Preservativo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: hi:निरोध
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Preservativo
Liña 21: Liña 21:
[[en:Condom]]
[[en:Condom]]
[[eo:Kondomo]]
[[eo:Kondomo]]
[[es:Preservativo]]
[[es:Profiláctico (modo anticonceptivo)]]
[[et:Kondoom]]
[[et:Kondoom]]
[[fa:کاندوم]]
[[fa:کاندوم]]

Revisión como estaba o 2 de decembro de 2008 ás 16:24

Preservativo masculino
Preservativo feminino sen anel interno
Preservativo feminino con anel interno

O preservativo é unha funda de goma natural ou artificial, látex, poliuretano que se pon no pene en erección antes de realizar o acto sexual e que retén o seme no caso de preservativo masculino, ou adaptada a morfoloxía feminina para colocar na vaxina e recibir o seme, no caso de preservativo feminino. Utilizase como método de anticoncepción e tamén se usa de xeito profiláctico para evitar a transmisión de ETS. Tamén chamase condón. Orixinalmente o preservativo era para uso masculino, pero na actualidade existen tanto para homes como para mulleres [Cómpre referencia].

Litografía de Nicolas François Octave Tassaert (1800-1874): Die vorsichtige Geliebte/ O amante cauteloso.

Orixe

En Exipto, polo menos desde hai 3000 anos, utilizabanse fundas de tea sobre o pene. A lenda do rei grego Minos (1200 a. C.) fai referencia ao emprego de vexigas natatorias de peixe ou vexigas de cabra para reter o seme. Os preservativos máis antigos do mundo que se conservan foron atopados en Inglaterra, en excavacións feitas nos oitenta no Castelo de Dudley e teñen polo menos 450 anos.