataforma .NET de Microsoft). As versións pre-.NET denomínanse actualmente (desde 2002) como ASP clásico.

No último ASP clásico, ASP 3.0, hai seis obxectos integrados dispoñibles para o programador, Application, ASPError, Request, Response, Server e Session. Cada obxecto ten un grupo de funcionalidades frecuentemente usadas e útiles para crear páxinas web dinámicas.

As páxinas poden ser xeradas mesturando código de scripts ao lado do servidor (incluíndo acceso a base de datos) con HTML. Por exemplo:

<%if x=1 then%>
     <b>X igual a un</b>
<%else%>
     <b>X diferente a un</b>
<%end if%>

Este código trae como resultado en html

<b>X igual a un</b>

cando se establece a variable ao lado do servidor a X=1.

Facilítase a programación de sitios web mediante varios obxectos integrados, por exemplo un obxecto de sesión baseada en cookies, que mantén as variables mentres se pasa de páxina a páxina.

Desde 2002, o ASP clásico está sendo substituído por ASP.NET, que, entre outras cousas, substitúe as linguaxes interpretados como VBScript ou JScript por linguaxes compilados a código intermedio (chamado MSIL ou Microsoft Intermediate Language) como Visual Basic, C#, ou calquera outro linguaxe que soporte a plataforma .NET. O código MSIL se compila con posterioridade a código nativo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]