Mandíbula: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
m Arranxos ortográficos
Silverfox (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:
*** Triangular dos beizos
*** Triangular dos beizos
*** Cadrado da barba
*** Cadrado da barba
*** Cutáneo do pescozo ou [[platisma]]
*** Cutáneo do pescozo ou [[músculo platisma|platisma]]
** '''''Cara posterior''''': Atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á [[lingua]]) e xenihioideo (vai ó hiode). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioideo (que forma parte do chan da boca e chega ó [[hioide]]. Na liña media únense os milohioideos de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas [[glándula sublingual|sublingual]] e [[glándula submaxilar|submaxilar]].
** '''''Cara posterior''''': Atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á [[lingua]]) e xenihioideo (vai ó hiode). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioideo (que forma parte do chan da boca e chega ó [[hioide]]. Na liña media únense os milohioideos de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas [[glándula sublingual|sublingual]] e [[glándula submaxilar|submaxilar]].
** '''''Bordo superior''''': Acolle ós [[dente|dentes]] inferiores.
** '''''Bordo superior''''': Acolle ós [[dente|dentes]] inferiores.

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2008 ás 22:53


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Mandíbula humana

A mandíbula é cada unha das pezas da boca, óseas no caso dos vertebrados e quitinosas ou córneas no caso doutros animais. Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros invertebrados é horizontal. En todos os animais as mandíbulas utilízanse para aprendeheren os alimentos e trituralos e tamén para se defenderen.

A mandíbula humana é tamén denominada como maxilar inferior. É un óso da faciana que permite a masticación xunto co maxilar superior. A mobilidade da articulación témporo-mandibular permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara diante e atrás.

Estrutura da mandíbula humana

O maxilar inferior presenta dúas estruturas básicas:

  • Corpo: É a parte máis anterior do óso. Presenta:
    • Cara anterior: Na liña media queda o gonion ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
      • Triangular dos beizos
      • Cadrado da barba
      • Cutáneo do pescozo ou platisma
    • Cara posterior: Atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á lingua) e xenihioideo (vai ó hiode). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioideo (que forma parte do chan da boca e chega ó hioide. Na liña media únense os milohioideos de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas sublingual e submaxilar.
    • Bordo superior: Acolle ós dentes inferiores.
    • Bordo inferior: Atoparemos febras de inserción do pletisma.
  • Pólas: Cada unha permite na superficie externa a inserción do músculo pterigoideo externo. Superiormente continúanse coas:
    • Apófise coronoide: Hai febras de inserción do músculo temporal.
    • Apófise condilar: Consta dun pescozo no que se inserta o músculo pterigoideo interno. Tamén chegan aquí os ligamentos esfeno-maxilar e estilo-maxilar . O cóndilo artéllase co temporal. Para máis información ver articulación témporo-mandibular.
    • Escotadura: É o espazo entre ambas apófises. Permite o paso de vasos maseterinos.
    • Cara anterior das pólas: Insértase o músculo masetero.
    • Cara posterior das pólas: Atopamos o burato dentario para a arteria dentaria e o nervio dentario inferior.
    • Bordo posterior das pólas: Forma a parte máis anterior da fosa pterigo-maxilar.

Véxase tamén