Ribeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: es:Riveira
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 94: Liña 94:
Image:Ribeira-Vilar GDFL050821 115.JPG|Praia do Vilar, na parroquia de Carreira
Image:Ribeira-Vilar GDFL050821 115.JPG|Praia do Vilar, na parroquia de Carreira
Image:Lagoa de Vixán11eue.jpg|[[Dunas de Corrubedo|Lagoa de Vixán]], na parroquia de Carreira
Image:Lagoa de Vixán11eue.jpg|[[Dunas de Corrubedo|Lagoa de Vixán]], na parroquia de Carreira
Image:Castros do Neixon 2.JPG|Castros do Neixon
Image:Parque_natural_corrubedo01.jpg|Vista do [[Dunas de Corrubedo|Parque natural de Corrubedo]]
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 15 de novembro de 2008 ás 03:02

Sta Uxía de Ribeira.
Ribeira
Situación
Xentilicio[1]Ribeirán - Ribeirense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación27.181 hab.[2][3]
Área69,0 km²[3]
Densidade393,93 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Capital do concelloSanta Uxía de Ribeira
Política (2007)
AlcaldeJosé Luis Torres Colomer (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 11
PSdeG-PSOE: 2
Outros: IPDER 2
Eleccións municipais en Ribeira
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes97,01%
Na rede
www.riveira.com
editar datos en Wikidata ]

Ribeira é un concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca do Barbanza. Emprégase tamén a forma Riveira, pero non ten carácter oficial.

Poboación no 2007: 27.181 habitantes segundo o INE (27.053 no 2006, 26.884 no 2005, 26.623 no 2004, 26.589 en 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Ribeirense

Evolución da poboación de Ribeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
12.218 16.870 18.280 24.542 26.623
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia. A maior parte do territorio ocúpano as estribacións da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.

Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural.

Historia

Como en toda a Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da época castrexa son de salientar os castros da Cidá e o de Artes. A costa foi atacada polos viquingos desde o século IX e por outros pobos nos séculos seguintes. No século XVI a peste bubónica dezmou a poboación da comarca.

Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salazón e no século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.

Festexos

Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 20 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "voo sen motor", a "regata de embarcacións feitas a machada" ou o "gran prix de carrilanas" Cómpre destacar que é unha festa que consta de "idioma propio". É unha festa disfrutada por todos,na que toda a cidade se bota á rúa con gañas de divertirse e disfrutar desta festa esperada por todos os habitantes.

Tamén teñen importancia as festas de agosto, onde as atraccións, barracas e tómbolas se apoderan dalgunhas rúas ribeirenses. Son amenizadas con orquestras e concertos de artistas tanto nacionais como internacionais.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ribeira

Imaxes da cidade de Ribeira

Imaxes doutros lugares de Ribeira

Lugares de Ribeira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira vexa: Lugares de Ribeira.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

Personaxes de sona

Véxase tamén

Modelo:Véxase


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ribeira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google