Praga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lmo:Praga
replaced image
Liña 579: Liña 579:


== Transporte ==
== Transporte ==
[[Imaxe:Prague metro tram plan 2006.svg|thumb|left|200px|Plano do transporte público de Praga]]
[[Imaxe:Prague metro plan 2008.svg|thumb|left|200px|Plano do transporte público de Praga]]
O transporte público de Praga inclúe o [[Metro de Praga]], o [[tranvía]], autobuses, o funicular Petřín que ascende o monte Petřín, un telesilla no Zoo e tres ferries. O sistema está integrado como ‘’Transporte urbano integrado de Praga’’<ref>{{cita Web
O transporte público de Praga inclúe o [[Metro de Praga]], o [[tranvía]], autobuses, o funicular Petřín que ascende o monte Petřín, un telesilla no Zoo e tres ferries. O sistema está integrado como ‘’Transporte urbano integrado de Praga’’<ref>{{cita Web
|url = http://www.czech.cz/es/chequia/transportes/transporte-urbano/transporte-urbano-integrado-de-praga/
|url = http://www.czech.cz/es/chequia/transportes/transporte-urbano/transporte-urbano-integrado-de-praga/

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2008 ás 21:02

Praga
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Chequia
Superficie 496 km2
Poboación 1.167.050 (2005)
Densidade 2.352,92 h/km²
Alcalde Pavel Bém
prague-city.cz

Praga (Praha en checo) é a capital da República Checa, tal e como recolle a Constitución do país.[1] Antes foi capital do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. Tamén é capital da rexión de Bohemia.

A cidade atópase nas beiras do río Vltava (en alemán: Moldau), ten aproximadamente 1,2 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 1,9 millóns de habitantes.[2]

Dende 1992 o casco histórico da cidade é Patrimonio da Humanidade.[3] A súa beleza e patrimonio histórico convértena nunha das 20 cidades máis visitadas do mundo.[4]

Praga desenvolveuse a partir do século IX, convertíndose nunha das capitais máis importantes de Europa nos séculos XVIII e XIX. Con todo, no século XX, sufriu as dúas guerras mundiais, e as ditaduras nazi e soviética. Trala Revolución de Veludo e a caída do Muro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara unha economía de mercado.

Polas súas características Praga é considerada como unha cidade global de clase gamma, á altura de Ámsterdam ou Washington e superando a grandes cidades como Roma, Estocolmo e Beijing.[5]

Praga tamén é coñecida como "a cidade dos cen pináculos", "a cidade dourada", "o París dos anos 20 nos anos 90", "a nai de tódalas cidades" e "o corazón da Europa".

Etimoloxía

As pontes de Praga

Segundo a Crónica de Kosmas- podle Kosmovy kroniky- a princesa Libuše aconsellou ao seus súbditos que o lugar máis axeitado para asentarse atoparíano alá onde un home labrase un limiar -en checo práh- do que derivaría PRAHA, o nome da cidade."[6]

Outros historiadores opinan que o nome da capital ten a súa orixe na palabra eslava Prga, que significa "fariña torrada", debido á aridez do lugar elixido para construir o castelo de Praga.[7]

Por último algúns opinan que a orixe é a palabra checa Prahy que significa "rápidos" polos rápidos do río Vltaba, en cuxas beiras atópase a cidade.[8]

Historia

Artigo principal: Historia de Praga.

Prehistoria e Idade Antiga

Os primeiros vestixios no lugar no que hoxe atópase Praga datan do Paleolítico.[9] O primeiro asentamento estable considérase que foi o dunha tribo celta, cara o século VI a. de C.[10] establecida no sur da actual Praga. A poboación chamábase Závist. Posteriormente esta tribo foi remprazada polosxermanos e más adiante polos eslavos, que permaneceron dende o século IV, malia seren consquistados durante un curto periodo de tempo polos Ávaros.[11]

Idade Media

Libuše e Přemysl, lendarios fundadores da cidade
Carlos IV, artífice da expansión de Praga no século XIV

A cidade foi fundada a finais do século IX[12] coa construción do caestelo na marxe dereita do río Moldava. Segundo a lenda por Libuše, quen casou posteriormente con Přemysl e iniciou a dinastía Přemyslida. Este castelo é coñecido como Vyšehrad e non é o actual castelo de Praga, erixido na beira oposta do río.

Praga axiña converteuse no asentamento dos reis de Bohemia, algúns dos cales reinaron como emperadores do Sacro Imperio Romano. No século XIII o rei Otakar II fundou o barrio de Malá Strana (lado pequeno). Que se atopa na beira oposta do río.[13]

A cidade floreceu durante o século XIV baixo o reinado de Carlos IV, quen ordenou a construción da Cidade Nova, uniu os núcleos urbanos en ambas as dúas beiras do río a través da famosa Ponte de Carlos (que sustituíu a unha ponte anterior do século XII que se derrubou en 1342) propiciando a construción da primeira Universidade de Europa central.[14]

No século XV, debido a axitaciones políticas e relixiosas entre Jan Hus e o rei Sexismundo producíronse as Guerras Husitas.[15]

Idade Moderna

Bohemia entrou a formar parte dos dominios dos Habsburgo en 1526 polo que Praga foi capital dunha provincia austríaca. A comezos do século XVII a elección de Fernando II, católico, como rei de Bohemia causou ira entre os nobres bohemios, de relixión protestante. Cando Fernando II enviou dous concelleiros católicos para preparar a súa chegada a Praga, estes foron secuestrados e arroxados por unha fiestra do castelo, o que se coñece como a Defenestración de Praga. Estes feitos desembocaron na Guerra dos Trinta Anos, cuxa consecuencia principal foi a soberanía das provincias alemás, malia permanecer baixo o Imperio Xermánico.[16]

Séculos XVIII e XIX

Nos séculos XVIII e primeira metade do século XIX Praga gozou dun gran crecemento económico, que atraeu a mercadores e nobres de toda Europa. A cidade desenvolveuse rápidamente e construíronse igrexas e palacios, moitos baixo o novo estilo do Barroco.

Durante a dominación austrohúngara, no século XIX converteuse no centro do nacionalismo checo e a súa actividade cultural e intelectual foi brillante, construíndose o Museo Nacional, o Teatro Estatal e o Rudolfinum.

Século XX e actualidade

En 1918, como consecuencia da Primeira Guerra Mundial, fundouse Checoslovaquia, e o novo presidente da república Tomáš Masaryk fixo de Praga a sede do seu goberno e a capital do recén creado estado.[17]

Entre 1939 e 1945 o exército de Hitler ocupou Praga.[18] A cidade, ata o momento de carácter multiétnico, asistiu á persecución do pobo xudeu. Moitos foron capturados e enviados a Campos de Concentración, onde a maioría foron exterminados. En 1945 o exército estadounidense bombardeou a cidade ao confundila con Dresde, causando a furia dos checos. Poucos días máis tarde o exército soviético liberou a cidade e os cidadáns checos tomáronse a vinganza pola súa man, causando a morte de varios cidadáns de orixe alemá.[19]

A Revolución de Veludo provocou a caída do réxime comunista

Trala Segunda Guerra Mundial a República Checa pasou a formar parte do bando comunista, baixo auspicios da Unión Soviética. Despois de dúas décadas de totalitarismo en 1968 estourou a Primavera de Praga, un movemento de oposición á Unión Soviética, que foi duramente reprimido coa invasión dos exércitos Soviéticos.[20]

Terían que pasar outras dous décadas, ata 1989 para ver o fin do socialismo na República Checoslovaca. Praga foi o centro da Revolución de Veludo durante a caída do comunismo.[21] Catro anos despois, en 1993, decidiuse pacíficamente a división da República Checa e Eslovaquia. Praga pasou a se-la capital da República Checa.[22]

No mes de setembro de 2000 as Protestas de Praga contra a globalización durante o cumio do Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial derivaron nunha serie de liortas urbanas contra a policía. Máis de 15.000 manifestantes participaron nunha das maiores protestas contra a globalización e o capitalismo da historia.[23] [24]

En agosto de 2002 o río Moldava desbordouse cun caudal superior aos 5.100 m³/s causando graves danos na cidade. Esta necesitou dous anos para recuperarse.[25]

Demografía

Evolución demográfica da Praga histórica e dos concellos da Praga actual [26]
Ano 1230 1370 1600 1804 1837 1850 1880 1900 1925 1950 1980 1991 2001
Poboación de Praga 4.000 40.000 60.000 90.000 105.500 118.000 162.000 201.600 718.300 931.500 1.171.342 1.214.174 1.169.106
Suma de concellos 128.000 349.574 559.435 1.057.570 1.182.186 1.214.174 1.169.106


Rúa ateigada de xente en Malá Strana

A comezos do século XX Praga tiña unha poboación de 850.000 habitantes (1930). Un dos motivos do crecemento da cidade foi a independencia da República Checa e o nomeamento de Praga como capital do novo estado, e pola absorción dos concellos colindantes á capital en 1922 (37 concellos que sumaban máis de 430.000 habitantes).[27]

A poboación de Praga é de aproximadamente 1.200.000 habitantes, o que supón algo máis do 10% da poboación do país. A cidade tivo unha explosión demográfica durante o século XIX debido ao seu florecimiento económico e cultural. Se incluímos os arrabais que por entón non formaban parte de Praga, a poboación pasou de pouco máis de 157.000 habitantes en 1850 a máis de 500.000 no ano 1900.[28]

A primeira ampliación da cidade ocorreu en 1850 cando Praga absorbeu o concello de Josefov. En 1883 e 1884 absorbéronse dous novos concellos e outro en 1901.[29]

Realizáronse novas ampliacións en 1960 (3 concellos), en 1968 (25 concellos que sumaban preto de 70.000 cidadáns), 1974 (37 concellos e preto de 65.000 habitantes), e en 1987 e 1988 chegaron as dúas últimas ampliacións (Černý Most e Kamýk) que sumaron outros 30.000 habitantes.[30]

Dende entón medrou de forma moderada ata os anos 1980, a partires dese ano a poboación estabilizouse.

A poboación praguense está envellecendo a un ritmo superior ao do resto do país, con todo é debido á inmigración de cidadáns en idade de traballar e ao descenso da taxa de natalidade. Deste xeito, a porcentaxe de habitantes en idade de xubilación non medrou nos últimos anos.[31]

A prosperidade económica a comezos do século XXI coa apertura á Unión Europea, a instalación de novas multinacionais e uns salarios máis elevados, atraeron a poboación produtiva do resto do país. Tamén provocou un aumento da inmigración, aínda que a porcentaxe de estranxeiros é aínda moderado. Segundo datos do ano 2006 o 8,77% da poboación de Praga era estranxeira.[32] Analizando o país de orixe destacan os ucraínos, que representan o 34,3% dos inmigrantes, os eslovacos, que representan o 15,7% e os rusos, que son o 9,5% dos estranxeiros.[33]

Economía

Artigo principal: Economía de Praga.
Centro de congresos da cidade de Praga, no arrabal de Vyšehrad

A moneda oficial do país é a Coroa checa (koruna česká), que se divide en 100 haléřů (h), en singular haléř. As súas abreviaturas son . e h respectivamente.

O PIB per cápita de Praga é máis do dobre có da República Checa. No ano 2004 acadou os 33.784 dólares (PPA), o que supçon máis dun 50% por riba da media da Unión Europea para ese ano. Isto sitúa á cidade e a súa rexión como a duodécima rexión máis rica da Unión.[34]

Praga constitúe o centro económico do país. Ademais de ser a capital, a maioría das institucións financeiras e das empresas transnacionais teñen a súa sede na cidade. Estes, entre outros motivos, fan posible que Praga represente preto do 25% do PIB checo.[35] Porén o crecemento do PIB en Praga é menos có da media nacional dende 2001.[36]

Banco Nacional Checo (Česká národní banka ), Praga

Praga foi quen de absorber a forza de traballo tanto nacional como internacional atraída pola prosperidade da cidade. No ano 2001 Praga concentraba aproximadamente o 20% dos posto vacantes de emprego da República Checa, o cal é especialmente significativo se se compara co pouco máis do 10% que representa a poboación de Praga sobre a poboación total.[37] A demanda de traballadores era de 726.000 persoas mentres a poboación activa da cidade era de tan só 600.000.[38] A taxa de desemprego en Praga é aproximadamente a metade cá do país.[39] Ademais, a súa posición central en Europa, ademais dun nivel de prezos máis baixos cós da Europa Occidental, axuda a que moitas compañías internacionais a elixan como a súa sede Europea.

A distribución sectorial da cidade segue unha marcada tendencia cara o sector terciario. En 2006 o 82% do valor engadido creado na cidade pertencía ao sector servicios.[40] No outro lado da balanza é o sector industrial, o que posúe un peso significativamente inferior ao do resto do país.[41] Outro sector que medrou durante a primeira década do século XXI é a construción, con máis dun 50% de incremento entre 2001 e 2006 en termos de valor das casas construidas.[42]

Dende a Revolución de Veludo a cidade aproveita a súa beleza arquitectónica no sector do turismo. No ano 2005, 6,4 millóns de turistas visitaron a República Checa, dos cales a maioría pasou por Praga.[43] Máis do 90% das prazas hoteleiras ocupadas foron destinadas a turistas extranxeiros.[44] Con todo só o 41% das prazas dispoñibles eran en hoteis de catro e cinco estrelas en 2006.[45]

Cultura

Tradicionalmente Praga foi un dos centros culturais máis importantes da Europa Central. Actualmente, trala caída do comunismo, recuperou a súa tradición e festexa centos de eventos como festivais de cine, música ou literatura. A actividade teatral e operística da cidade presenta unha enorme oferta durante todo o ano. O Teatro Negro, o Teatro Nacional de Praga e o Teatro do ballet Nacional son algúns dos máis famosos atractivos culturais.

Museos

Sinagoga española, parte do Museo xudeu

Os museos ofrecen ricas coleccións. Entre eles, destaca o Museo Nacional de Praga e o Museo xudeu de Praga.

O Museo nacional -en checo: Národní muzeum- é un dos principais museos de Praga. Ocupa un edificio neorrenacentista situado no alto da praza de Wenceslao, a principal da cidade. O seu vestíbulo central serve tamén de panteón dos grandes checos. O museo fundouse en 1818 como Museo patriótico de Bohemia (Vlastenecké muzeum v Čechách). En 1848 tomou o nome de Museo checo (České muzeum), de 1854 a 1919 o de Museo Real checo (Muzeum Království českého). O inmoble ocupado polo museo é obra do arquitecto Josef Schulz, autor do Teatro nacional de Praga, construído na mesma época (1885-1890).[46]

O Museo xudeu -en checo:Židovské muzeum- constitúe un conxunto de distintos museos dentro do antigo guetto de Josefov. O museo foi fundado en 1906 por Hugo Lieben e Augustin Stein para a conservación de valiosos obxectos das sinagogas de Praga. Coa ocupación nazi e comunista o museo viu moi limitadas as súas funcións. Dende 1994 o museo recuperou e ampliou o seu status orixinal. Posúe unha das maiores coleccións de arte xudía no mundo, que comprende unhas 40.000 pezas de museo e 100.000 libros. O museo inclúe as sinagogas Maisel, Española, Pinkas, Klaus, o Antigo Cemiterio Xudeu, a Sala de Cerimonias da Sociedade Funeraria e o cemiterio xudeu de Žižkov.[47]

Outros museos destacados son o Museo Alfons Mucha[48] que recolle máis 100 obras e obxectos relacionados co autor checo, o Museo Franz Kafka[49] que posúe as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia personal e audiovisiaus do escritor, ou o Museo do Xoguete, que se atopa no castelo de Praga, entre outros.

Música

Vista aérea do Rudolfinum, inmoble que alberga unha gran sala de concertos

Praga ten unha longa historia musical. A que fora unha das capitais culturais de Europa nos séculos XVIII e XIX conserva a súa tradición musical.

Na cidade organízanse, durante todo o ano, concertos de música clásica. As contornas son variadas, dende antigas igrexas a fermosos auditorios como a Sala Smetana, sé da Orquestra Sinfónica de Praga, situada nun edificio Art Nouveau en Republiky 5, o Palacio da Cultura e a sala Dvorak (no Rudolfinum, Praza Jan Palach), sé da Orquestra Filarmónica Checa ubicado nun edifico neoclásico onde se celebra a inauguración e clausura, sobre todo, do famoso Festival Internacional da Primavera de Praga entre o 12 de maio e os primeiros días de xuño. Os concertos tamén se celebran regularmente na Galería Nacional do Castelo de Praga, nos xardíns, ao pé do Castelo e no Museo Nacional, na praza de Wenceslao. Os concertos na Vila Bertramka en Mozartova 169, Smichov, adoitan ter a Mozart e os seus contemporáneos como protagonistas.

As antigas igrexas constitúen un dos lugares máis axeitados onde se pode gozar durante o mes de agosto do Festival de Música de Órgano. Os mellores programas son os que se ofrecen na Catedral de San Vito, en Hradcany; Ou Krízovníku, preto da ponte de Carlos, a Igrexa de San Nicolás da Malá Stupartská na Cidade Antiga, onde as notas do órgano flúen no medio de fermosas estatuas barrocas.

Resulta curioso o Festival de Música Xudía que se celebra nos meses de outubro e novembro no Barrio Xudeu.

A tradición musical checa remóntase ao Século IX da nosa era con cancións de orixe relixiosa. Durante a Idade Media compuxéronse cancións que aínda se conservan no cancioneiro checo. No século XV o reformista Jan Hus impulsou de xeito notable a canción relixiosa na Capela de Belén de Praga, e segundo os textos contemporáneos é compositor de varias pezas da época.[50]

No século XVI instalouse o famoso órgano da Catedral de San Vito. O Emperador Fernando I fundou nesta época a orquesta da corte, que os seus sucesores ampliarían posteriormente. Desta orquesta, formada por músicos de diversas nacionalidades, xurdiron diversas cancións populares checas.[51]

Teatro Estatal de Praga, lugar onde se estreou a ópera Don Giovanni, composta e dirixida por Mozart, en 1787
Antonín Dvořák

No século XVII a orquestra da corte foi levada a Viena aínda que aínda actuaban en Praga en ocasións especiais. A ópera estreouse en Bohemia no ano 1627 durante a coroación de Fernando II. Durante este século empezáronse a representar óperas no país, pero ningunha compañía estableceuse de xeito permanente.[52]

Coa coronación en 1723 de Carlos VI estreouse en Praga Constanza e fortezza por Joseph Fux, impresionando gratamente ao conde Spork quen decidiu a partires de entón que se represente ópera de forma permanente no seu teatro, baixo as ordes de Antonio Denzio. No século XVIII en paralelo produciuse un auxe da música popular checa, que chegou a influenciar á música europea contemporánea.[53] Nesta época Mozart viviu durante algún tempo en Praga e compuxo Don Giovanni, A casa que ocupou ao sur de Malá Strana, no barrio Smíchov, hoxe é un museo chamado Casa de Mozart. A ópera estreouse no Teatro Estatal de Praga.

Durante o século XIX, co auxe de Praga coincide a mellor época musical da cidade. Nesta época viviron en Praga os compositores checos máis soados, Antonín Dvořák e Bedřich Smetana. Dvořák e Smetana son uns dos autores que compuxeron algunhas das máis soadas composicións musicais checas como a ópera A noiva vendida.[54]

Herdeiros de Dvořák e Smetana son outros compositores que desenvolveron a súa carreira xa no século XX como Josef Suk, que chegou a participar na Olimpíadas dos Anxos en 1932 ou Leoš Janáček. Trala Primeira Guerra Mundial xurdiu o movemento anti-romántico, do que cabe destacar ao prolífico compositor Bohuslav Martinů, que desenvolveu a maior parte da súa carreira fora do país.[55]

Arquitectura

Sinagoga de Xerusalém, de estilo mudéxar e Art Nouveau
Antigo concello na praza vella da cidade

A rica historia de Praga permítelle ter grandes representacións de diversos estilos arquitectónicos. Os barrios de Staré Město, Malá Strana e Hradčany reúnen palacios de gran valor artístico.

Xa no século X Praga era un importante centro comercial. Nesa época existía un obispado, dous conventos de gran tamaño e unha comunidade xudía que habitaba en casas de pedra.

No século XIII comeza a utilizarse a pedra para as grandes construcións para en o XIV, grazas á influencia do Rei Carlos IV, desenvolverse un estudado deseño de Praga utilizando principalmente o estilo gótico que a converteu nunha cidade fermosa e en centro político-cultural de Europa.

Desta época son o edificio do Arzobispado e a Catedral de San Vito. Cos Habsburgo chega o renacemento con construcións tan orixinais como o Palacete da Estrela e tan fermosos como o Palacio da Familia Schwarzenberg ou a Casa do Minuto. Trala Guerra dos Trinta Anos chegou un periodo de decadencia para renacer baixo os influxos do barroco, con mostras tan interesantes como a Residencia de Verán da Familia Sternberken Troja ou o Palacio Clam-Gallas.

No século XVIII imponse o clasicismo francés e na segunda metade do século XIX pásase a un estilo persoal checo promovido polos compoñentes da coñecida como Xeración do Teatro Nacional como se pode observar na Casa dos Artistas e no Teatro Nacional. Este estilo propio desenvólvese intensamente coa Feira conmemorativa do país en 1891 que dá como froitos o Pavillón en ferro fundido que mandou construír o Príncipe Hanavsky, o Palacio Industrial de Holesovice e o Mirador do Outeiro.

Xa no século XX pásase ao modernismo cuxas principais mostras son a Casa Municipal, o Hotel Europa, o Palacio de Exposicións e a casa de Ginger e Fred.

Literatura

Franz Kafka, escritor autor de A metamorfose

Praga é berce de varios escritores de renome. Entre eles destacan Jan Neruda, Franz Kafka e Milan Kundera.

Neruda foi un poeta, dramaturgo e novelista checo, un dos principais representantes do realismo checo e membro da chamada Escola de maio. A súa obra máis recoñecida é Contos de Malá Strana (1877), un libro de relatos sobre a pequena burguesía praguense daquel, por entón, tranquilo barrio. O seu apelido inspirou o seudónimo de Pablo Neruda a Ricardo Neftalí Reyes Basoalto, quen se tomou a liberdade de cambiar a súa acentuación a grave. A rúa onde naceu leva hoxe día o seu nome.

Kafka é un dos escritores máis importantes do século XX en lingua alemá. A súa obra é unha das máis influíntes da literatura universal no último século, malia non ser moi extensa: foi autor de tres novelas (O proceso, O castelo e América), unha novela curta, A metamorfose, e un certo número de parábolas e relatos breves. Ademais, deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos, a maior parte publicados de forma póstuma. Gran parte da súa obra foi publicada trala súa morte polo seu amigo e confidente, Max Brod. A súa obra é expresiva, como ningunha outra, das ansiedades e a alienación do home do século XX. O Museo que leva o seu nome contén as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuales do escritor.

Kundera é un novelista que non naceu en Praga pero estudou na Universidade Carolina de Praga e deu clases de historia do cine na Academia de Música e Arte Dramática desde 1959 a 1969, e posteriormente no Instituto de Estudos Cinematográficos de Praga. É un novelista cuxa obra máis coñecida é A insoportable levedade do ser, pola que foi galardoado en diversas ocasións.

Cine

Praga é un lugar excelente para gozar co cine de animación. Son especialmente fermosos os espectáculos poéticos e cómicos de Karel Zeman que conseguiu animar personaxes de cristal e gravados en madeira e as obras de Jirí Trnka, o mestre do xénero, que creou as cine-óperas e os cine-ballets.

Aparte deste especial cine de animación en Praga existen numerosas salas onde se poden ver películas, sobre todo, americanas e europeas en versión orixinal e subtituladas en checo. As listas de películas atópanse nos xornais Prognosis e The Prague Post onde ademais figuran as direccións dos cines.

Deportes

Estadio Strahov, segundo estadio máis grande do mundo, ten un aforo de 220.000 espectadores.

Praga conta cunhas boas instalacións deportivas e foi candidata a albergar os Xogos Olímpicos de 1924 e de 2016 para estes últimos quedou descartada na pre-selección que realizou o COI o 4 de xuño de 2008.[56] En abril de 2008 manifestou a súa intención de atrasar a súa candidatura.[57]

Entre as súas instalacións deportivas atópase o segundo estadio máis grande do mundo, o Estadio Strahov, que pode albergar a 220.000 espectadores.[58] Tamén destaca o Sazka Area, construído en 2004 para o Campionato do Mundo Masculino de Hockey sobre Xeo de 2004.

Praga tamén é o escenario da Maratón Internacional de Praga, creada en 1995 e que se converteu nunha das máis prestixiosas maratones do mundo, e que se celebra en maio, con representantes de máis de 50 países.

Tamén acolleu a Copa Mundial de Skateboarding e diversas competicións internacionais de Floorball, deporte no que a República Checa é unha potencia, como o Campionato do Mundo de Floorball en 1998 e 2008 e o Campionato de Europa de Floorball en 2003.

Os principais equipos de fútbol da capital checa son o Sparta de Praga e o Slavia de Praga, que adoitan dominar a liga nacional. O Sparta de Praga gañou 10 das 15 ligas disputadas dende a fundación da República Checa.[59]

Turismo

Praga é considerada como unha das cidades máis fermosas do mundo.[60] No ano 2004 foi a sexta capital europea máis visitada polos turistas, só detrás de Londres, París, Roma, Madrid e Berlín.[61] De acordo cun estudo máis recente, Praga foi a vixésima cidade mundial en recibir turistas no ano 2006. A maior parte dos atractivos turísticos da cidade atópanse nos barrios que compoñen o casco vello da cidade, é dicir: Hradčany, Malá Strana, Staré Město e Nové Město.

Hradčany

Catedral de San Vito no Castelo de Praga

O distrito do castelo é o máis antigo de Praga. Os seus principais atractivos turísticos son:

  • O Castelo de Praga: Construído no século IX. Con 570 metros de longo e 130 de anchura media, é considerado a maior fortaleza medieval do mundo.[62] Dentro do recinto do castelo atópase a Catedral de San Vito (vexa a continuación), o Calexón do Ouro e a Alquimia, onde se reuniron varios alquimistas en busca da fórmula pra creares ouro, e cuxos experimentos recolléronse na Torre da Pólvora (Mihulka), de 1494. No citado calexón viviu durante varios anos Franz Kafka. Na zona atópase tamén a capela da Santa Cruz, do século XVIII, destacada polos seus frescos e empregada como axencia de cambio, a Casa do Preboste, do século XVII, o antigo Palacio Real, do século XII, dende onde se produciron as famosas defenestracións de Praga, a basílica de San Xurxo, erixida sobre unha antiga igrexa do ano 920, o Templo de San Xurxo, do século XVIII, a Galería do Castelo, instalada nos antigas cortes dos cabalos, aloxa na actualidade unha pinacoteca, a Torre Dalibor, onde foi encarcerado un violinista que deu orixe a unha ópera, o Palacio Lobkowicz, do século XVII, que hoxe alberga un museo histórico, a casa Burgrave, que aloxa un museo do xoguete, e a torre Negra, porta oriental do Castelo, foi en diversas ocasións da historia sé de distintos gobernos e é a residencia oficial dende 1918 do presidente da República. Foi remodelado polo arquitecto Jože Plečnik entre 1920-1934 a petición do presidente checo Masaryk.

Outros atractivos turísticos son os Xardíns do Castelo, o Palacio Salm, o Palacio Schwarzenberg, o Palacio do Arzobispo, o Palacio Sternberg, o Palacio Toscano, o Palacio Černín o Santuario do Loreto e a Igrexa de San Juan Nepomuceno.

Malá Strana

A Ponte de Carlos, debe o seu nome ao monarca que a mandou construir, o Rei Carlos IV, en 1357. Con 30 estatuas e 16 arcos é un dos principais atractivos turísticos da capital checa

O barrio de Malá Strana, que se pode traducir polo Lado Pequeno ou Barrio Pequeno, atópase ao carón ao Barrio do Castelo e nel atópanse esplendorosos palacios, igrexas e prazas, que floreceron ao abrigo da nobreza do imperio. Os principais monumentos son:

  • A Ponte de Carlos: É a ponte máis vella de Praga, atravesa o río Moldava da Cidade Vella á Cidade Pequena. A súa construción comezou en 1357 co visto e prace do Rei Carlos IV, e foi rematada a comezos do século XV. Ten unha lonxitude de 516 metros, e o seu ancho é de case 10 metros, á vez que se atopa apoiada en 16 arcos. Está protexida por 3 torres distribuídas entre as súas dúas cabeceras, dúas delas en Malá Strana e a restante no extremo ubicado na Cidade Vella. A torre localizada na cabecera da Cidade Vella é considerada por moitos como unha das construcións máis impresionantes da arquitectura gótica no mundo. A ponte está decorada por 30 estatuas situadas a ambos os dous lados do mesmo, a maior parte das cales son de estilo barroco e foron construídas ao redor do 1700. Artistas e comerciantes tratan de facer diñeiro a expensas do importante fluxo de turistas que todos os días visitan o lugar.
  • O Mosteiro de Strahov: Mosteiro fundado no século XII. O mosteiro incendiouse e posteriormente reconstruiuse en estilo barroco. Atópase no outeiro ao oeste do castelo. Inclúe as igrexas da Asunción da Virxe e de San Roque e as Bibliotecas Filosófica e Teolóxica, que albergan libros de incalculable valor histórico.
  • A Igrexa de San Nicolás: Igrexa finalizada en 1710, de estrutura curvilínea, e interior ricamente decorado. Está situada na Praza de Malá Strana e Mozart tocou o órgano na súa estancia en Praga.

Tamén ten moito interese turístico a Rúa Nerudova -na que se atopan o Palacio Bretfeld, o Palacio Thun-Hohenstein e o Palacio Moržin-, o Palacio de Lichtenstein o Concello do Distrito, o Palacio Smirickych, o Palacio Schönborn, o Palacio Lobkowicz, o Palacio Vrtba, a Igrexa da nosa señora da Vitoria, a Igrexa da nosa Señora da Cadea, a Igrexa de San Xosé, o Palacio Wallenstein ou a Torre Petrin.

Staré Město

Reloxo Astronómico -Orloj- do século XV, o máis antigo de Europa

Eixo histórico de orixe medieval, reúne algúns dos edificios máis antigos da cidade, que se erguen en torno á Praza do Concello.

  • A Igrexa de Tyn: Situada preto da praza da Cidade Vella, comezou a erixirse no século XIV pero non foi rematada ata o século XVI. Malia as moitas reformas que sufriu, o seu estilo principal é o gótico. O seu elemento máis característico son a parella de torres xemelgas que se erguen por riba dos tellados da praza da Cidade Vella. No seu interior gárdase unha pila bautismal de peltre de 1414, a máis antiga da cidade, unha Crucifixión de comezos do século XV, un altar maior barroco, de 1649 e a tumba do astrónomo Tycho Brahe, que formulou unha teoría intermedia entre os sistemas copernicano e ptolemaico para amortecer os ataques da igrexa e avanzar ao mesmo tempo na astronomía.
  • O Concello Vello: Trátase dun desordenado complexo de edificios. O seu elemento máis famoso é o reloxo astronómico (Orloj), de 1410, o máis antigo do seu tipo en Europa. Cada vez que dá a hora saen unhas figuras que representan aos doce apóstolos e outros personaxes. Un dos edificios renacentistas posúe unha fiestra dourada co antigo escudo da cidade. Xa non ten funcións administrativas e o seu interior pode ser visitado.
  • A Sinagoga Vella-Nova: É unha das máis vellas sinagogas de Europa. Foi fundada preto do 1270 e é un dos primeiros edificios de estilo gótico da cidade. A sinagoga sobreviviu aos lumes, á demolición do ghetto no século XIX e aos moitos pogroms acontecidos. O inmoble atópase en Josefov, o barrio xudeu de Praga. Hai soamente unha sinagoga do mesmo tipo, A Sinagoga Vella de Cracovia en Polonia.

Outros atractivos turísticos son os restos do Karolinum, o Klementinum, o Rudolfinum, a Igrexa de San Nicolás, o Cemiterio Xudeu e o Convento de Santa Inés.

Nové Město

Casa danzante ou de Ginger e Fred, é o principal edificio contemporáneo dende o punto de vista arquitectónico

A Cidade Nova é unha extensión da Cidade Vella que data do século XIV. Os seus principais atractivos son:

  • A Casa Danzante: é un famoso edificio deconstructivista situado en Praga. Foi deseñado polo gabinete de arquitectos de Frank Gehry e Vlado Milunic en 1997. Pola súa semellanza cunha parella de bailaríns, é tamén coñecida como Ginger and Fred. Malia o seu estilo deconstructivista, o inmoble intégrase perfectamente co resto das edificacións antigas da zona.
  • A Praza de Venceslao: constitúe o centro comercial da cidade. A praza está coroada pola estatua de San Venceslao, patrón de Bohemia. Nun extremo da praza sitúase o Museo Nacional. A praza é esceario das principais manifestaciones políticas da cidade. Foi esceario da Primavera de Praga e do comezo da Revolución de Veludo.

Outros atractivos do distrito son a Porta da Pólvora, a rúa Na Prikope, a Casa Municipal, o Teatro Nacional ou a Praza de Carlos.

Transporte

Plano do transporte público de Praga

O transporte público de Praga inclúe o Metro de Praga, o tranvía, autobuses, o funicular Petřín que ascende o monte Petřín, un telesilla no Zoo e tres ferries. O sistema está integrado como ‘’Transporte urbano integrado de Praga’’[63] e está administrado por Dopravní podnik hl. m. Prahy, a.s. e outras empresas.[64]

O tráfico en Praga non é moi seguro. A República Checa figura no sexto lugar de Europa pola perigosidade das súas estradas.[65] A finais dos 90 o número de vehículos para uso privado medrou de xeito exponencial, chegando ao 85% de incremento ao longo da década.[66] Dende entón os problemas asociados ao tráfico son comúns en Praga, malia empregar o 57% da poboación o transporte público para desprazarse.[67]

Además Praga cuenta con un aeropuerto internacional.

Transporte aéreo

Aeroporto Internacional de Ruzyně

O aeroporto da cidade é o Aeroporto Internacional de Ruzyně, situado preto da cidade. Foi inaugurado en 1937 e atópase a 10 kilómetros da capital. O aeroporto constitúe o maior da República Checa, contando con catro terminais -Norte1, Norte2, Sur1 e Sur2-, malia que habitualmente adoitanse empregar só as dúas primeiras. Con 10,8 millóns de pasaxeiros en 2005 é o aeroporto con máis tráfico de pasaxeiros da europa central e oriental.[68] O aeroporto é o centro de comunicacións da aeroliña Czech Airlines.

O transporte público dende e cara o centro de Praga consiste en tomarse o autobús número 119 ata a estación do subterráneo Dejvická e realizando un transbordo á Liña Verde (Línea A) do subterráneo, ou o expreso número 100 ata a estación do subterráneo Zličín da Liña Amarela (Línea B), aínda que lonxe do centro. Unha viaxe típica implica uns 40 minutos. Tamén existen outros servizos de autobús que operan despois da medianite, cando as liñas do subterráneo deixan de operar.

Dende o 11 de decembro de 2005 a liña AE (Airport Express ou Expreso Aeroporto) realiza o traxecto RW Station Holešovice -Terminal Norte 1 - Terminal Norte 2 - AP Ruzyně; presta servizo tódolos días, dende as 5.00 ás 22.00 horas, cun intervalo de 30 minutos; a tarifa especial é de 45 CZK.

Un dos premios máis importantes que recibiu o Aeroporto Internacional de Ruzyně inclúe o Diploma e Medalla de Ouro recibidos en 1937 en ocasión da Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (Exposición Internacional de Artes e Técnicas) realizada en París no ano 1937 pola concepción técnica do aeroporto central, especialmente a arquitectura do seu edificio para o check-in (actual Terminal Sur 1) deseñado polo arquitecto enseñeiro A. Beneš.

O antigo aeroporto de Praga atópase no suburbio de Kbely. Dende a Segunda Guerra Mundial emprégase exclusivamente pra voos militares. Existen outros dous pequenos aeroportos en Praga, adicados a voos domésticos ou como aero clubs; son os de Letňany e Tocna.

Metro

Estación de Střížkov, na liña C

O Metro de Praga esta composto por 3 liñas – a liña A ou verde, a liña B ou amarela e a liña C ou vermella-, e 55 estacións. A súa lonxitude é de 54 kilómetros. Existen interseccións entre as tres liñas nas estacións de Můstek –liñas A e B -, Florenc – liñas C e B-, e Muzeum – liñas A y C -.

O metro comezou a funcionar o 9 de maio de 1974 e actualmente ten aproximadamente 500 millóns de pasaxeiros anuais.


Autobús

Praga ten 180 liñas de autobuses diurnos e 16 nocturnos, con 2.510 paradas en total.

O primeiro autobús urbano comezou a circular en 1908, pero por diversos problemas técnicos o seu uso foi suspendido ata 1925 cando volveu funcionar. A día de hoxe é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.

Tranvía

Un dos tranvías de Praga

O Tranvía de Praga conta con 26 liñas diurnas e 9 nocturnas, 628 paradas e 553 kilómetros de vías.

O tranvía comezou a funcionar en Praga en 1875, naquel entón tirado por cabalos. En 1901 inaugurouse o primeiro tranvía eléctrico, que finalmente desplazou ao tirado por cabalos en 1905. A día de hoxe o Tranvía é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.

Taxis

Praga está dividida en tres sectores onde operan varias empresas de servizos de taxi, algunhas delas ofrecen servizo telefónico de reserva. Tamén existen taxistas clandestinos, que son famosos por aproveitarse dos turistas cobrando un sobreprezo. Este feito é mencionado na guía Lonely Planet e foi causa dunha reportaxa da CNN.[69]

Transporte Interurbano

Praga conta con servizo de transporte público que a conecta cos concellos da súa área metropolitana, as cidades da rexión, e coas principais cidades do país, tanto por tren como por autobús.

Ferrocarril

Praga é o centro do sistema ferroviario da República Checa, ofrecendo transporte a calquera parte do país.

A cidade posúe dúas estacións internacionais, Hlavní nádraží (tamén coñecida por Wilsonovo nádraží) e Praha-Holešovice. Xunto a estas atópanse na cidade outras dúas importantes estacións, onde tamén paran outros tren con destino nacional. Son Praha-Smíchov e Masarykovo nádraží. Por ultimo hai varias estacións máis de menor categoría.


Ligazóns externas


Modelo:Link FA

Modelo:Link FA

Referencias

  1. Concello de Praga. "The City of Prague" (en inglés). Consultado o 12-06-2008. 
  2. Concello de Praga. "Basic demographic data" (en inglés/checo). Consultado o 10-06-2008. 
  3. Urban Audit. "Urban Audit: City Profiles" (en inglés). Consultado o 10-06-2008. 
  4. Euromonitor International. "Top 150 City Destinations: London Leads the Ways" (en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  5. Globalization and World Cities. "Inventory of World Cities". Consultado o 12-06-2008. 
  6. Radio Praga. "Zlatá Praha- la Praga Dorada" (en castelán). Consultado o 05-05-2008. 
  7. Radio Praga. "Zlatá Praha- la Praga Dorada" (en castellano). Consultado o 05-05-2008. 
  8. Radio Praga. "Zlatá Praha- la Praga Dorada" (en castellano). Consultado o 05-05-2008. 
  9. Concello de Praga. "Historia" (en castelán). Consultado o 20-04-2008. 
  10. Universidade Técnica Checa de Praga. "Virtual reconstruction of Celtic oppidum Zavist near Prague" (en inglés). Consultado o 20-04-2008. 
  11. Radio Praga. "Fiesta Nacional de San Cirilo y Metodio" (en castelán). Consultado o 20-04-2008. 
  12. Oficina de Turismo da República Checa. "Historia de Praga" (en castelán). Consultado o 20-04-2008. 
  13. Generación Alterna. "Historia de Praga" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  14. El País. "Praga celebra el 650º aniversario del Puente de Carlos" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  15. infoplease. "Hussite Wars" (en inglés). Consultado o 17-05-2008. 
  16. Gerhard Rempel. "The Thirty-Years-War" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  17. MSN Encarta. "Checoslovaquia" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  18. El Día de Praga. "De la ocupación alemana a la soviética (1938-1968)" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  19. El Día de Praga. "De la ocupación alemana a la soviética (1938-1968)" (en castellano). Consultado o 17-05-2008. 
  20. Universidad Carlos III de Madrid. "La primavera de Praga" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  21. Universidad Carlos III de Madrid. "Revolución de Terciopelo" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  22. "Unión Europea – cada vez son más". Deutsche Welle 16.06.2003 (en español). 2003. Consultado o 23-05-2007. 
  23. La voz de Galicia. "Revolta en Praga contra a globalización".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  24. La voz de Galicia. "Clausurada un día antes e por sorpresa a asemblea do Fondo Monetario Internacional".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  25. La voz de Galicia. "Máis de 200.000 evacuados polas inundacións na República Checa". Consultado o 02-11-2008. 
  26. Oficina Estadística de la República Checa. "Long-term development of the population: Prague city sections" (en inglés). Consultado o 10-06-2008. 
  27. Oficina Estatística da República Checa. "STATISTICAL YEARBOOK OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE 2004" (en inglés). Consultado o 22-04-2008. 
  28. Oficina Estatística da República Checa. "STATISTICAL YEARBOOK OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE 2004" (en inglés). Consultado o 22-04-2008. 
  29. Oficina Estatística da República Checa. "STATISTICAL YEARBOOK OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE 2004" (en inglés). Consultado o 22-04-2008. 
  30. Oficina Estatística da República Checa. "STATISTICAL YEARBOOK OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE 2004" (en inglés). Consultado o 22-04-2008. 
  31. Instituto Nacional de Estatística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  32. Oficina de Estatística da República Checa. "Foreigners: 31 December" (XLS) (en inglés/checo). Consultado o 12-06-2008. 
  33. Oficina de Estatística da República Checa. "Foreigners: by selected citizenship and region, 31 December 2006" (XLS) (en inglés/checo). Consultado o 12-06-2008. 
  34. PIB per cápita regional de la UE-27 (alemán) (PDF), Eurostat, 7 de xullo de 2007
  35. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  36. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  37. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  38. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  39. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  40. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  41. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  42. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  43. Radio Praha. "O número de turistas en 2005 bate o récord" (en castelán). Consultado o 19-04-2008. 
  44. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  45. Instituto Nacional de Estadística da República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Consultado o 11-06-2008. 
  46. Museo nacional de Praga
  47. Museo xudeu
  48. Museo Alfons Mucha
  49. Museo Franz Kafka
  50. Radio Praga. "Historia da música checa - Música medieval" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  51. Radio Praga. "Historia da música checa - Música renacentista" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  52. Radio Praga. "Historia da música checa - Música barroca" (en castelán).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  53. Radio Praga. "Historia da música checa - Música clasicista" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  54. Radio Praga. "Historia da música checa - Música romántica" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  55. Radio Praga. "Historia da música checa - Música do século 20" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  56. Cinco días. "Madrid, candidata oficial para os JJ OO de 2016" (en castelán).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  57. Madridiario. "Praga desecha facerse cos Xogos de 2016" |url= incorrecto (Axuda) (en castelán). Consultado o 18-05-2008. 
  58. Prague Post. "Rethinking 'Fortress Strahov'" (en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  59. Sparta de Praga. "Achievements" (en inglés).  Parámetro descoñecido |datacceso= ignorado (Axuda)
  60. UNESCO. "World Heritage List Evaluation" (PDF) (en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  61. Radio Praga. "Prague, sixth most visited city in Europe, attracting more UK tourists" (en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  62. Segundo o Libro Guinnesss dos Records
  63. Páxina oficial da República Checa. "Transporte urbano integrado de Praga" (en castelán).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  64. http://ropid.cz/en/e-dopravci.htm lista completa
  65. Radio Praga. "Aumenta número de accidentes en carreteras checas" (en castelán). Consultado o 23-04-2008. 
  66. UDI Praha (Instuto de Ingeniería del Transporte). "The yearbook of transportation Prague 2004 - Chapter 2" (en inglés). Consultado o 23-04-2008. 
  67. UDI Praha (Instuto de Enxeñería do Transporte). "The yearbook of transportation Prague 2004 - Chapter 1" (en inglés). Consultado o 23-04-2008. 
  68. Estadísticas Oficiales para el 2005
  69. Prague TV. "Overpriced Taxis" (en inglés). Consultado o 23-04-2008.