Serra de Gata: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ext:Sierra e Gata
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2008 ás 01:43

Hoyos, na parte cacereña da Serra de Gata

A Serra de Gata é un dos cordais que forman o Sistema Central. Os seus cumes sinalan a raia entre as províncias de [[Provincia e Cáceres|Cáceres], na vertente meridional e a Salamanca na vertente septentrional.

Polo oeste o cordal liga con a Serra da Malcata, na fronteira con Portugal. Polo leste linda con a Serra de Francia; puidéndose considerar que o val formado polo Río Hurdano separa estes dous cordais.

Orografía

A Serra de Gata conforma un límite natural entre a submeseta sur e a submeseta norte, e xunto con outras cadeas do Sistema Central divide a conca do río Douro da do río Texo.

Cimas

Os cumes máis destacados, de oeste a leste da serra, son:

  • Mesas, 1.265 m
  • El Espinazo, 1.330 m
  • Jálama, 1.493 m
  • Jañona, 1.367 m
  • Bolla Chica, 1.408 m
  • Bolla, 1.519 m
  • Arrubuey, 1.412 m
  • La Corredera, 1.456 m
  • Peña Canchera, 1.592 m

Portos de montaña

Os principais portos secos sitos na Serra de Gata son:

  • Portu Vieju, 1.100 m
  • Porto de San Martín, 1.020 m
  • Porto de Perales, 910 m
  • Porto Nuevo, 950 m

Hidrografía

Gata conta con pequenos ríos, sendo os máis importantes:

  • Vertente norte: río Águeda, que pertence á conca do Douro. Os regatos que van para o norte son todos afluentes do Águeda.
  • Vertente sur: río Eljas e os regatos tributarios do Alagón, entre os que salienta o río Árrago. Os ríos desta vertentes pertencen á conca do Texo.