Abanqueiro, Boiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abanqueiro
Centro social de Abanqueiro.
ConcelloBoiro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°38′10″N 8°50′52″O / 42.6362, -8.8478Coordenadas: 42°38′10″N 8°50′52″O / 42.6362, -8.8478
Poboación1.655 hab. (2017)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Abanqueiro[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.

En 1845 tiña uns 764 habitantes[2].

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A etimoloxía do topónimo Abanqueiro non se debe á existencia dunha fervenza. Existe a hipótese de que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés[Cómpre referencia]. Debido á recolección masiva xa apenas quedan ostras na zona.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Fundamentalmente rodeada de mar destacan as praias de Quintáns, Portomouro, A Fontenla e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.

Economía[editar | editar a fonte]

O marisqueo é unha das súas máis importantes fontes de ingreso. A empresa conserveira Rianxeira ten a súa orixe nesta parroquia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No adro da románica igrexa de San Cristovo de Abanqueiro atopáronse restos dun baldaquino en pedra coas figuras da Virxe, un anxo e San Xoán apóstolo.

Abanqueiro na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro./ Se me collen en Rianxo/ bérraranme en Abanqueiro.[3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Abanqueiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Abanqueiro no concello coruñés de Boiro

Abanqueiro | Chancelas | O Chazo | Exipto | Graso | A Igrexa | A Pedra da Bouza | Portomouro | Quintáns | O Saltiño| San Martiño | Triñáns

Parroquias de Boiro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro

Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Madoz, Pascual (1845). "ABANQUEIRO (SAN CRISTÓBAL DE)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 40. 
  3. Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]