Ramón María Tenreiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ca:Ramón María Tenreiro Rodríguez
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2008 ás 01:34

Ramón María Tenreiro Rodríguez (1879-1939) foi un escritor en lingua castelá e un político galego. Era irmán do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.

Biografía

Ramón Tenreiro naceu na Coruña no ano 1879. Estudou no instituto Eusebio da Guarda e máis en París, onde foi compañeiro de Picasso. Era licenciado en Dereito. De natureza enfermiza, aínda novo foille amputada unha perna.

Amigo persoal de Manuel Azaña, foi militante de ORGA primeiramente e máis tarde o sería de Izquierda Republicana. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais españolas de 1931. Cando estalou a guerra civil española foi nomeado secretario da embaixada española de Berna, Suíza. Faleceu en Bine, nas beiras do lago Neuchâtel, en 1939.

Escribíu narracións en lingua castelá e traducíu do alemán algunhas obras. Algunhas das súas narracións foron vertidas a outros idiomas. Asimesmo colaborou en diversas recistas e xornais.

Obras (selección)

  • La agonía de Madrid o la cola del cometa (1910).
  • La promesa (1926).
  • La esclava del Señor (1927).
  • La ley del pecado (1930).
  • Libros de caballerías (Amadís de Gaula, Palmerín de Inglaterra) (1935), adaptación.

Traducións (selección)

Ligazóns externas