Órgano Hammond: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
Liña 34: Liña 34:
[[eo:Hammond-orgeno]]
[[eo:Hammond-orgeno]]
[[es:Órgano Hammond]]
[[es:Órgano Hammond]]
[[et:Hammondi orel]]
[[fi:Hammond-urut]]
[[fi:Hammond-urut]]
[[fr:Orgue Hammond]]
[[fr:Orgue Hammond]]
Liña 41: Liña 42:
[[it:Organo Hammond]]
[[it:Organo Hammond]]
[[ja:ハモンドオルガン]]
[[ja:ハモンドオルガン]]
[[ko:해먼드 오르간]]
[[nl:Hammondorgel]]
[[nl:Hammondorgel]]
[[no:Hammondorgel]]
[[no:Hammondorgel]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2008 ás 05:43

Órgano Hammond

Un órgano Hammond é un instrumento musical baseado nos principios do electromagnetismo e da amplificación a través de altofalantes individuais, creado polo inventor estadounidense Laurens Hammond (1895-1973) e a súa produción vai desde 1935 ata 1978. A empresa do inventor deste instrumento non só estivo vinculada á música, senón que tamén desenvolveu e comercializou outras invencións, tales como dispositivos de cambio automático para automóbiles, reloxos de parede, etc.

Como características principais, este órgano presenta un moble de madeira, pechado ou con catro patas (modelo B3), de aspecto sobrio cun sistema de 25 (modelo B3) ou 32 (modelo RT3) pedais para os sons do baixo. Na consola, hai dous teclados de cinco oitavas e, enriba destes, hai catro xogos de nove drawbars ou barras deslizantes que permiten engadir armónicos (xerados mediante rodas fónicas -Tone Wheels, polo seu nome en inglés-) aos sons fundamentais do instrumento. Conta cun altofalante xiratorio acabado en dúas trompetas (unha delas muda) instalado sobre un motor que vira a dúas diferentes velocidades: Slow-Fast (Lento-Rápido)/Tremolo-Chorale. Este sistema de amplificación, chamado Leslie, é en gran parte responsable do seu característico timbre, pero non foi nunca vendido por Hammond, xa que Leslie e Hammond foron (durante o período dourado da marca) empresas totalmente separadas, e rivais posto que Laurens Hammond nunca foi partidario da utilización deste tipo de altofalante.

O apoxeo do Órgano Hammond tivo lugar nos anos 60 e 70, destacando en diversos xéneros musicais, tanto no jazz, no rock, como tamén no soul, no gospel e a música lixeira.

En 1955 xurdiron os modelos hoxe denominados clásicos tales como B3, C3 e RT3, que expandiron a súa popularidade, sendo adoptado por músicos, inicialmente pianistas, da talla de Jimmy Smith, Juan Torres, Wild Bill Davis, Shirley Scott, Jack McDuff, Jimmy McGriff, Lou Bennett, John Patton, John Medeski, Richard 'Groove' Holmes, Bradley Joseph no jazz; e John Evan (membro de Jethro Tull), Keith Emerson (ELP), Jon Lord (do grupo Deep Purple), Richard Wright (integrante de Pink Floyd),Tony Banks (virtuoso teclista de Genesis),Rick Wakeman (integrante de Yes) e Joe Cocker, no xénero do rock, entre outros.

No ano 2002, a empresa xaponesa Suzuki adquiriu o nome e desde entón chámase Hammond-Suzuki. Baixo esta marca, fabrica recreacións do instrumento orixinal usando sons mostreados do órgano modelo B3 orixinal. De todas as maneiras, estes produtos son obxecto de competencia polos outros fabricantes de sintetizadores e teclados como Casio, Roland (serie VK), Korg (series CX e BX), Clavia (series Nord Electro e Nord Stage) e Yamaha. Con todo, na actualidade aínda é posible adquirir novas versións dixitais do modelo B3; ata existe a versión de luxo, e a versión portátil.

Actualmente poden atoparse, debido ao seu enorme custo, sobre todo, en Estados Unidos, Francia e Alemaña.

O órgano que fala

Cara aos anos 50, os músicos Evaristo Enríquez Zavala e Ernesto Hill Olvera (invidente) descubriron, aparentemente en forma independente, que movendo de determinado xeito as barras deslizantes do Órgano Hammond, era posible emular os sons das vogais.

Barras deslizantes nun órgano Hammond. Movendo estas barras de xeito adecuado é posible que o órgano "vocalice"

Se a iso sumamos a melodía executada cos teclados, obtense o efecto do Órgano que fala (ou canta). Con todo, foi Hill Olvera quen explotou comercialmente este achádego, a traverso das súas actuacións persoais, eventuais aparicións no cine mexicano e os dous discos que gravou en toda a súa traxectoria. Esta técnica non foi popularizada, a pesar de que Hill Olvera difundiu o segredo da mesma, debido a razóns tales como que a manipulación constante das barras podía desgastalas rapidamente ou ben, porque formar as vogais mentres se executa a melodía, quítalle velocidade ao organista e dificulta o labor de facer arranxos para os instrumentos acompañantes. De feito, na actualidade só os músicos que posúen equipos Hammond orixinais poden executar esta técnica xa que os teclados electrónicos de hoxe en dia carecen destas barras, xustamente para facelos compatibles coa norma MIDI.

Ligazóns externas