Gordiano III: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: no:Gordian III
Liña 50: Liña 50:
[[la:Gordianus III]]
[[la:Gordianus III]]
[[nl:Gordianus III]]
[[nl:Gordianus III]]
[[no:Gordian III]]
[[pl:Gordian III]]
[[pl:Gordian III]]
[[pt:Gordiano III]]
[[pt:Gordiano III]]

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2008 ás 19:20

Marcus Antonius Gordianus, fillo de Antonia Gordiana, filla de Gordiano I e irmá de Gordiano II, naceu no 225, e foi nomeado emperador polos pretorianos á idade de 13 anos.

O seu reinado

Coa morte de Maximino Tracio a mans das súas tropas, despois da morte de Gordiano I e Gordiano II, os senadores Pupieno e Balbino quedaron nomeados como co-emperadores, pero non eran aceptados polo pobo de Roma, e despois de só noventa dias, e logo de que lles impuxeran o nomeamento de Gordiano III como césar, foron asasinados polos pretorianos, que nomearon a Gordiano III como emperador, en parte debido ás presións do pobo romano que aínda conservaba a lembranza das virtudes do seu avó e tío.

A elección dun rexente era moi importante pra o inicio do seu reinado, e esa elección recaeu en Aquila Timesiteo, que fora gobernador do imperio en diversas provincias, onde deu proba do seu carácter íntegro e notábel capacidade. A súa entrada no pazo deu coma primeira medida o afastamento de tódolos eunucos que herdara do seu tío, moi propios das rexións orientais, pero nunca ben aceptados en Roma. Unha vez completada esta expulsión, Gordiano III tomou por esposa a filla do seu rexente, Sabinia Tranquilinia, e nomeou o seu sogro prefecto do pretorio.

Polo estudos das súas cartas, sábese que tentou favorecer a situación das clases humildes: unhas favorecen a emancipación dos esclavos, noutras trata da condición das mulleres, ás que se refire coma compañeiras dos homes no divino e no humano. Vese a influencia dos cristiáns nestas cartas.

O emperador herdara conflitos contra os godos, sármatas e persas. Pouco se sabe das súas expedicións na zona do Danubio. As crónicas falan dunha vitoria do emperador na Tracia e unha derrota contra os alanos, pero o certo é que esas rexións quedaron ceibes dos bárbaros, aínda que se supón que foi máis polo ouro entregado que pola vía das armas.

Dun xeito moi distinto foron as cousas no Oriente. A morte do rei dos persas Ardeschir no ano 240 deixou o trono en mans do seu fillo Sapor, quen comenza o seu reinado invandindo Mesopotamia e Siria, cando xa caeran no seu poder Nisibe e Carré. Siria tomouna sen oposición pero en Mesopotamia sufriu unha gan derrota, que o obrigou a devolver tódalas conquistas anteriores. A vitoria en Mesopotamia debeuse ao xenio de Timesiteo, conforme as cartas que foron dirixidas ao Senado, pero non puido gozar da vitoria xa que, non se sabe se por causas naturais ou inducidas, Timiseteo morreu pouco despois.

Gordiano III veuse na obriga de nomear un novo prefecto, e esta elección recaeu en Xulio Filipo, quen pouco despois comenza a manobrar para poñer o exército en contra do emperador, desviando provisións e facendo que o exército tentase nomear un novo sucesor. A esta manobra quixéronse opoñer os amigos de Gordiano, pero tanto el como os seus amigos foron asasinados en Zaita, sobre o río Éufrates. Filipo envioulle cartas ao Senado comunicándolles a morte do emperador e mais o seu nomeamento como emperador por parte do exército. O Senado acepta esta condición, aínda que en contra da opinión do novo emperador, divinízao e manda facer un gran mausoleo no seu nome, levantado por Filipo no mesmo lugar onde mandara asasinalo.


Imperio Romano

Segue a:
Balbino
Gordiano III
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Anarquía militar