Xesús Rodríguez López: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 2: Liña 2:


==Biografía==
==Biografía==
Rodríguez López, de nome oficial Jesús, en castelán, como era obrigado na época, naceu na cidade de [[Lugo]] o [[28 de xullo]] de [[1859]], no seo dunha familia procedente de [[San Mamede de Lousada]]. En [[1874]] obtivo o título de bacharel, trasladándose a continuación para [[Santiago de Compostela]], onde realizou estudos de [[Medicina]], que acabou en [[1881]]. Voltou entón para Lugo, exercendo alí a profesión até o seu pasamento o [[24 de marzo]] de [[1917]].<ref>Esta biografía de urxencia pode verse en diversos lugares, p.ex., R. Carballo Calero, ''Historia da Literatura Galega Contemporánea''. Vigo. Galaxia.1975, páx. 441, ou na da Biblioteca Virtual Galega</ref> Colaborou prolificamente, na prensa galega e de ultramar<ref>Cfr. Modesto Hermida, Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo. Xerais de Galicia. 1995, en especial páxs. 87-89, que cita traballos de X.R.L. en ''Galicia''; ''Revista Gallega''; ''El Eco de Galicia'', ''El Regional'', ''Galicia Moderna'', ''A Monteira'' e ''As Burgas''</ref>
Rodríguez López, de nome oficial Jesús, en castelán, como era obrigado na época, naceu na cidade de [[Lugo]] o [[28 de xullo]] de [[1859]], no seo dunha familia procedente de [[San Mamede de Lousada]]. En [[1874]] obtivo o título de bacharel, trasladándose a continuación para [[Santiago de Compostela]], onde realizou estudos de [[Medicina]], que acabou en [[1881]]. Voltou entón para Lugo, exercendo alí a profesión até o seu pasamento o [[24 de marzo]] de [[1917]].<ref>Esta biografía de urxencia pode verse en diversos lugares, p.ex., R. Carballo Calero, ''Historia da Literatura Galega Contemporánea''. Vigo. Galaxia.1975, páx. 441, ou na da Biblioteca Virtual Galega</ref> Colaborou prolificamente, na prensa galega e de ultramar<ref>Cfr. Modesto Hermida, ''Narrativa galega: tempo do Rexurdimento''. Vigo. Xerais de Galicia. 1995, en especial páxs. 87-89, que cita traballos de X.R.L. en ''Galicia''; ''Revista Gallega''; ''El Eco de Galicia'', ''El Regional'', ''Galicia Moderna'', ''A Monteira'' e ''As Burgas''</ref>


=== Concelleiro municipal ===
=== Concelleiro municipal ===

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2008 ás 10:49

Xesús Rodríguez López (1859 - 1917) foi un médico e escritor en galego e castelán. Foi escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita, novela, teatro e poesía, acometeu tamén o ensaio.

Biografía

Rodríguez López, de nome oficial Jesús, en castelán, como era obrigado na época, naceu na cidade de Lugo o 28 de xullo de 1859, no seo dunha familia procedente de San Mamede de Lousada. En 1874 obtivo o título de bacharel, trasladándose a continuación para Santiago de Compostela, onde realizou estudos de Medicina, que acabou en 1881. Voltou entón para Lugo, exercendo alí a profesión até o seu pasamento o 24 de marzo de 1917.[1] Colaborou prolificamente, na prensa galega e de ultramar[2]

Concelleiro municipal

Aínda que nos manuais literarios a súa vida semella tranquila, Rodríguez López participou no goberno municipal como concelleiro polo Partido Liberal. Desa segunda actividade parece que naceu a alcuña "Gambetta", con que era coñecido entre os seus veciños (e pola semellanza física có político francés). Polo demais participaba na vida diaria lucense frecuentando o Círculo das Artes, o Orfeón Galego e a "Juventud Antoniana"[3]. Era católico practicante, o que valerá para encadrar mellor o incidente que tería a raíz da publicación de "Supersticiones de Galicia".

Xadrecista relevante

Faceta menos divulgada é que debeu ser un excelente xogador de xadrez, dos máis fortes do país galego, até chegar a figurar como campión de Galicia.[4].

Liorta coa Igrexa

En 1895 tivo un choque coa Igrexa Católica a raíz da publicación de "Supersticiones de Galicia". Rodríguez López presentou a obra a un concurso literario-musical convocado en Monforte de Lemos polos escolapios. Aínda que o traballo non foi admitido por un xurado mediatizado polo bispado, que debía velar pola ortodoxia das obras que se presentasen ao certame[5], o médico lucense fixoo publicar no verán dese mesmo ano. O bispado lucense prohibíu a obra aos tres meses de saír á rúa, en outubro, mesmo a pesar de contar co informe favorábel do coengo Antolín López Peláez[6], futuro bispo e home xa de grande peso intelectual nos medios católicos. Porén, Rodríguez López non se acañou, e, conseguindo unha entrevista co bispo, Benito Murúa, e convencido o autor nunha conferencia que escoitou ao bispo, de que os ritos católicos non constituían supersticións, logrou obter a autorización eclesial para unha segunda edición, á vez que o médico reformaba as súas informacións sobre a calidade supersticiosa de certas prácticas relixiosas[7].

Membro da R.A.G.

Nos avatares da creación da Real Academia Galega, Xesús Rodríguez López foi elixido como un dos dous representantes por Lugo (o outro era Indalecio Varela Lenzano) para formar parte da comisión organizativa, que presidía Murguía, e que redactou os estatutos en 1904. O médico lucense foi un dos corenta académicos numerarios fundadores da institución[8]. Nos anos seguintes seguiría a colaborar activamente, viaxando á Coruña en compaña dos restantes membros lucenses, como Manuel Amor Meilán, Aureliano J. Pereira ou Xoán Montes Capón[9]. Este, compositor, puxo música a un poema de Rodríguez López ("Ai, Maruxiña, por Dios dáme un bico").

.

Obra

Da súa obra permanece inédito, salvo erro, a comedia El zorro.

En galego

  • Cousas das mulleres (Madrid. 1895), longa novela en verso en opinión de Carballo Calero.
  • Pasaxeiras (Madrid, 1898), colección de poemas.
  • Gallegadas (Madrid, 1908), basicamente relatos, pero que contén tamén algúns poemas recollidos da obra anterior.
  • A cruz de salgueiro (Lugo, 1899), novela, da que publicou a primeira parte na revista Galicia.
  • O Chufón (Lugo, 1915), comedia.

En castelán

Publicou nesta lingua algunha obra profesional de tipo divulgativo e ensaios:

  • Las preocupaciones en Medicina: Conocimientos útiles a la familia: Reglas para conservar la salud, para no dejarse engañar por los curanderos y para conocer a los médicos (Lugo, 1896), obra que sería premiada nun congreso médico en Madrid.
  • Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares (Lugo, 1895), un auténtico best-seller en Galicia polas varias edicións que tivo.
  • Estudio psicológico de la mujer lucense (Lugo, 1897).
  • Defensa de las feas: Estudio social (Madrid, 1898).
  • El socialista (en manuscrito desde 1914) comedia nun acto, inédita até 1988.

Notas

  1. Esta biografía de urxencia pode verse en diversos lugares, p.ex., R. Carballo Calero, Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo. Galaxia.1975, páx. 441, ou na da Biblioteca Virtual Galega
  2. Cfr. Modesto Hermida, Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo. Xerais de Galicia. 1995, en especial páxs. 87-89, que cita traballos de X.R.L. en Galicia; Revista Gallega; El Eco de Galicia, El Regional, Galicia Moderna, A Monteira e As Burgas
  3. Para estes detalles, cfr. a introdución de Florentino Uriarte para "A cruz de salgueiro". Vigo. Ed. Xerais. 1994, páxs. 11 e 12
  4. Florentino Uriarte indica que foi campión de Galicia, ibidem, páx. 12, sen indicar fonte; esta podería remitir a José Paluzíe y Lucena, Primer libro del ajedrecista. Barcelona. Hijos de Paluzíe, S. en C., Editores. 1921 (por unha advertencia preliminar infírese que houbo unha edición anterior en 1917), quen na páx. 203, indicando xadrecistas salientes de España di, sen engadir máis: "Jesús Rodríguez López, de Lugo, campeón de Galicia", e só cita outro xogador galego, o coruñés Pedro Morodo. Prudentemente, o artigo Xadrez da Gran Enciclopedia Gallega, que lembra a ambos, evita citalo como campión galego, porque formalmente non os houbo até anos máis tarde, o que non empece que o lugués gañase algún certame galego relevante, que o levase a se rproclamado campión oficioso; de feito Paluzíe cita casos semellantes noutras cidades. Nalgún lado ficará memoria...
  5. Cfr. X. Rodríguez López, Prólogo á 2ª edición de Supersticiones de Galicia, 1910
  6. Xesús Alonso Montero, Unas palabras sobre el escritor Jesús Rodríguez López (1859-1917), prólogo á 5ª edición de "Supersticiones de Galicia"
  7. X. Rodríguez López, ibidem
  8. R. Carballo Calero, op.cit., páx. 138
  9. F. Uriarte, op. cit., páx. 12

Véxase tamén

Ligazóns externas