4 luni, 3 săptămâni și 2 zile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

4 luni, 3 săptămâni și 2 zile
Ficha técnica
Título orixinal4 luni, 3 săptămâni și 2 zile
DirectorCristian Mungiu
ProdutorCristian Mungiu
Oleg Mutu
GuiónCristian Mungiu
IntérpretesAdi Cărăuleanu
Luminița Gheorghiu
Mădălina Ghițescu
Vlad Ivanov
Anamaria Marinca
Alexandru Potocean
Laura Vasiliu
FotografíaOleg Mutu
MontaxeDana Bunescu
DistribuidoraBAC Films
EstreaCannes: 7 de maio de 2007
Romanía 1 de xuño de 2007
Duración113 minutos[1]
OrixeRomanía Romanía
XéneroDrama
Orzamento€600 000[2]
Recadación$9 800 000[3]
Na rede
IMDB: tt1032846 Filmaffinity: 178494 Allocine: 127944 Rottentomatoes: m/4_months_3_weeks_and_2_days Mojo: 4months3weeks2days Allmovie: v396871 TCM: 667405 Metacritic: movie/4-months-3-weeks-and-2-days TV.com: movies/4-months-3-weeks-and-2-days Netlix: 70071602Editar o valor em Wikidata

4 luni, 3 săptămâni și 2 zile é un filme romanés de 2007 escrito e dirixido por Cristian Mungiu. Está protagonizado por Anamaria Marinca, Laura Vasiliu e Vlad Ivanov. Está ambientado na Romanía comunista nos derradeiros anos da era de Nicolae Ceaușescu. Conta a historia de dúas estudantes universitarias, compañeiras de cuarto que tratan de facer un aborto. Inspirada no contexto histórico e social, amosa a lealdade de dúas amigas e as súas dificultades para conseguilo.

Mungiu e o fotógrafo Oleg Mutu rodárona en Bucarest e noutras localizacións en 2006. Despois da súa estrea mundial en Cannes, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile estreouse en Romanía o 1 de xuño de 2007, no Festival Internacional de Cinema de Transilvania. Foi aclamada pola crítica, e salientouse o seu minimalismo e a súa intensa temática.

Gañou tres premios no Festival de Cannes 2007, incluíndo a Palma de Ouro. Tamén conseguiu outros premios, como o de mellor filme no Premios do Cinema Europeo e nos Premios Gopo romaneses. 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile converteuse en obxecto de controversia sobre a censura, o debate sobre o aborto e a súa exclusión na 80ª edición dos Oscar, mais está considerado un dos mellores filmes da década de 2000.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "4 LUNI, 3 SAPTAMANI, SI 2 ZILE - 4 MONTHS, 3 WEEKS AND 2 DAYS (2007)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  2. SBS World News, ed. (28 de maio de 2007). "Romania shines at Cannes". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 
  3. Box Office Mojo (ed.). "4 Months, 3 Weeks, 2 Days". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]