Unidade Galega (coalición): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
VolkovBot (conversa | contribucións)
Liña 11: Liña 11:
[[en:Galician Unity]]
[[en:Galician Unity]]
[[es:Unidade Galega (coalición)]]
[[es:Unidade Galega (coalición)]]
[[pt:Unidade Galega (coalização)]]

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2008 ás 20:23

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.
A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados que puidese negociar un bo Estatuto de Autonomía de Galicia. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35%) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35%) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.