Seychelles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 50: Liña 50:
| notas =
| notas =
}}
}}
A '''República de Seychelles''' é un grupo de 115 illas situadas no [[Océano Índico]], ao nordés de [[Madagascar]], cunha superficie total de 455 [[km²]]. A súa capital, ''[[Victoria, Seixeles|Vitoria]]'', é a única cidade do arquipélago, situada na illa ''[[Mahé]]'', habitada por un terzo da poboación. Pertence á [[Commonwealth]].
A '''República de Seychelles''' é un grupo de 115 illas situadas no [[Océano Índico]], ao nordés de [[Madagascar]], cunha superficie total de 455 [[km²]]. A súa capital, ''[[Victoria, Seixeles|Victoria]]'', é a única cidade do arquipélago, situada na illa ''[[Mahé]]'', habitada por un terzo da poboación. Pertence á [[Commonwealth]].





Revisión como estaba o 20 de novembro de 2008 ás 00:36

Modelo:Infobox País A República de Seychelles é un grupo de 115 illas situadas no Océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital, Victoria, é a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth.


Posúe o único aeroporto e porto internacional do país, que recibe voos desde os aeroportos internacionais máis importantes do mundo, xa que a principal fonte de divisas do país é o turismo.

Unha das atraccións principais de Victoria é o Xardín Botánico onde poden observarse as tartarugas xigantes que só se atopan nestas illas e nas illas Galápagos.

A etnia predominante é a seychellois de raíces africanas e francesas, pero tamén hai minorías chinesas e indias. A maioría da poboación profesa o catolicismo, un 8% da poboación son anglicanos e hai un 2% de diversas relixións.

Seixeles é o que se coñece como un paraíso tropical. As illas conservan a súa beleza natural, con fermosas praias e un mar con excelentes condicións para os amantes do mergullo. Ten clima tropical con temperaturas que, anualmente, oscilan entre os 25 e 30ºC, con meses moi chuviosos de novembro a maio cando son alcanzadas polos ventos monzónicos.

O 26 de decembro do 2004, as illas foron afectadas polo tsunami causado por un terremoto submarino con epicentro en proximidades de Indonesia. O tsunami cobrou máis de 300.000 vítimas en diversas zonas do Océano Índico. No caso das Seixeles, os danos estimados chegaron aos 30 millóns de dólares, aínda que non sufriron perdas humanas xa que a poboación foi alertada sobre o desastre.

Historia

As illas estaban deshabitadas cando comezaron a chegar comerciantes árabes. Os primeiros europeos en visitalas foron os portugueses en 1505. Ao estar na ruta cara a Asia, foron ocasionalmente ocupadas por piratas ata que Francia tomou posesión do territorio en 1756, recibindo o seu nome actual en honra do entón ministro de finanzas francés Jean Moreau de Séchelles.

O Reino Unido controlou as illas entre 1794 e 1811, sendo ocupadas definitivamente polos ingleses en 1814 logo das Guerras Napoleónicas. Convertéronse en colonia separada de Mauricio en 1903 e a independencia foi concedida en 1976 dentro da Commonwealth. O 5 de xuño de 1977 o avogado France-Albert René, quen era o primeiro ministro, tomou o poder e convértese en presidente, cargo no que se mantén ata o 14 de abril de 2004. A Constitución de 1979 fixo do país unha república socialista de partido único ata 1992. O sucesor de René é o actual presidente James Alix Michel, quen foi reelixido o 31 de xullo de 2006.

Goberno e política

O presidente de Seixeles, quen é tanto o Xefe de estado como a cabeza do goberno, é elixido por votación popular por un período de 5 anos de oficio. A cámara de parlamento de Seixeles e a Asemblea Nacional consiste de 34 membros dos cales 25 son elixidos por votación popular, mentres que os 9 postos restantes son nomeados proporcionalmente de acordo á porcentaxe de votos recibidos por cada partido. Os mandatos de todos os membros teñen unha duración de 5 anos.

Organización político-administrativa

O famoso reloxo do centro de Victoria, capital de Seixeles


Seychelles divídese en 25 distritos:


Xeografía

Mapa das Seixeles.

As Seixeles son un arquipélago no Océano Índico. Está composto por unhas 115 illas tropicais, de orígen granítico e coralino. Delas, só 33 están habitadas. As chamadas Illas Interiores son o núcleo do país. As restantes illas son atois coralinos máis pequenos, moitos deles deshabitados. A illa de maior tamaño é Mahé.

A capital do país é a cidade de Victoria, situada en Mahé, nela vive cerca do 80% da poboación total. O punto máis alto das Seychelles é o Morne Seychellois que ten unha altura de 905 m.

O clima local é tropical, amornado e bastante húmido por influencias mariñas.

Ecoloxía

O arquipélago das Seychelles divídese en dúas ecorregiones:

Economía

Artigo principal: Economía de Seixeles.

Demografía

O porto de Victoria.

Como as illas das Seychelles non tiveron poboación indíxena, os actuais seychellenses están compostos de inmigrantes, no seu maior parte de ascendencia francesa, africana, india e chinesa. O francés e o inglés son os idiomas oficiais xunto cun idioma criollo baseado no francés. A maioría dos seychellenses son cristiáns, no seu maior parte católicos.

Ligazóns externas