Historia do Brasil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Historia Brasiliensis
Liña 239: Liña 239:


[[Categoría:Historia de Brasil]]
[[Categoría:Historia de Brasil]]
{{Link FA|pt}}

{{Link FA|sv}}
{{Link FA|sv}}



Revisión como estaba o 18 de novembro de 2008 ás 16:39

A historia do Brasil adoita dividirse en catro períodos xerais: o Predescobrimento (até 1500), a Colonia (1500 a 1822), o Imperio (1822 a 1889) e República (de 1889 á actualidade).

Introdución

Entre as hipóteses máis aceptadas para a colonización das Américas está a que establece que a migración principal foi a de elementos mongoloides de Asia en vagas sucesivas, a través do estreito de Bering. Admítese tamén unha inmigración menor, equivalente a 1 - 2% que viría de Melanesia ou Sudeste Asiático a través do Océano Pacífico.

Supoñendo a marcha de 1 km/ano, para saír de Alasca e chegar a Santarén (PA), no Brasil, terían que percorrer unha distancia aproximada de 20.000 km, levando polo menos 20.000 anos no traxecto.

Sitios arqueolóxicos brasileiros moi antigos foron atopados dende San Raimundo Nonato no Piauí (de hai aproximadamente 42.000 anos) até a rexión dos pampas (con máis de 10.000 anos). Nesa última rexión xa foron mesmo achados fragmentos de ósos dun Megaterio, con aparentes marcas da acción humana.

Na América do Norte existen evidencias máis concretas do contacto destes primeiros habitantes americanos coa paleofauna da rexión, como as pontas de frechas de Clóvis e de Folson (nos Estados Unidos), datadas hai uns 17.000 anos.

A aparente contradición entre a data de migración pola Berinxia e a idade do home máis vello na América do Sur remítenos ás hipóteses dunha extensión do poboamento a partir das illas do Pacífico, talvez vidos de África, ou a erros técnicos de datación do material do Piauí. Aínda, no Brasil, ademais dos restos do Piauí, hai tamén un antiquísimo conxunto atopado na rexión de Lagoa Santa (Minas Xerais), posiblemente os representantes do antigo grupo lingüístico do país - Macro Gê -, cuxos descendentes máis próximos hoxe serían os indios cariris e botocudos.

Unha descuberta interesante dese posible contacto son os deseños/debuxos da Toca do Boqueirón, no Sítio da Pedra Furada, tamén no Piauí, que parece representar unha escea de ataque dos terríbeis felinos que xa habitaran o continente suramericano.

A concepción dos actuais indios que habitan a rexión nordeste do país por exemplo dos cariris, apesar de estar bastante modificada, aínda pode constituírse nun elemento útil para descifrarmos esas representacións como unha estratexia conxectural. Unha interpretación sobre os deseños/debuxos da figura humana deses pobos revela unha sorprendente complexidade que pode moi ben corresponder a un mapa das sensacións corporais e/ou unha concepción de corpo e espírito. Os encantados son descritos polos cariris en xeral como homes descomunais, feroces e implacábeis, de feizón ruda e ollos esbugallados, verdadeiramente aterrecedores, segundo o antropólogo Nascimento, que estudou na súa tese para Mestrado na Universidade Federal de Bahía os rituais e identificación étnica dos indios do nordeste, en partir as concepcións dun grupo actual - os cariris de Mirandela (BA) en 1994.

Segundo ese autor, tamén caracterizan o "xentío bravo" ou seus antepasados que aínda viven no mato.

A chegada dos europeos

Mapa do Brasil no século XVI

O Brasil foi coñecido polos europeos en 1500 cando Pedro Álvares Cabral, un navegante portugués, supostamente estaba procurando un novo camiño para as Indias. En 1822, libertouse do dominio da coroa portuguesa e pasou a ser un imperio até ó ano de 1889, en que Don Pedro II, último emperador do Brasil, foi deposto e foi declarada a república. Do ano de 1964 ata 1984, o Brasil foi gobernado por unha ditadura militar e, actualmente, é novamente unha república democrática.

Liña do Tempo

Cadro de François-René Moreaux (1844)) sobre a independencia do Brasil.

Asume a presidencia o Xeneral Arthur da Costa e Silva

  • 1968 - en decembro o Congreso é pechado e é decretado o AI-5 que permitia ó presidente decretar, cando queira, o receso do Congreso e lexislar por decretos-lei.
  • 1969 - Asume a presidencia o Xeneral Emílio Garrastazu Médici. Período en que se intensifican as obxecións contra o rexime militar, ata mesmo obxecións armadas, e a represión por parte do rexime contra os movimentos contestatorios.
  • 1970 - O Brasil gaña o Tricampeonato mundial de fútbol, episodio que foi moi utilizado como propaganda polo rexime militar. Creouse a frase ninguém mais segura este país.
  • 1974 - Asume a presidencia o Xeneral Ernesto Geisel e comeza a chamada "distensión lenta, gradual e segura" o "apertura política".
  • 1978 - Geisel envía emenda ó Congreso que acaba có AI-5
  • 1979 - Asume a presidencia o Xeneral João Baptista Figueiredo
  • 1980 - Fundación do Partido dos Traballadores
  • 1983 - Fundación da CUT e CONCLAT
  • 1985 - Eleito Tancredo Neves por vía indireta (escollido polo Congreso Nacional) en 15 de xaneiro, pero non asume en 15 de marzo por estar doente. Morre a 21 de abril de 1985. Asume a presidencia José Sarney, vice de Tancredo. Fin da transición do rexime militar para un goberno civil despois de 21 anos do golpe de 1964.
  • 1988 - Promulgada a Constitución de 1988
  • 1989 - Co retorno das eleccións diretas para presidente da república, e eleito Fernando Collor de Mello, despois de derrotar Luis Inácio Lula da Silva ó segundo turno da elección presidencial.
  • 1992 - Fernando Collor sofre o proceso de impedimento, asumindo o seu vice, Itamar Franco
  • 1994 - Lanzamento do Plan Real, polo enton Ministro da Economía, Fernando Henrique Cardoso
  • 1995 - Asume a Presidencia Fernando Henrique Cardoso, eleito por maioría no primeiro turno da elección do ano anterior, para un mandato de 4 anos.
  • 1998 - Fernando Henrique Cardoso e reeleito para máis 4 anos. Asume o segundo mandado en 1 de xaneiro de 1999
  • 2003 - Asume a presidencia Luis Inácio Lula da Silva, despois de perder 3 eleccións. Foi o primeiro presidente orixinario das clases populares (foi migrante e pasou fome durante a infancia, mudouse para Sao Paulo coa família, foi torneiro mecánico de industria metalúrxica, e sindicalista).

Período Pre-Descobrimento

O Brasil, cando foi descoberto polos europeos en 1500, era habitado por millóns de índios, que habitaban o país do norte ó sur. A poboación ameríndia brasileira estaba dividida en grandes nazóns indíxenas, en varios grupos étnicos. Destácanse os grupos guaraní, tupiniquins, e tupinambás.

Do lado europeo, a descoberta do Brasil foi simultaneada con varios Tratados entre Portugal e España, establecendo límites e dividindo o mundo, descoberto e para descobrir.

Destes, o Tratado de Tordesillas (1494) é, de lonxe, o máis importante, por definir a porción que cabía a Portugal do Brasil durante boa parte do período en que o mesmo foi colonia portuguesa. Establecía este tratado as terras que, ó leste do Meridiano de Tordesillas, serian posesión do rei de Portugal. Este meridiano pasaba a 370 legoas mariñas a oeste de Cabo Verde.

Descobrimento

Pedro Álvares Cabral era o capitán da escuadra que partiu de Portugal a procura dun camiño seguro para as Indias, contornando África. A certa altura da viaxe, tendo pasado xa as Illas Canarias, a frota de Cabral desvíase para oeste, co pretexto de desviarse dunha parte do Océano Atlántico coñecido polas calmas, ou ausencia de vento. Existe algunha controversia sobre o motivo real do desvio para Oeste, unha vez que algunhas fontes suxiren evidencias de que os portugueses xa terian vido ó Brasil polo menos catro anos antes.

Unha pequena rectificación: Pedro Álvares Cabral non procuraba un camiño seguro para a [Índia], porque este xa era coñecido, tendo sido percorrido pouco antes pola armada de [Vasco da Gama]. A frota de Cabral desviouse para Oeste para fuxir da corrente ascendente do Golfo da Guinea. Aliás, seria exactamente ese gran desvio que os navios estaban obrigados a facer que teria dado aos navegadores os indícios da existência de terra naquela direcçión. É hoxe case certo que a frota de Cabral tiña como incumbencia primordial localizar esa terra e reclamala para a coroa portuguesa ao abrigo do tratado de Tordesillas. Dase como unha das probas diso mesmo o feito dun dos navios ter regresado de inmediato para dar a novidade ao Rei, en tanto que os restantes seguían para a India; ben como o feito de seguir un home na frota , Pero Vaz de Caminha coa misión de elaborar unha descrición detallada da terra descoberta - A Carta do Achamento do Brasil, un belísimo texto.

De calquera xeito, no día 22 de abril Pedro Álvares Cabral nomeou como Illa de Vera Cruz a terra que tiña descoberto, pois pensou tratarse dunha illa. O local en que Cabral aportou é conhecido como Porto Seguro, no estado de Bahia.

No ano de 1501, unha nova expedición atopou como recurso explorable apenas o pau-brasil, madeira vermella moi requirida na época, o que tamén deu o nome ao Brasil. No 1503 houbo nova expedición, desta vez comandada por Gonzalo Coelho, máis non houbo ningún asentamento portugués.

En 1530 foi enviada ó Brasil a expedición de Martim Afonso de Souza, cos objectivos de explorar a costa, expulsar os franceses e establecer núcleos de colonización. Foron fundados por esta expedición os núcleos de San Vicente e Sao Paulo.

Brasil Colonia

A coroa portuguesa recoñeceu que non poseía recursos para administrar o Brasil e estabelece o sistema de Capitanías Hereditárias, unha división de lotes do Brasil, que foron doados a quen tivera interese en investir e administrar os mesmos. Das 15 capitanías originais, apenas as capitanias de Pernambuco e Sao Vicente prosperaron.

No periodo colonial, o Brasil sofreu invasións francesas e holandesas que foron derrotadas após loitas (véxase invasións holandesas no Brasil e invasións francesas no Brasil).

Reino Unido a Portugal

No 1808 as tropas de Napoleón Bonaparte obrigaron á coroa portuguesa a procurar abrigo no Brasil. Coa chegada de D. Joao VI a Rio de Xaneiro, o Brasil é elevado à condición de Reino Unido de Portugal e Algarves. Os portos brasileiros son abertos as nacións amigas, e unha serie de melloras foron introducidas no Brasil, como a Imprensa Nacional. Tamém a elección de representantes brasileiros para as Cortes Constitucionais Portuguesas. É desta época a fundación do Banco do Brasil.

Período Imperial

Primeiro Imperio

Pedro I

Tras a declaración da independencia, o Brasil foi gobernado por Don Pedro I ata o ano de 1831, cando foi forzado a abdicar en favor do seu fillo, D. Pedro II, entón con 5 anos.


Período Rexencial

Durante o período de 1831 a 1840, o Brasil foi gobernado por diversos regentes, encargados de administrar o país entanto o herdeiro do trono, D. Pedro II, aínda era menor.

Destácanse neste período a inestabilidade política e a actuación do tutor Xosé Bonifácio, que garantiu o trono para D. Pedro II.

Iniciouse neste período a Revolución Farroupilla, na que os gauchos revoltáronse contra a política interna do Imperio, e declararon a República Piratini.

Segundo Imperio

Pedro II

O Segundo Imperio ten início co Golpe da Maioridade. A partir do mesmo, o Brasil é gobernado por D. Pedro II, coa axuda de José Bonifácio.

Este período destácase por varios eventos importantes. En 1845 a Revolución Farroupilla foi cerrada, coa sinatura do Tratado de Ponche Verde. Outro evento importante, que acabou custando o trono á familia de D. Pedro II, foi a abolición da escravitude.

Liberación dos escravos

O 28 de setembro de 1871 o Parlamento Brasileiro aprobou e a Princesa Isabel, na época rexente do Brasil, asinou, a Lei do Ventre Livre, que determinaba que, a partir daquel momento, todos os fillos de escravos eran considerados libres.

O 13 de maio de 1871, a Princesa Isabel asinou a Lei Áurea, que xa fora aprobada polo Parlamento, abolindo toda forma de escravitude no Brasil. O Brasil foi o último país das américas a abolir a escravitude.

A abolición da escravitude desagradou ás oligarquías rurais, que pasaron a apoiar con máis empeño o movemento republicano, entón em plena acción.

República

República Vella

O 15 de novembro de 1889, o Mariscal Deodoro da Fonseca declarou o fin do período imperial e o inicio do período republicano, destituíndo o último emperador brasileiro, D. Pedro II, que tivo que partir ó exílio a Europa.

Os presidentes que seguiron son:

  • 1889 - Goberno temporal do Mar. Deodoro da Fonseca
  • 1891 - Eleito o Mar. Deodoro da Fonseca. Seu vice é o Mar. Floriano Peixoto
  • 1894 - Prudente José de Morais e Barros
  • 1898 - Manuel Ferraz de Campos Sales
  • 1902 - Francisco de Paula Rodrigues Alves
  • 1906 - Afonso Augusto Moreira Pena (morreu durante o mandato)
  • 1906 - Nilo Pecanha (vice de Afonso Pena, asumeu no seu lugar)
  • 1910 - Mar. Hermes Rodrigues da Fonseca
  • 1914 - Venceslau Bras Pereira Gomes
  • 1918 - Francisco de Paula Rodrigues Alves (morreu antes de asumir)
  • 1918 - Delfim Moreira da Costa Ribeiro (vice de Francisco Alves, asumeu no seu lugar)
  • 1919 - Epitácio da Silva Pessoa
  • 1922 - Arthur da Silva Bernardes
  • 1926 - Washington Luis Pereira de Souza (deposto pola revolución de 1930)
  • 1930 - Xunta de Goberno - Gal. Augusto Tasso Fragoso, Gal. Joao de Deus Mena Barreto, Alm. Isaías de Noronha

Ditadura do Estado Novo

No 1930, a Xunta de Goberno foi substituída por Getúlio Dorneles Vargas, como Presidente do Goberno Provisorio. Foi eleito presidente pola Asambleia Constituínte. En 1937 creou o Estado Novo, e foi presidente ata 1945, cando foi deposto.

Segundo Período Democrático

Este período iníciase coa renuncia de Getúlio Vargas, en outubro de 1945. O seu vice, o General [[Eurico Gaspar Dutra]], é o próximo presidente eleito. En 1946 é promulgada unha nova Constitución, mais democrática que a anterior, restaurando dereitos indivituais.

En 1950, Getúlio Vargas é eleito Presidente, novamente. Durante o seu goberno creouse Petrobrás. No 1954, Getúlio Vargas suicídase, e Juscelino Kubitschek é eleito o presidente o ano seguinte.

No 1960, Kubitschek inaugura Brasilia, a nova capital o Brasil.

En 1961, Janio Quadros asume a presidencia, mais renuncia en agosto do mesmo ano. Seu vice, [[João Goulart]], goberna ata 1964, con constantes problemas creados pola oposición de dereita (parte do empresariado, sectores militares e da clase media) ó seu goberno, debido ó seu forte nacionalismo. A dereita acusava Goulart de simpatizar co comunismo.

Ditadura Militar

Os gobernos de Xoán Goulart están marcados por inflacción alta, parón económico económica, e unha forte oposición das forzas armadas. O 31 de marzo de 1964 as Forzas Armadas dan un Golpe Militar, destituíndo a Xoán Goulart. Os líderes do golpe escolleron como presidente ó xeral Humberto Castello Branco, seguido polo Xeral Arthur da Costa e Silva (1967-1969), o Xeral Emílio Garrastazu Medici (1968-1974), e o Xeral Ernesto Geisel (1974-1979). Entre as características do golpe militar, destácanse a supresión dos direitos constitucionais, e unha forte censura da prensa.

En 1965, todos os partidos políticos son declarados extintos, e dase comezo á represón política. Somente eran permitidos dous partidos, a ARENA (Alianza Renovadora Nacional), e o MDB (Movemento Democrático Brasileiro).

No 1967 é aprobada a 6a. Constituición Brasileira polo Congreso, institucionalizando o golpe, e establecendo eleccións indiretas para Presidente. O Congreso, constituído apenas por políticos que recebiran permiso para participar da elección para Deputado Federal, elixen o Presidente.

No mesmo ano de 1967, o Xeral Arthur da Costa e Silva asume a presidencia e, en decembro de 1968, fecha o Congreso e decreta o Acto Institucional no. 5, o infame AI-5, que lle dá o direito de fechar o Parlamento, suprimir direitos políticos así como o direito de habeas-corpus. Neste período, intensifícase a loita armada nas cidades e no campo contra o goberno militar.

No 1969, o Xeral Emílio Garrastazu Médici é o Presidente, e comanda o período mais sangrento da Ditadura Militar, coa máis forte represión, con persoas presas, torturadas, exiladas ou asasinadas polo Estado. Centenas de persoas desapareceron neste período. Ao mesmo tempo, ocorre o Milagre Brasileiro, un período de crecemento do PIB.

En 1974, o Xeral Ernesto Geisel asume a Presidencia, tendo que enfrentar grandes problemas económicos, causados pola débeda externa creada polo goberno Médici, e agravados pola crise internacional do petróleo, e unha alta taxa de inflacción.

O Xeral Geisel iniciou a apertura democrática que foi continuada polo seu sucesor, o Xeral Xoán Baptista de Oliveira Figueiredo. (1979-1985). Figueiredo non só permitiu o retorno de políticos exilados ou apartados das actividades políticas durante os anos 60 e 70, senón que tamém permitiu que se presentaran nas eleccións de gobernadores dos estados en 1982. Tamén permitiu, despois de 1979 que surxisen outros partidos. Así, resurxiu o PTB (Partido Traballista Brasileiro) e surxiron o PDT (Partido Democrático Traballista) e o PT (Partido dos Traballadores). A antiga Arena, partido pró-goberno militar, tornouse PDS (Partido Democrático Social) e o MDB tornouse PMDB (Partido do Movemento Democrático Brasileiro).

O período termina coas eleiccións indiretas para presidente en 1984, con Paulo Maluf concorrendo polo PDS e Tancredo Neves polo PMDB. Foron as últimas eleccións indiretas, e foi eleito Tancredo Neves, pero non asumiu o mandato, pois ficou doente na véspera da pose.

Terceiro Período Democrático - Redemocratización

O primeiro presidente civil eleito deste o golpe militar de 1964 foi Tancredo Neves. Morreu antes de asumir, deixando o vice, José Sarney, no goberno por 5 anos.

Fernando Collor de Mello foi eleito en 1989, na primeira elección direta para Presidente da República dende 1964. O seu goberno perdurou ata 1992, cando sofreu proceso de "impeachment". O vice-presidente, Itamar Franco, asume o seu posto.

No goberno de Itamar Franco é posto en marcha o Plan Real, articulado polo seu Ministro da Facenda, Fernando Henrique Cardoso. O Goberno Itamar Franco contou coa presenza de varios senadores como ministros. Historiadores chegan a clasificar este fenómeno como unha especie de "parlamentarismo branco". Un dos senadores, Fernando Henrique Cardoso, articulou a base partidaria de apoio para a sua elección. En principio tivo o apoio do entón presidente Itamar, um rompimento entre os dois ocorreu durante o primeiro mandato do Presidente Cardoso.

O terceiro presidente, Fernando Henrique Cardoso, foi eleito en 1994 e reeleito en 1998. Fernando Henrique cumpriu dous mandatos e transmitiu, democraticamente, a faixa presidencial ó seu sucesor no 1 de xaneiro de 2003. O entón presidente Itamar Franco foi eleito, polo PMDB, gobernador do estado de Minas Xerais, nas eleccións de 1998 e non se candidatou á reelección, na que o candidato apoiado por el, o deputado Aécio Neves, foi eleito no primeiro turno. O goberno de Aécio Neves comezou marcado por profundas transformacións na estrutura administrativa do estado, con vistas a adecualo á Lei de Responsabilidade Fiscal.

Lula, o primeiro pola esquerda e Sarney, segundo, xunto con outros presidentes sudamericanos (Kirchner e Raúl Alfonsín).

O Presidente Fernando Henrique tentou manter a base aliada de partidos para as eleccións presidenciais de 2002, o que non foi posible. A alianza PSDB-PMDB-PFL-PTB perdeu os dous últimos partidos. O segundo apoiou a Ciro Gomes e o PFL non lanzou candidatos á presidencia da República. Lula e Serra disputaron o segundo turno en 2002. O candidato Lula, do PT foi eleito presidente do Brasil con aproximadamente o 61% dos votos válidos.

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA