AGP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do zócolo AGP na placa base. É de cor marrón.

AGP son as siglas de Accelerated Graphics Port ("porto gráfico acelerado"). É un bus específico para sistemas gráficos e baseado no bus PCI. É onde se conectan na actualidade as tarxetas gráficas ao ordenador. Posúe un ancho de banda de 64 bits e a comunicación e de 66 MHz ou superior (o x" é un multiplicador que indica cantas veces é máis rápido a velocidade de transmisión do bus co primeiro; AGP 1x=66 MHz, AGP 2x=133 MHz, AGP 4x=266 MHz e AGP 8x=528 MHz). Fabricado e deseñado por Intel en 1997, comezou a empregarse nas placas base para Pentium II, para substituír o bus PCI nos labores gráficos.
A pesar que o AGP aínda se manteña en moitas placas base, gradualmente vaise substituíndo polo PCI Express, que é máis rápido e permite unha maior conectabilidade.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]