Quique Morales: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m bot Engadido: es:Quique Morales |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
[[Categoría:Xornalistas de Galicia|Morales, Quique]] |
[[Categoría:Xornalistas de Galicia|Morales, Quique]] |
||
[[es:Quique Morales]] |
Revisión como estaba o 20 de novembro de 2008 ás 17:10
Enrique Morales Ferro (Pontevedra, 16 de febreiro de 1977) é un reporteiro de televisión galego.
É licenciado en Ciencias da Información, rama de Publicidade e Relacións Públicas pola Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais da Universidade de Vigo.
Desde moi novo comezou a traballar na radio, aproveitando a oportunidade que lle deron os 40 Principales de Pontevedra ós catorce anos.
Logo de estudar a carreira en Pontevedra, Quique traballou durante catro anos na Radio Galega presentando todo tipo de programas. Da radio pasou á Televisión de Galicia (TVG) onde percorreu a maioría das cidades e pobos traballando como reporteiro para as conexións en directo dos informativos e programas da canle. Tamén presentou un programa de cociña na mesma cadea e chegou a compaxinar radio e televisión.
Ata que Ricardo Medina -director de España Directo- púxose en contacto con el para ofrecerlle o posto de reporteiro na delegación do noroeste peninsular -Asturias, A Coruña, León, Lugo, Ourense e Pontevedra-, e posteriormente nunha sección de consellos e remedios caseiros.