Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron
Nacemento7 de decembro de 1731
Lugar de nacementoParís
Falecemento17 de xaneiro de 1805
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónlingüista, tradutor, indianista, orientalista e traveler
IrmánsLouis-Pierre Anquetil
Na rede
WikiTree: Anquetil-Duperron-1
editar datos en Wikidata ]

Abraham Hyacinthe Anquetil-Duperron, nado en París en 1731 e finado na mesma cidade en 1805, foi un orientalista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educado para o sacerdocio, o seu interese polo hebreo, persa, árabe e outras linguas asiáticas fíxo que cambiase de vocación, embarcouse como soldado da Compañía francesa das Indias Orientais, o que lle permitiu chegar á India en 1754. Durante sete anos percorre o país, vivindo coa poboación nativa, foi o primeiro europeo en estudar aos parsis. En 1762 os británicos repatríano despois da súa conquista de Pondichéry. En 1771 publica a tradución ao francés do Zend-Avesta, o libro sagrado dos Parsis. Publica tamén Legislation orientale (1778), Recherches historiques et geographiques sur L'Inde (1786), L'Inde en rapport avec l'Europe (1798)