Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SpBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: de:Gabino Bugallal Araújo
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Ministros españois|Bugallal, Gabino]]
[[Categoría:Ministros españois|Bugallal, Gabino]]


[[de:Gabino Bugallal Araujo]]
[[de:Gabino Bugallal Araújo]]
[[es:Gabino Bugallal Araújo]]
[[es:Gabino Bugallal Araújo]]
[[it:Gabino Bugallal Araujo]]
[[it:Gabino Bugallal Araujo]]

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2008 ás 03:00

Gabino Bugallal Araújo (Ponteareas, 1861 - París, 1932) foi un avogado e político galego.

Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), e de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Predecesor:
Eduardo Dato Iradier
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz