39/Smooth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

39/Smooth
Álbum de Green Day
Publicado13 de abril de 1990
Gravación29 de decembro de 1989-2 de xaneiro de 1990
Estudio(s)Art of Ears Studio, San Francisco
Duración31:13
Xénero(s)punk rock
Selo(s)Lookout! Records
Producido porGreen Day, Andy Ernst
Cronoloxía
- 39/Smooth Kerplunk

39/Smooth é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 13 de abril de 1990[1] en vinilo e casete a través do selo Lookout! Records. Combinaríase posteriormente cos EPs Slappy e 1,000 Hours, xunto cun tema dun recompilatorio, e editaríase en 1991 como 1,039/Smoothed Out Slappy Hours en CD e casete. Trátase do único álbum de estudio do grupo con John Kiffmeyer na batería.

Jesse Michaels de Operation Ivy axudou coas imaxes do disco. No libreto aparecen as letras escritas a man por Billie Joe Armstrong e cartas do batería John Kiffmeyer e do dono de Lookout! Larry Livermore a I.R.S. Records, onde rexeitaban asinar co selo declarando a súa lealdade a Lookout! Records (porén, o grupo posteriormente deixaría Lookout! para mudarse a un gran selo, Reprise Records).

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Billie Joe Armstrong, Mike Dirnt e John Kiffmeyer, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "At the Library"   2:28
2. "Don't Leave Me"   2:39
3. "I Was There" (letras escritas por Kiffmeyer) 3:36
4. "Disappearing Boy"   2:52
5. "Green Day"   3:29
Cara 2
N.º Título Duración
6. "Going to Pasalacqua"   3:30
7. "16"   3:24
8. "Road to Acceptance"   3:35
9. "Rest"   3:05
10. "The Judge's Daughter"   2:34
31:13

Notas[editar | editar a fonte]