Reino de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m bot Engadido: be-x-old, es, et, fi, id, lt, mk, nl, ro, sv, uk, vec Eliminado: cs Modificado: he, hr, pl, sl
Liña 79: Liña 79:
[[Categoría:Iugoslavia]]
[[Categoría:Iugoslavia]]


[[be-x-old:Каралеўства Югаславія]]
[[bg:Кралство Югославия]]
[[bg:Кралство Югославия]]
[[bs:Kraljevina Jugoslavija]]
[[bs:Kraljevina Jugoslavija]]
[[cs:Království Srbů, Chorvatů a Slovinců]]
[[de:Königreich Jugoslawien]]
[[de:Königreich Jugoslawien]]
[[en:Kingdom of Yugoslavia]]
[[en:Kingdom of Yugoslavia]]
[[es:Reino de Yugoslavia]]
[[et:Jugoslaavia Kuningriik]]
[[fi:Jugoslavian kuningaskunta]]
[[fr:Royaume de Yougoslavie]]
[[fr:Royaume de Yougoslavie]]
[[he:ממלכת הסרבים, הקרואטים והסלובנים]]
[[he:ממלכת יוגוסלביה]]
[[hr:Kraljevina Srba, Hrvata i Slovenaca]]
[[hr:Kraljevina Jugoslavija]]
[[id:Kerajaan Yugoslavia]]
[[it:Regno di Jugoslavia]]
[[it:Regno di Jugoslavia]]
[[ko:유고슬라비아 왕국]]
[[ko:유고슬라비아 왕국]]
[[lt:Jugoslavijos karalystė]]
[[mk:Кралство Југославија]]
[[nl:Koninkrijk Joegoslavië]]
[[no:Kongeriket Jugoslavia]]
[[no:Kongeriket Jugoslavia]]
[[pl:Królestwo Serbów, Chorwatów i Słoweńców]]
[[pl:Królestwo Jugosławii]]
[[pt:Reino da Iugoslávia]]
[[pt:Reino da Iugoslávia]]
[[ro:Regatul Iugoslaviei]]
[[ru:Королевство Югославия]]
[[ru:Королевство Югославия]]
[[sl:Jugoslavija med prvo in drugo svetovno vojno]]
[[sl:Kraljevina Jugoslavija]]
[[sr:Краљевина Југославија]]
[[sr:Краљевина Југославија]]
[[sv:Kungariket Jugoslavien]]
[[tr:Yugoslavya Krallığı]]
[[tr:Yugoslavya Krallığı]]
[[uk:Королівство Югославія]]
[[vec:Regno de Jugoslavia]]
[[zh:南斯拉夫王國]]
[[zh:南斯拉夫王國]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2008 ás 13:59

Modelo:País desaparecido O Reino de Iugoslavia (chamado Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos entre o 1 de decembro de 1918 e o 3 de outubro 1929), refírese a un estado balcánico que existiu dende o 1 de decembro de 1918 ao 2 de decembro de 1945. Comprendía a área das provincias de Bosnia-Hercegovina, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia, así como a maior parte dos territorios de Croacia e Eslavonia.

Formación

Trala disolución do Imperio Austrohúngaro, a idea de crear unha nación para os eslavos nos Balcáns cobrou impulso e apoio da comunidade internacional. O 29 de outubro de 1918 estableceuse o Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, cuxo obxectivo era abranguir tódolos territorios eslavos que o Imperio Austrohúngaro dominara. No entanto, os serbios da Voivodina e a Syrmia opuxéronse a isto, e achegaron os seus territorios ao Reino de Serbia. O Triplo Acordo non recoñeceu este estado, e os seus gobernantes tiveron que solicitar a súa anexión ao Reino de Serbia o 1 de decembro de 1918, que a partires de entón pasou a chamarse Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (Latín serbocroata: Kraljevina Srba, Hrvata i Slovenaca cirílico: Краљевина Срба, Хрвата и Словенаца, Esloveno: Kraljevina Srbov, Hrvatov in Slovencev, Macedonio: Кралство на Србите, Хрватите и Словенците, nome curto Kraljevina SHS, Краљевина СХС).

Historia

O 1 de decembro de 1918 foi proclamado por Alexandre Karađorđević, príncipe rexente polo seu pai, o rei Pedro I, quen formalmente era o rei de Serbia. O novo reino foi formado a partires dos antigos reinos independentes de Serbia e Montenegro, así como tamén unha cantidade substancial de territorio que antigamente foi parte do Imperio Austrohúngaro. As terras de Austria-Hungría que formaron o novo estado incluían Croacia, Eslavonia e Voivodina da parte húngara do imperio; Carniola, parte de Estiria e a maior parte de Dalmacia ao lado austríaco, ademais da provincia imperial de Bosnia-Hercegovina.

Un plebiscito levou a cabo na provincia de Carintia, a cal optou por seguir en Austria. A cidade porto dálmata de Zadar e unhas cantas illas dálmatas foron outorgadas a Italia. A cidade de Rijeka foi declarada cidade-estado libre, pero pronto foi ocupada e anexada en 1924 por Italia. As tensións na fronteira con Italia continuaron, cos italianos reclamando máis áreas da costa dálmata e Iugoslavia reclamando pola súa banda a península de Istria, parte da antiga provincia costeira austríaca que fora anexada a Italia, pero que contiña unha poboación considerable de croatas e eslovenos.

O novo goberno intentou integrar ao novo país politicamente como tamén de forma económica, unha tarefa difícil debido á grande diversidade de idiomas, nacionalidades e relixións no novo estado, a historia diferente das rexións, e as grandes diferenzas entre as rexións en canto ao desenvolvemento económico.

As tensións entre o nacionalismo serbio (envalentonado polo carácter centralista do estado) e o resto dos pobos do país, estaurou co asasinato no parlamento do reino do líder do Partido Campesiño Croata por parte dun deputado montenegrino. Iso levou ao rei a clausurar o parlamento e asumir o goberno do país dun xeito ditatorial. Con todo, iso só reavivou as tensións. De feito, poucos anos despois un guerrilleiro macedonio contratado polo nacionalismo croata ustacha asasinou ao rei Alexandre e ao ministro de exteriores francés en Marsella.

Sucedeulle no trono o seu fillo Pedro II, pero ao ser menor de idade, asumiu a rexencia o seu tío o Príncipe Pablo. Que gobernará ata que a comezos de 1941 un golpe de estado contra a política filoalemana do rexente levou ao trono de xeito anticipado a Pedro II.

De xeito fáctico o Reino de Iugoslavia deixou de existir cando o 6 de abril a aviación alemá atacou Belgrado e nas semanas seguintes o país viuse invadido polas tropas de Alemaña, Italia, Bulgaria, Hungría, Albania e Romanía.

O rei e o goberno fuxiron a Londres dando prolongación formal e legal ao país ata 1945.

Véxase tamén