Cacique: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
[[eo:Kaziko]]
[[eo:Kaziko]]
[[es:Cacique]]
[[es:Cacique]]
[[fr:Cacique]]
[[fr:Cacique (chef)]]
[[hu:Cacique]]
[[hu:Cacique]]
[[it:Cacicco]]
[[it:Cacicco]]

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2008 ás 19:55

O termo cacique, palabra de etimoloxía taína (parte da etnia arawak) pasou a ser un concepto aplicado polos españois a certas personalidades das culturas orixinarias centroamericanas e sudamericanas; con isto referíase ás persoas que tenian poder. Os españois, ao coñecela neses pobos, empregárona equivocamente aplicándoa aos homes que tiñan maior poder económico (animais, áreas de cultivo, etc) e máis esposas.

O equívoco persiste entre os non especialistas, xa que moitos chaman "cacique" aos soberanos (absolutos) de imperios (aztecas, kechuas etc) do mesmo xeito que aos xefes ou líderes de pequenas poboacións consideradas 'sen Estado', por exemplo os nambikuara.

É así que vulgarmente chámase "cacique" aos kuraka dos Andes centrais, aos toki, longko e ülmen dos mapuche, os tuvichá dos avá ou guaraníé, etc. Existe unha obvia razón pragmática para tal tipo de xeralización e reduccionismo apelando á palabra "cacique", con todo o que desexe entender máis o real de cada etnia (nin que dicir ten que máis aínda o sociólogo e o antropólogo) debe ter cautela con tal uso indiscriminado da palabra "cacique".

Por outra banda a palabra "cacique" e "caciquismo" foi usada na España decimonónica (en particular, en Galiza) para aludir despectivamente a "caudillos" e líderes sociais deses tempos. A súa existencia resultou un dos factores desencadenantes da literatura da xeración do 98. Dun xeito semellante, noutros países (por exemplo Arxentina) úsase moitas veces figurativa e peyorativamente a palabra "cacique" para aludir a quen detenta o poder de "redes clientelares" aínda que nada teñan que ver cos pobos orixinarios de América.

Noutra orde de cousas, particularmente, apódaselle cacique ó Club Deportivo de fútbol chileno Colo-Colo, xa que ese nome provén dun dos grandes xefes mapuches.