A-56

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Autovía Ourense-Lugo
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude96 km
Localización
InicioOurense
FinLugo

A autovía A-56 ou autovía Ourense-Lugo é unha vía en construción que unirá ditas cidades, aínda que está previsto que continúe ata Portugal pola autovía CR-6. Comezouse esta autovía entre a localidade lucense da Barrela e a localidade ourensá de Vilamarín. A súa finalización estaba prevista a mediados de 2011. Terá unha lonxitude de 96 quilómetros, 74 por Lugo e 22 por Ourense.

Tramos[editar | editar a fonte]

Tramo Estado (2012) km
Guntín - Narón Proxecto modificado (pendente de licitación de obras)[1] 7,6
Narón - Taboada Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 12
Taboada - Enlace de Chantada Norte Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 9
Enlace de Chantada Norte - Enlace da Barrela Norte Proxecto modificado (pendente de licitación de obras) 11,6
Enlace da Barrela Norte - San Martiño Operativo[2] 9,8
San Martiño - Enlace de Cambeo Proxecto terminado (pendente de licitación de obras) 8,5
Enlace de Cambeo - Ourense Proxecto terminado (pendente de licitación de obras) 9
Circunvalación Leste de Ourense
(coa futura autovía de Ourense-Celanova)
Estudo informativo
(como nova variante de Ourense, conexión N-120 con N-525 por Noroeste ao Leste)
-

Notas[editar | editar a fonte]