Freguesía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Modificado: eo:Freguesia
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{outroshomónimos|Parroquia}}

A '''freguesía''', en [[lingua portuguesa|portugués]] '''freguesia''', é a menor división administrativa do territorio en [[Portugal]] e no antigo [[Imperio Portugués]], que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.
A '''freguesía''', en [[lingua portuguesa|portugués]] '''freguesia''', é a menor división administrativa do territorio en [[Portugal]] e no antigo [[Imperio Portugués]], que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.
[[Imaxe:Bragança70.jpg|thumb|350px|<center>Antigo edifício da junta de freguesia da [[Sé (Bragança)|Sé de Bragança]]</center>]]
[[Imaxe:Bragança70.jpg|thumb|350px|<center>Antigo edifício da junta de freguesia da [[Sé (Bragança)|Sé de Bragança]]</center>]]
Liña 17: Liña 19:
==Curiosidade==
==Curiosidade==
O termo ''freguês'' en portugués tamén designa o asistente habitual a unha igrexa católica, así como o cliente habitual dunha tenda, tamén chamada ''freguesia''.
O termo ''freguês'' en portugués tamén designa o asistente habitual a unha igrexa católica, así como o cliente habitual dunha tenda, tamén chamada ''freguesia''.
* Ver [[Freguesías de Portugal]]


[[Categoría:Administración]]
[[Categoría:Administración]]

Revisión como estaba o 16 de novembro de 2008 ás 08:51

A freguesía, en portugués freguesia, é a menor división administrativa do territorio en Portugal e no antigo Imperio Portugués, que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.

Antigo edifício da junta de freguesia da Sé de Bragança

En Portugal e no antigo Imperio Portugués

En Portugal unha freguesía é unha división administrativa obrigatoria para todos os concellos, isto quere dicir que todos deben ter polo menos unha, agás o de Vila do Corvo, onde esta división territorial non existe. As freguesías son gobernadas por unha junta de freguesia (xunta de freguesía), un órgano executivo que é elixido polos cidadáns censados no respectivo territorio.

En Portugal existen 4257 freguesías, con extensións que van dos 100 km² a apenas algunhas hectáreas, e poboacións de ducias de persoas a ducias de millares de habitantes. Os municipios son os encargados de propor e crear novas freguesías no seu territorio, que deben obedecer a un conxunto de criterios fixados por lei. En Portugal hai 5 concellos que constan dunha soa freguesía, e o concello de Barcelos ten 89, por exemplo.

As autoridades portuguesas establecen tres tipos diferentes de freguesías, para efectos de ordenamento do territorio:

  • freguesías urbanas - freguesías que posúen unha densidade de poboación superior aos 500 h/km² ou que integren un lugar con poboación residente superior ou igual aos 5.000 habitantes.
  • freguesías semi-urbanas - freguesías non urbanas que posúen unha densidade de poboación superior aos 100 h/km² e inferior ou igual aos 500 h/km², ou que integren un lugar con poboación residente superior ou igual a 2.000 habitantes e inferior a 5.000 habitantes.
  • freguesías rurais - as restantes.

As freguesías están representadas nos órganos municipais polo presidente da xunta, que ten lugar, por inherencia de cargo, na asemblea municipal. As freguesías teñen cadanseu escudo e cadansúa bandeira. As freguesías portuguesas son a representación civil das antigas parroquias católicas; moitas delas xurdiron idénticas ás antigas unidades eclesiásticas medievais.

Curiosidade

O termo freguês en portugués tamén designa o asistente habitual a unha igrexa católica, así como o cliente habitual dunha tenda, tamén chamada freguesia.