ASL Airlines Ireland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASL Airlines Ireland
IATA
AG
OACI
ABR
Indicativo
CONTRACT
Fundación1972
SubsidiariasASL Airlines Belgium
ASL Airlines France
ASL Airlines United Kingdom
ASL Airlines Hungary
Frota36
HoldingASL Aviation Holdings DAC
Páxina web: aslairlines.ie

ASL Airlines (Ireland) Limited, anteriormente Air Contractors, é unha aeroliña irlandesa de carga e pasaxeiros. Opera servizos regulares de carga por toda Europa en nome de empresas como FedEx Feeder e DHL Express. Opera tamén voos chárter de pasaxeiros e realiza algúns servizos para aeroliñas regulares. ASL Airline Holdings Limited, a compañía nai de ASL Airlines Ireland, ten a súa sede en Dublín.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse e comezou a operar en 1972 como Air Bridge Carriers no aeroporto de East Midlands. En setembro de 1992 adoptou o nome Hunting Cargo Airlines e en 1997 rematou de transferir todas as súas operacións a Irlanda. En xuño de 1998 o Hunting Group vendeu a súa división de aviación a un consorcio formado por CMB Compagnie Maritime Belge e Safair (parte de Imperial Group), e a aeroliña foi rebautizada como Air Contractors. Imperial Group transferiu o 49% das súas accións na compañía a 3P Air Freighters/Petercam S.A. en 2007.

Air Contractors mercou a aeroliña francesa Europe Airpost o 14 de marzo de 2008.[2] Tras incorporar Europe Airpost o grupo pasou a chamarse ASL Aviation Group, representando o nome as súas tres actividades principais: Airlines, Support and Leasing (aeroliñas, soporte e alugueiro).

En 2010 Air Contractors comezou a transportar pasaxeiros usando un avión Boeing 737-300 xunto co seu asociado, Europe Airpost.

O 4 de xuño de 2015 ASL Aviation Group anunciou que Air Contractors converteríase en ASL Airlines Ireland, Europe Airpost en ASL Airlines France, Farnair Hungary en ASL Airlines Hungary e Farnair Switzerland e ASL Airlines Switzerland.[3]

A compañía anunciou o 5 de febreiro de 2016 que chegara a un acordo para mercar TNT Airways e PAN Air, coa condición que a compra de TNT por parte de FedEx continuase adiante. A venda realizouse en maio de 2016.[4] TNT Airways converteuse en ASL Airlines Belgium e Pan Air en ASL Airlines Spain.

A principios de 2017 ASL Aviation Group pasou a chamarse ASL Airline Holdings.

Frota[editar | editar a fonte]

En xuño de 2022 a frota de ASL Airlines Ireland estaba formada polos seguintes avións:[5]

Aircraft In Fleet Orders Notes
Airbus A300F 4 Operados para DHL Aviation
Airbus A330-300F 3 Operados para DHL Aviation
ATR 72-200 2
ATR 72-500F 2
ATR 72-600F 7 Operados para FedEx Express
Boeing 737-400F 15
Boeing 737-800 5
Boeing 737-800BCF 2 Operados para Amazon Air
Total 40 0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ASL Aviation Group (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2017.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  2. Air Contractors (ed.). "Acquisition of Europe Air Post by Air Contractors". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 7 de novembro de 2017.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  3. ASL Aviation Group (ed.). "Ireland based ASL Aviation Group is to launch a new European airline brand, ASL Airlines, as part of its strategy for continued growth in passenger and cargo operations". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  4. Global Trade (ed.). "ASL Finalizes Acquisition of TNT Air Operations". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  5. Irish Aviation Authority (ed.). "Latest Register and Monthly Changes". Consultado o 7 de novembro de 2017.