Ramón Fernández Mato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 52: Liña 52:


[[Categoría:Personalidades do xornalismo|Fernandez Mato, Ramón]]
[[Categoría:Personalidades do xornalismo|Fernandez Mato, Ramón]]

[[ca:Ramón Fernández Mato]]

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2008 ás 17:57

Ramón Fernández Mato (Boiro, 13 de maio de 1889Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro de 1980) foi un xornalista, escritor e político galego.

Biografía

Naceu en Cespón (Boiro), de onde procedía a súa familia materna, aínda que a paterna era orixinaria de Outeiro de Rei (era tío de Manuel María). Estivo moi vinculado ao Valadouro polo seu matrimonio con Josefa López, natural de Ferreira e filla dun adiñeirado contratista que construiu numerosas estradas da rede viaria provincial.

Estudou medicina. Foi amigo persoal de Castelao (con quen fundou na súa xuventude a revista Galicia Moza) e de Valle Inclán. En 1910 presidiu en Santiago a asociación Joven Galicia, que esixía a creación da cátedra de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa na Universidade e que se crease teatro en galego. Participou no movemento agrarista con Basilio Álvarez. Residiu na Arxentina entre 1914 e 1915.

Pero a súa actividade máis importante é a de xornalista. Foi o primeiro director de El Pueblo Gallego, ademáis de colaborar en múltiples xornais e revistas: Suevia (Santiago, 1917); a coruñesa Vida; La Zarpa, Ronsel, Vida Gallega, El Regionalista de Chantada, Mi Tierra (Ourense, 1911), Gaceta de Galicia; Cultura Gallega da Habana, onde publicou relatos entre 1936 e 1940; Caras y Caretas e La Nación de Bos Aires; La Esfera, Nuevo Mundo e El Liberal de Madrid; Prensa Libre e Carteles da Habana. Dirixiu tamén a revista Raíz. España en América da Habana.

Fundou unha biblioteca mariñeira en Bouzas, polo que foi condecorado coa Gran Cruz del Mérito Naval. Foi presidente do Real Club Celta, Presidente de Mérito do Centro Galego de Madrid e membro da Real Academia Galega.

Figura destacada na II República, participou nos gabinetes de Alejandro Lerroux, Portela Valladares e Casares Quiroga, con cargos como o de Director Xeral de Seguridade. Foi gobernador civil de Cidade Real (16-6-1932 a 19-3-1933), Málaga (19-3-1933 a 14-9-1933), Logroño (14-9-1933 a 19-9-1933) e Xaén (11-2-1934 a 27-11-1935). En 1936 foi elixido deputado nas Cortes da Segunda República pola provincia de Lugo.

A Guerra Civil obrígao a exiliarse en Cuba, Venezuela e Santo Domingo, onde dirixe o diario La Nación e escribe, baixo a protección do ditador Rafael Leónidas Trujillo, o panexírico Trujillo o la transfiguración dominicana.

Foi, segundo Borobó, o único exiliado republicano galego que, xunto a Álvaro das Casas, se converteu ao franquismo no exilio. Voltou a España, na década dos sesenta, da mán do entón Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, que, previo paso por Foz, conséguelle a quinta Miña Terra en Vilagarcía.

Morre en Vilagarcía de Arousa en 1980. Os seus restos foron trasladados ao cemiterio de Ferreira.

Obras

Narrativa

  • El atrio profanado (1913).
  • La tragedia del delantero centro (1929).

Teatro

  • La galleguita. Zarzuela en un acto con José R. Lence (estrenada no Teatro de la Comedia de Bos Aires o 22 de outubro de 1914).
  • La retirada.
  • El altar.
  • Muros de oro (1917).
  • Heroica cobardía (1922).
  • Estirpe.
  • Yo quiero ser monja.
  • La montaña.

Poesía

  • Títeres del corazón (1931).

Ensaio

  • Patriotismo. Conferencia dada en el “Círculo de las Artes” el día 6 de noviembre de 1916 (Lugo, 1916).
  • Con los ojos del recuerdo. España (1941).
  • Trujillo o la transfiguración dominicana (1945).
  • Galicia como emoción y realidad (1964).
  • La pelea gozosa (1965).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lembrando a Fernández Mato. Concello de Boiro (Cadernos Culturais, 4)

Ligazóns externas