FLAC: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca, cs, da, de, en, es, fi, fr, he, hu, id, it, ja, ko, nl, no, pl, pt, ru, simple, sk, sv, tr, uk, vi, zh
Liña 49: Liña 49:
[[simple:FLAC]]
[[simple:FLAC]]
[[sk:Free Lossless Audio Codec]]
[[sk:Free Lossless Audio Codec]]
[[sv:FLAC]]
[[sv:Free Lossless Audio Codec]]
[[tr:FLAC]]
[[tr:FLAC]]
[[uk:FLAC]]
[[uk:FLAC]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2008 ás 14:57

O FLAC (acrónimo de Free Lossless Audio Codec; en galego: Códec libre de compresión de audio sen perdas) é un formato de compresión de audio similar ao MP3, que posúe un algoritmo de compresión que non causa perdas de calidade no son. Traballa dunha maneira similar ao Zip pero está pensado especificamente para audio, e os arquivos comprimidos pódense escoitar cun programa reprodutor como cun arquivo MP3.

Características

  • Non hai perda de calidade: a codificación do audio (PCM) non produce perda de información e o audio descodificado é idéntico bit a bit ao arquivo inicial. Cada cadro contén un CRC de 16 bit dos datos do propio cadro para detectar erros de transmisión. A integridade dos datos de audio pode asegurarse aínda máis gardando unha sinatura MD5 dos datos orixinais na cabeceira do arquivo, que pode ser comparada máis adiante durante a descodificación.
  • Rápido: FLAC é asimétrico en favor da velocidade de descodificación. A descodificación require aritmética de enteiros, e precisa de moitos menos recursos de computación que para a maioría de códecs. A descodificación en tempo real pódese conseguir doadamente incluso en hardware modesto.
  • Soporte hardware: FLAC está soportado por ducias de aparatos, dende reprodutores portátiles a radios de coche, pasando por equipos de alta fidelidade.
  • Metadatos flexibles: o sistema de metadatos de FLAC soporta etiquetas, portada, táboas de busca e cue sheets. As aplicacións poden escribir os seus propios metadatos unha vez rexistren un ID. Pódense definir e implementar novos bloques de metadatos no futuro sen perxudicar ás aplicacións antigas.
  • Buscable: FLAC soporta unha rápida busca con precisión de mostras. Non é só útil para a reproducción, senon que fai que FLAC se axeite ás aplicacións de edición.
  • Axeitado para arquivar: FLAC é un formato aberto, e non se producen perdas se precisas convertir os teus datos a outro formato no futuro. Ademais ao CRC de cada cadro e á sinatura MD5, FLAC ten unha opción de verificación que descodifica o fluxo de datos codificados en paralelo ao proceso de codificación e compara o resultado ao orixinal, abortando con un erro se os datos non son iguais.
  • Práctico para arquivar CD: FLAC ten metadatos de "cue sheet" para gardar a táboa de contidos dun CD e todos os puntos de pista e índice. Por exemplo, podes converter un CD nun só arquivo, importar a cue sheet do CD durante a codificación para conseguir unha representación do CD nun só arquivo. Se o teu CD orixinal resulta danado, a cue sheet pode ser exportada máis adiante para poder gravar unha copia exacta.
  • Resistente aos erros: Debido ao encadrado de FLAC, os erros de fluxo limitan o dano ao cadro no que o erro ocurriu, normalmente unha pequena fracción dun segundo de datos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Páxina web oficial do códec FLAC