Edwin Hubble: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: '''Edwin Powell Hubble''' naceu o 20 de novembro de 1889 en Marshfield (Missouri-Estados Unidos). Estudou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos...
 
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Edwin Powell Hubble''' naceu o [[20 de novembro]] de [[1889]] en Marshfield (Missouri-Estados Unidos). Estudou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos na [[Universidade de Oxford]]. Practicou atletismno e boxeo, e foi soldado na [[Primeira Guerrra Mundial]].
'''Edwin Powell Hubble''' naceu o [[20 de novembro]] de [[1889]] en Marshfield (Missouri-Estados Unidos). Estudou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos na [[Universidade de Oxford]]. Practicou atletismno e boxeo, e foi soldado na [[Primeira Guerra Mundial]].


En [[1917]] doutorouse en Física no Observatorio de Yerkes da [[Universidade de Chicago]]. Traballou no [[Observatorio de Monte Wilson]] ata [[1953]].
En [[1917]] doutorouse en Física no Observatorio de Yerkes da [[Universidade de Chicago]]. Traballou no [[Observatorio de Monte Wilson]] ata [[1953]].

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2008 ás 13:10

Edwin Powell Hubble naceu o 20 de novembro de 1889 en Marshfield (Missouri-Estados Unidos). Estudou Matemáticas e Astronomía, e posteriormente Dereito durante tres anos na Universidade de Oxford. Practicou atletismno e boxeo, e foi soldado na Primeira Guerra Mundial.

En 1917 doutorouse en Física no Observatorio de Yerkes da Universidade de Chicago. Traballou no Observatorio de Monte Wilson ata 1953.

Durante a súa vida utilizou para as súas observacións os mellores telescopios: Hale, Hooker, etc. As observacións realizadas durante os anos 1923 e 1924 viron a luz o 30 de decembro dese ano. Confirmou as observacións de Emmanuel Kant sobre a existencia do que chamou "universos illas". Hubble afirmou, sen ningún xénero de dúbida, que as nebulosas observadas ata o momento con telescopios menos potentes, non forman parte da nosa galaxia. Confirmou a existencia de galaxias diferentes á Vía Láctea. Á súa vez, puido observar estrelas individuais no brazo espiral de Andrómeda.

En 1919 publicou a "lei de recesión das galaxias", tamén coñecida como Lei de Hubble, que permitía calcular tanto o tamaño como a idade do Universo, poñendo os alicerces que sostiñan as primeiras hipóteses da expansión do Universo. A súa orixe explícase actualmente por medio da teoría do Grande estoupido ou Big Bang.

Hubble foi o precursor da clasificación dos tipos de galaxias, que aínda perdura sen moitos cambios. A divulgación dos seus descobrementos quedou reflectida na súa obra "Realm of the Nebula" (1936).

Participou no deseño dos maiores telescopios de Monte Palomar. Polas súas achegas ao campo da Astronomía e Cosmoloxía púxoselle o seu nome ao telescopio orbital lanzado ao espazo en 1990.

Morreu dunha trombose cerebral en San Marino (California-Estados Unidos) o 28 de setembro de 1953.