A Roda, Tapia de Casarego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Roda, Tapia de Casarego
Imaxe

Localización
Mapa
 43°32′03″N 6°53′48″O / 43.53419, -6.8967Coordenadas: 43°32′03″N 6°53′48″O / 43.53419, -6.8967
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloTapia de Casarego Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación538 (2020) Editar o valor em Wikidata (15,94 hab./km²)
Número de fogares278 (2001) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie33,76 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porQ9072061 Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude125 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33747 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33070020000 Editar o valor em Wikidata

A Roda[1] é unha parroquia do occidente asturiano, pertencente ao concello de Tapia de Casarego. A poboación desta parroquia é de aproximadamente 200 persoas[Cómpre referencia].

A parroquia é de carácter rural, con terreo frondoso e pradaría adicada á gandaría e agricultura. Conta con dous establecementos hostaleiros, Casa Camilo e El Zapateiro.

Movemento asociativo[editar | editar a fonte]

O grupo de teatro Pico de Faro foi creado en 1983 na Roda, e recibiu o nome pouco despois en recordo da ermida onde estivera a imaxe da Virxe das Neves. Tras varias actuacións polo occidente de Asturias, constituíuse en asociación co nome doutra xa desaparecida, que formaba parte tan só das lembranzas dos máis maiores: Centro de Instrucción y Recreo, constituíndo a mesma os compoñentes do grupo de teatro, e deixándoa aberta a toda a veciñanza. A través dela iníciase á vez a restauración do local chamado El Centro, que queda definido coma a súa sede social. [Cómpre referencia] O 18 de novembro de 1994, o grupo de teatro independizouse do Centro de Instrucción y Recreo, constituíndose en asociación con autonomía propia, e co nome Pico de Faro, seguindo coa programación de sempre.[Cómpre referencia]

A Asociación xuvenil El Columpio foi constituída no ano 1994. O festexo máis importante promovido pola mesma é a réplica da antiga feira da Roda, realizada xunto ó grupo Pico de Faro, e que ten lugar tódolos anos no mes de agosto. Este evento é, dende o seu comezo e xunto coa Festa dos mártires, a actividade máis relevante e significativa que se celebra con periodicidade anual na Roda.[Cómpre referencia]

Parroquias de Tapia de Casarego[editar | editar a fonte]

Asturias | Parroquias de Tapia de Casarego

A Roda | Salave | Serantes | Tapia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2013. Consultado o 09 de decembro de 2015. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.