Baviera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: bar:Bayern
Sen resumo de edición
Liña 42: Liña 42:
|}
|}


A '''Baviera''' (en [[Lingua alemá|alemán]] '''''Bayern''''' e en [[bávaro]] '''Baian''') ou, na súa designación oficial, '''Estado Libre da Baviera''' ('''''Freistaat Bayern'''''), é un dos 16 [[Estados da Alemaña|estados federais]] (''Länder'') da [[Alemaña]]. Localizado no extremo surleste do país, ten un [[área]] de 70.553 km² e 11,6 millóns de habitantes; a súa capital é [[Múnic]]
A '''Baviera''' (en [[Lingua alemá|alemán]] '''''Bayern''''' e en [[bávaro]] '''Baian''') ou, na súa designación oficial, '''Estado Libre da Baviera''' ('''''Freistaat Bayern'''''), é o máis grande en superficie dos 16 [[Estados da Alemaña|estados federais]] (''Länder'') da [[Alemaña]]. Localizado no extremo surleste do país, ten un [[área]] de 70.553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións como en ningunha outra parte da Alemaña; a súa capital é [[Múnic]].

Até [[1950]] predominaba na Baviera a agricultura como principal ramo económico. E aínda hoxe, a rexión pre-alpina e outras partes do territorio bávaro dependen da [[agricultura]] e da [[silvicultura]]. A partir de meados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos.

A Baviera é hoxe o centro número un da tecnoloxía avanzada na Alemaña. O estado dispón dunha competencia excepcional en tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal.

A Baviera debe a súa grande atratividade turística á rica herdanza histórico-cultural, como tamén ao encanto de súa impresionante beleza natural. Os Alpes, co pico mais alto da Alemaña – o [[Zugspitze]] (2.962 metros), a rexión pre-alpina ten lagos marabillosos como o [[Chiemsee]] e o [[Königssee]], o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), as forestas Fränkische Alb, Fichtelgebirge e Steigerwald, entre outros, ofrécenlle ao turista atracións incomparábeis.

O estado é rico en extensos parques urbanos – como o de Schönbusch en [[Aschaffenburg]], o Hofgarten en [[Ansbach]] ou o Xardín Inglés ([[Englischer Garten]]) en [[Múnic]] – e en castelos e palacios suntuosos, resaltándose os do "rei dos contos de fada" [[Ludwig II]]: [[Lindenhof]], [[Neuschwanstein]] e [[Herrenschiemsee]].

O traxe típico non é usado só para ocasión de grandes festividades populares, como na anual festa da cervexa, a [[Oktoberfest]], en Múnic. A cervexa bávara (preparada segundo a [[Lei da pureza de 1516]]) é mundialmente coñecida; o [[lúpulo]] para tal fabrico é cultivado no propio estado. Pero mesmo os viños da [[Franconia]] son apreciados polos coñecedores.

A capital, Múnic, é un centro significativo da ciencia e da investigación, en decorrencia sobretodo das renomadas universidades e de outros establecementos de ensino superior, da [[Biblioteca Estatal Bávara]] – unha das maiores da Europa, con máis de 6 millóns de volumes – do [[Instituto Max Planck de Física do Plasma]]. Múnic posúe no [[Deutsches Museum]] a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museus de arte.



==Xeografía==
==Xeografía==
Liña 49: Liña 62:
Atravésaa o [[Danubio]] (''Donau'' en alemán) e mailo [[Main]].
Atravésaa o [[Danubio]] (''Donau'' en alemán) e mailo [[Main]].


As maiores cidades bávaras son, alén da capital, Múnic, as de [[Nuremberg]] (Nürnberg), [[Augsburgo]] (Augsburg), [[Würzburgo]] (Würzburg), [[Ingolstadt]], [[Regensburg]], [[Fürth]], [[Erlangen]] ou [[Bayreuth]].
As outras grandes cidades bávaras son: [[Nuremberg]] (491 mil habitantes), [[Augsburg]] (258 mil habitantes), [[Würzburg]] (130 mil habitantes), [[Regensburg]] (127 mil habitantes), [[Ingolstadt]] (117 mil habitantes), [[Fürth]] (111 mil habitantes) e [[Erlangen]] (102 mil habitantes). ou [[Bayreuth]].


==Administración política==
==Administración política==

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2008 ás 03:14

Freistaat Bayern
Estado Libre da Baviera
Bandeira Civil
Bandeira da Baviera
Bandeira Estatal
Bandeira Civil da Baviera
Brasón
Brasón da Baviera
Datos
Capital: Munich
Área: 70 553 km²
Poboación: 11 600 000 (2000)
Densidade: 164 hab./km²
Sitio oficial: www.bayern.de
ISO 3166-2: DE-BY
Datos políticos
Ministro-Presidente: Günter Beckstein (CSU)
Partido no poder: CSU
Localización da Baviera
Localización da Baviera na Alemaña

A Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Baian) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern), é o máis grande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo surleste do país, ten un área de 70.553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións como en ningunha outra parte da Alemaña; a súa capital é Múnic.

Até 1950 predominaba na Baviera a agricultura como principal ramo económico. E aínda hoxe, a rexión pre-alpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de meados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos.

A Baviera é hoxe o centro número un da tecnoloxía avanzada na Alemaña. O estado dispón dunha competencia excepcional en tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal.

A Baviera debe a súa grande atratividade turística á rica herdanza histórico-cultural, como tamén ao encanto de súa impresionante beleza natural. Os Alpes, co pico mais alto da Alemaña – o Zugspitze (2.962 metros), a rexión pre-alpina ten lagos marabillosos como o Chiemsee e o Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), as forestas Fränkische Alb, Fichtelgebirge e Steigerwald, entre outros, ofrécenlle ao turista atracións incomparábeis.

O estado é rico en extensos parques urbanos – como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic – e en castelos e palacios suntuosos, resaltándose os do "rei dos contos de fada" Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.

O traxe típico non é usado só para ocasión de grandes festividades populares, como na anual festa da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic. A cervexa bávara (preparada segundo a Lei da pureza de 1516) é mundialmente coñecida; o lúpulo para tal fabrico é cultivado no propio estado. Pero mesmo os viños da Franconia son apreciados polos coñecedores.

A capital, Múnic, é un centro significativo da ciencia e da investigación, en decorrencia sobretodo das renomadas universidades e de outros establecementos de ensino superior, da Biblioteca Estatal Bávara – unha das maiores da Europa, con máis de 6 millóns de volumes – do Instituto Max Planck de Física do Plasma. Múnic posúe no Deutsches Museum a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museus de arte.


Xeografía

A Baviera partilla fronteira coa Austria (Estados da Alta Austria, Salzburgo, Tirol e Vorarlberg) a surleste, coa Chequia a oeste e o Lago de Constanza a suroeste. No cuadro da Alemaña, rodéana os estados de Baden-Württemberg (a oeste), Hessen (a noroeste), Turinxia (a norte), e Saxonia (a nordés).

Atravésaa o Danubio (Donau en alemán) e mailo Main.

As outras grandes cidades bávaras son: Nuremberg (491 mil habitantes), Augsburg (258 mil habitantes), Würzburg (130 mil habitantes), Regensburg (127 mil habitantes), Ingolstadt (117 mil habitantes), Fürth (111 mil habitantes) e Erlangen (102 mil habitantes). ou Bayreuth.

Administración política

A Baviera dispón actualmente dun parlamento unicameral (der Landtag), elixido por sufraxio universal. Ata decembro de 1999, existía tamén un senado (der Senat), formado por membros escollidos polos grupos socio-económicos da Baviera; non obstante esta institución foi abolida logo dun referendo que se realizou en 1998.

O goberno bávaro, como os dos demais länder da Alemaña, é liderado por un Ministro-Presidente (Ministerpräsident). Actualmente o Ministro-Presidente da Baviera é Günther Beckstein (elixido polos socialcristiáns da CSU), o cal foi o substituto de Edmund Stoiber, que ocupou o cargo ate que se decidiu retirar. Desde 1962 que a CSU (o partido-irmán da CDU na Baviera) goberna o estado con sucesivas maiorías absolutas.

División administrativa

A Baviera está dividida en 71 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 25 cidades independentes.

Mapa da Baviera mostrando os distritos e cidades independentes

Distritos da Baviera:

  1. Aichach-Friedberg
  2. Altötting
  3. Amberg-Sulzbach
  4. Ansbach
  5. Aschaffenburg
  6. Augsburgo (Augsburg)
  7. Bad Kissingen
  8. Bad Tölz-Wolfratshausen
  9. Bamberg
  10. Bayreuth
  11. Berchtesgadener Land
  12. Chan
  13. Coburg
  14. Dachau
  15. Deggendorf
  16. Dillingen
  17. Dingolfing-Landau
  18. Donau-Ries
  19. Ebersberg
  20. Eichstätt
  21. Erding
  22. Erlangen-Höchstadt
  23. Forchheín
  24. Freising
  1. Freyung-Grafenau
  2. Fürstenfeldbruck
  3. Fürth
  4. Garmisch-Partenkirchen
  5. Günzburg
  6. Haßberge
  7. Hof
  8. Kelleim
  9. Kitcingen
  10. Kronach
  11. Kulmbach
  12. Landsberg
  13. Landshut
  14. Lauf an der Pegnitz
  15. Lichtenfels
  16. Lindau
  17. Main-Spessart
  18. Miesbach
  19. Miltenberg
  20. Mühldorf
  21. Munich (München)
  22. Neuburg-Schrobeñausen
  23. Neumarkt
  24. Neustadt (Aisch)-Bad Windsheim
  25. Neustadt (Waldnaab)
  1. Neu-Uln
  2. Nürnberger Land
  3. Oberallgäu
  4. Ostallgäu
  5. Passau
  6. Pfaffenhofen
  7. Regen
  8. Ratisbona (Regensburg)
  9. Rhön-Grabfeld
  10. Rosenheim
  11. Roth
  12. Rottal-Inn
  13. Schwandorf
  14. Schweinfurt
  15. Starnberg
  16. Straubing-Bogen
  17. Tirschenreuth
  18. Traunstein
  19. Unterallgäu
  20. Weilheim-Schongau
  21. Weißenburg-Guncenhausen
  22. Wunsiedel
  23. Würzburg

Cidades independentes (Stadkreise), que non pertencen a ningún distrito:

  1. Amberg
  2. Ansbach
  3. Aschaffenburg
  4. Augsburgo (Augsburg)
  5. Bamberg
  6. Bayreuth
  7. Coburg
  8. Erlangen
  9. Fürth
  1. Hof
  2. Ingolstadt
  3. Kaufbeuren
  4. Kempten
  5. Landshut
  6. Memmingen
  7. Munich (München)
  8. Nuremberg (Nürnberg)
  9. Passau
  1. Regensburg
  2. Rosenheim
  3. Schwabach
  4. Schweinfurt
  5. Straubing
  6. Weiden
  7. Würzburgo (Würzburg)

Os distritos mencionados arriba agrúpanse en sete gobernos de distrito (Regierungsbecirke):

Historia

Wies

Artigo principal: Historia da Baviera

A familia Wittelsbach gobernou a Baviera ininterruptamente, desde 1180 ata 1918. En 1806, o duque da Baviera foi feito rei, e en 1815, despois da desagregación do Imperio Napoleónico, o Palatinado do Rhin tornouse parte do Reino da Baviera. Luís II da Baviera (1845 - 1886), que reinou de 1864 ata ao seu suicidio en 1886, é probabelmente o máis coñecido monarca bávaro, responsable da construción de verdadeiros castelos de contos de fadas, o mais célebre Neuschwanstein.

Na cidade bávara de Nuremberg tiveron lugar os xuízos de guerra posteriores á II Guerra Mundial.

Curiosidades

Castelo Schleissheim

Bávaros famosos:

A BMW (Bayerische Motoren-Werke, ou "Fábrica Bávara de Motores") e a Audi son empresas fundadas na Baviera e que a partir de aí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.

Todos os anos ten lugar o festival Oktoberfest, a maior festa da cervexa no mundo, celebrada desde 1811 que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de setembro e termina sempre no primeiro domingo de outubro.

Ligazóns externas