Santalla de Rei, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 103: Liña 103:
<gallery>
<gallery>
Imaxe:Igrexa de Santalla.JPG|Fachada da igrexa de Santalla de Rei
Imaxe:Igrexa de Santalla.JPG|Fachada da igrexa de Santalla de Rei
Imaxe:Santalla de Rei costa.jpg|Vista da parroquia dende o cimo da costa
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 3 de decembro de 2008 ás 20:08

Santalla de Rei
ConcelloA Pobra do Brollón
Coordenadas42°35′26″N 7°25′06″O / 42.590547222222, -7.4183027777778Coordenadas: 42°35′26″N 7°25′06″O / 42.590547222222, -7.4183027777778
Área1,75 km²
Poboación42 hab.
Densidade24 hab./km²
Entidades de poboaciónA Ribeira e O Reguengo
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:A Pobra do Brollón poboación {{{ano}}}]]

Para o arciprestado homónimo, véxase: Santalla de Rei (arciprestado).

Santalla de Rei é unha parroquia pertencente ó concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado homónimo, sendo a súa sede.

Está delimitada pola parroquia de Veiga (anexa á de Santalla) ó norte, Ferreiros e Castrosante polo sur, Castrosante polo leste e, Piño e Eixón polo oeste.

Santalla encóntrase situada a uns 62 km da capital provincial, Lugo, e a 6 km da Pobra do Brollón, capital do concello do mesmo nome.

Está bañada polo río Cabe que nace no concello veciño do Incio e é afluente do río Sil.

Poboación no 2007: 42 habitantes segundo o IGE

Medio Natural

Xeografía

Ficheiro:Igrexa Santalla2.jpg
Campanario da Igrexa de Santalla de Rei

Santalla de Rei sitúase nun pequeno val polo que transcurre o río Cabe, na metade norte do concello da Pobra do Brollón, entre as parroquias de Piño, Veiga, Eixón, Castrosante e Ferreiros. Ten unha altura considerablemente máis baixa que as outras parroquias, excepto as terras bañadas polo río Cabe e para acceder ás outras aldeas hai que subir notables costas. A súa altitude é de 372 m sobre o nivel do mar.

Hidrografía

O único río que transcurre pola parroquia é o Cabe que divide o pobo en dúas metades. A maioría da aldea sitúase na cara oeste aínda que quedan algunhas casas na outra ribeira. Pertence á rede hidrográfica Miño-Sil e é tamén o principal río do concello. Os regadíos e parte da auga corrente depende do Cabe. Consérvase o Muíño de Folla, que nos seus tempos era ou único que funcionaba na parroquia, pero que actualmente convertéuse en propiedade privada.

Climatoloxía

O clima de Santalla de Rei é oceánico cunha gran influencia do clima continental. Os veráns son calorosos e secos cunha temperatura media de 20,3ºC e os invernos son fríos e moi húmidos cunha temperatura media de 6,2ºC.

No verán as temperaturas superan de día fácilmente os 30ºC e, algunhs días de intenso calor, se teñen rozado e incluso superado lixeramente os 40ºC. No inverno as noites son moi frías e poden rexistrarse valores baixo cero, sendo habituais as xeadas.

Son habituais as néboas que moitos días non deixan ve-lo sol pero a probabilidade de neve é moi baixa debido á pouca altitude que ten a parroquia, aínda que non son poucas as veces que nevou. A primavera e o outono son as estacións máis agradables.

As oscilacións térmicas son bastante grandes debido á súa situación e as precipitacións son bastante regulares aínda que no verán chove pouco.

Demografía

En agosto de 2007, a parroquia contaba con 42 habitantes agrupados nas entidades do Reguengo e A Ribeira sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 27,86 hab/km2.

Coma na maioría das aldeas galegas, principalmente as do interior rural, a súa poboación está minguando. Nos últimos anos (1991-2007) a poboación diminuíu en 18 habitantes, principalmente, a causa da alta taxa de mortalidade e do progresivo envellecemento da poboación. Todo e así, Santalla é a terceira parroquia do concello que menos habitantes perdeu neste período, afirmación evidente tendo en conta que a media de habitantes perdidos por parroquia no concello durante este período sitúase en 48.

Poboación nas entidades

Entidade de poboación Habitantes (2007) Homes Mulleres
A Ribeira 19 10 9
O Reguengo 24 13 10
TOTAL 42 23 19

Historia

Figura en documentos antigos como Santalla de Mouro Queimado, ou Santalla do Rei Queimado que din algunhas lendas e tamén os veciños da zona. O último nome dálle a Santalla o apelido "de Rei".

Santalla de Rei foi durante moitos séculos, e aínda é, o arciprestado dunha chea de aldeas e parroquias pertencentes ós concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón.

Véxase Santalla de Rei (arciprestado)

Patrimonio artístico

  • Igrexa de Santalla ou Santa Alla, patroa de Santalla de Rei, do século XVII. Está situada no centro da Ribeira e ten ó seu redor o cemiterio parroquial. Está formada por unha nave principal rectangular con tellado de lousa a dúas augas e campanario con cataventos e dúas campás. A sancristía está adosada ó presbiterio. No seu interior posúe un retablo tricentenario do 1697 con diversas imaxes, entre elas unha imaxe da Santa Lucía, da mesma época que o retablo. Nos laterais do retablo encontramos imaxes de San Antón e Santiago Apóstolo. Nos laterais da igrexa encontramos dous pequenos retablos centenarios coas imaxes da Santa Lucía e da Virxe do Rosario. No ano 2003, a igrexa foi restaurada interior e exteriormente sen modificar a súa estrutura orixinal.
  • Muiño de Folla, situado na ribeira dereita do río Cabe, no Reguengo, agora en desuso, propiedade privada.

Comunicacións

Santalla está comunicada co resto do municipio mediante varias vías de comunicación. A única estrada que pasa pola parroquia é a LU-4703 que comunica con Piño, A Pobra do Brollón, Veiga e coas estradas LU-652 (Bóveda-A Estación e LU-653 (A Pobra do Brollón-O Incio). Nesta estrada hai desvíos a Pacios de Veiga, Eixón e A Ferreirúa de Abaixo.

Hai tamén unha pista asfaltada que empeza na parroquia e acaba na LU-653 en Pacios de Veiga, pasando por Cortiñas e A Ponte de Veiga.

Finalmente hai varias corredoiras e carreiros que levan a varios prados e campos, e a Eixón e Castrosante.

Festividades

Festas da Santa Lucía

As festas parroquiais celébranse, cunha tradicional romaría, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía. As festas empezan o vernes pola tarde e rematan o domingo.

A festa celebrábase antigamente o 26 de setembro e seguía o 27. Era costume que veciños doutras aldeas da zona fosen comer ó campo da festa de merenda. Tamén era tradicional unha actuación de titores chamados Os Barrigaverdes. Nos anos 70 cambiouse a agosto porque normalmente chovía e foi cando houbo actuacións de cantantes moi coñecidos como Ana Kiro ou Karina. A festa da Santa Lucía era unha das festas de máis sona de todo o sur lucense.

Actualmente hai, durante a véspera (penúltimo venres de agosto), unha merenda con empanada e queimada seguida dunha festa e verbena ata altas horas da madrugada. A festa continua o sábado con pasarrúas a cargo de gaiteiros da zona e posteriormente a romaría da Santa Lucía con procisión ata o campo da festa e a posterior misa campestre, na que os devotos lle pasan panos á Virxe polos ollos para que lles conserve a vista. Logo hai festa de tarde e noite e verbena. A festa continua o domingo co seu derradeiro día cunha procesión, unha misa solemne e, ás veces, festa de tarde e noite.

Como dato anecdótico, no ano 2007 a festa do sábado pola noite foi amenizada por un grupo de presos da cárcere de Teixeiro, chamada Orquesta Gran Paradela [1]

Galería de imaxes

Lugares da parroquia de Santalla de Rei

Lugares da parroquia de Santalla de Rei no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

O Reguengo | A Ribeira


Referencias

  1. http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2007/08/17/0003_6066074.htm?idioma=galego Unha orquestra de presos actuará nas festas de Santalla de Rei

Véxase tamén



Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)