Pantera Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corrección de topónimo
lig int
Liña 5: Liña 5:
Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na [[A Coruña|Coruña]] e logo como presentador no porgrama de [[televisión]] ''[[Luar]]''. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.
Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na [[A Coruña|Coruña]] e logo como presentador no porgrama de [[televisión]] ''[[Luar]]''. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.


O [[8 de abril]] de [[2000]] recibiu unha homenaxe no [[polideportivo de Fontecarmoa]], no [[O Carril, O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] e dous meses despois falecía dun [[tumor cerebral]].
O [[8 de abril]] de [[2000]] recibiu unha homenaxe no [[polideportivo de Fontecarmoa]], no [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] e dous meses despois falecía dun [[tumor cerebral]].


==Vida persoal==
==Vida persoal==

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2008 ás 17:29

Felipe Rodríguez Piñeiro, chamado Pantera Rodríguez, nado en Vilaxoán en 1953 e falecido na mesma vila o 31 de maio de 2000, foi un boxeador galego.

Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, Vicente Martiñán, aos dezaseis anos mudouse a Zaragoza e posteriormente a Madrid, para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en 1972. Nese ano e en 1976 proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En 1977 pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en 1987. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en 1978, pero perdeuno aos puntos contra o italiano Lorenzo Zenon en 1979 e non o recuperou contra o francés Lucien Rodriguez en 1981. Tamén pelexou contra o uruguaio Alfredo Evangelista, co resultado de combate nulo.

Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na Coruña e logo como presentador no porgrama de televisión Luar. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.

O 8 de abril de 2000 recibiu unha homenaxe no polideportivo de Fontecarmoa, no Carril e dous meses despois falecía dun tumor cerebral.

Vida persoal

Estaba casado e tiña dúas fillas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo do boxeador cantando no Luar, Youtube.