Óso cigomático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
m Corrixidas ligazóns internas
Silverfox (conversa | contribucións)
Liña 9: Liña 9:


== Borde superior ==
== Borde superior ==
Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do [[frontal]].
Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do [[frontal (óso)|frontal]].


== Borde inferior ==
== Borde inferior ==

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2008 ás 05:32

É un óso da faciana tamén coñecido coma malar. Presenta dúas caras, catro bordes e catro ángulos. Articúlase tanto con ósos do cranio (frontal, temporal e esfenoide) coma con ósos da faciana (maxilar superior). É ademais un óso dobre.


Cara anterior

É unha superficie lisa, destinada á inserción de dous músculos da mímica: o cigomático maior e o menor.

Cara posterior

Forma parte da fosa cigomática. Relaciónase co músculo temporal

Borde superior

Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do frontal.

Borde inferior

Articúlase co maxilar inferior.

Borde anterior

É un punto bastante superficial do óso. Relaciónase coa bolsa adiposa de Bichat.

Borde posterior

Articúlase coa apófise cigomática do temporal constituíndo o arco cigomático.

Ángulo supero-interno

Forma parte da parede externa da órbita.

Ángulo supero-externo

Relaciónase co músculo temporal.

Ángulo infero-externo

Relaciónase co músculo masetero

O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior.