Víctor Lis Quibén: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cat:Víctor Lis Quibén - En construción
 
Liña 21: Liña 21:




[[Categoria:Personalidades da etnografía|Lis Quibén, Víctor]]
[[Categoría:Personalidades da etnografía|Lis Quibén, Víctor]]
[[Categoria:Deputados galegos no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Deputados galegos no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Franquistas|Lis Quibén, Víctor]]
[[Categoría:Franquistas|Lis Quibén, Víctor]]



Revisión como estaba o 16 de novembro de 2008 ás 20:03

Víctor Lis Quibén (Buenos Aires, 1893 - Pontevedra, 1963) foi un médico, político e escritor galego.

Biografía

Aínda que Lis Quibén nacera en Buenos Aires, a súa familia era orixinaria de Cutián, Cotobade.

Médico de profesión, actividade que exerceu en Pontevedra, militou politicamente na ideoloxía monárquica. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi membro do somatén. No 1930 foi nomeado rexedor do concello de Pontevedra. Nas eleccións municipais de abril de 1931, obtivo acta de concelleiro polo mesmo municipio, cargo do que foi suspendido en 1932 por implicación no intento de golpe de Estado do xeneral Sanjurjo[1]. Nas eleccións xerais españolas de 1933 foi elixido deputado das Cortes pola provincia de Pontevedra como candidato da Unión Regional de Derechas, que agrupaba dirixentes dos agrarios e da CEDA. Nese memo ano, porén, contacta con José Antonio Primo de Rivera, quen o encarga da organización da Falanxe Española en Pontevedra, mais Lis Quibén abandonou de seguido as súa fileiras, ingresando en 1934 en Renovación Española. Nas eleccións xerais españolas de 1936, en febreiro, foi elixido novamente deputado das Cortes, nas listas de Renovación Española.

Ao estalar a guerra civil española pasa a colaborar inmediatamente con os sublevados, e ocupa a xefatura dunha autodenominada Guardia Cívica, que se dedicou a incautar locais dos sindicatos obreiros e organizacións agrarias de Pontevedra[2]. Participou tamén na detención do deputado Ignacio Seoane Fernández, nos sucesos de Salcedo (12 de decembro de 1936) e na operación na que resultou morto o "escapado" Manuel González Fresco, O Fresco (1937). Nese mesmo ano a Guardia Cívica foi disolta. En total, está considerado responsábel da morte de 20 persoas e da detención de 30 máis. Ascendido ao grao de capitan médico de complemento dentro do corpo de Sanidade Militar, Lis Quibén proseguíu resto da guerra incorporado ao exército franquista. Terminada a contenda abandonou a política, dedicándose ao exercicio da profesión médica e á investigación etnográfica na que xa publicara algún traballo nos anos da Segunda República, paradoxalmente iniciada na revista Nós.

Obra publicada (selección)

A obra principal de Lis Quibén, que en parte recolle materiais anteriores, publicados en revistas é:

  • La medicina popular en Galicia (1949), foi reeditada en Madrid, por Akal Editor en 1980 ISBN 84-7339-503-4

Referencias

  1. Cfr. o blog de Xosé Álvarez Castro: [1]
  2. [2]

Ligazóns externas