Violencia: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: da:Vold |
m bot Engadido: br:Feulster, ms:Keganasan |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
[[ar:عنف]] |
[[ar:عنف]] |
||
[[bg:Насилие]] |
[[bg:Насилие]] |
||
[[br:Feulster]] |
|||
[[ca:Violència]] |
[[ca:Violència]] |
||
[[cs:Násilí]] |
[[cs:Násilí]] |
||
Liña 68: | Liña 69: | ||
[[lb:Gewalt]] |
[[lb:Gewalt]] |
||
[[lt:Smurtas]] |
[[lt:Smurtas]] |
||
[[ms:Keganasan]] |
|||
[[nl:Geweld]] |
[[nl:Geweld]] |
||
[[nn:Vald]] |
[[nn:Vald]] |
Revisión como estaba o 11 de novembro de 2008 ás 15:19
A violencia (do Lat. violentia) é un comportamento deliberado que resulta, ou pode resultar, en danos físicos ou psicolóxicos a outros seres humanos, ou máis comunmente a outros animais ou cousas (vandalismo) e adoita a asociarse, aínda que non necesariamente, coa agresión, xa que tamén pode ser psicolóxica ou emocional, a través de ameazas ou ofensas. Algunhas formas de violencia son sancionadas pola lei ou a sociedade, outras son crimes. Distintas sociedades aplican diversos estándares en canto ás formas de violencia que son ou non aceptadas.
Por norma xeral, considérase violenta á persoa irrazonable, que se nega a dialogar e se obstina en actuar a pesar de a quen pese, e caia quen caia. Adoita ser de carácter dominantemente egoísta, sen ningún exercicio da empatía. Todo o que viola o razoable é susceptible de ser catalogado como violento se se impón pola forza.
Existen varios tipos de violencia, incluíndo o abuso físico, abuso psicolóxico e abuso sexual. As súas causas poden variar e dependen de diferentes condicións, como situacións graves e insoportables na vida do individuo, falta de responsabilidade por parte dos seus pais, presión de grupo (que é común nas escolas), o resultado de non poder distinguir entre a realidade e a fantasía, entre outras causas.
Os cinco tipos de violencia
Violencia directa: chamamos violencia directa á violencia física, aquela que ten por obxectivo ferir ou matar. Neste tipo de violencia incluímos as agresións físicas e outras formas.
Violencia natural levada a cabo pola natureza, sería o único tipo de violencia xerada de forma allea ó home, á súa vontade,
Violencia estrutural: consiste en agredir a unha agrupacion colectiva desde a mesma estrutura política ou económica. Así, considéranse casos de violencia estrutural aqueles nos que o sistema causa fame, miseria, enfermidade ou ata morte á poboación. Serían, en definitiva, aqueles sistemas que non achegan as necesidades básicas á súa poboación pola mesma formación. Se nos remitimos á definición de violencia como a aplicación de métodos fóra do natural a persoas ou cousas para vencer a súa resistencia, levaría a falar de abuso de autoridade no que alguén cre ter poder por sobre outro. Xeralmente dáse nas relacións asimétricas, o home por sobre a muller ou o pai por sobre o fillo, para exercer o control. Aínda que, a máis común é a violencia física, manifestada a través de golpes, que deixan marcas no corpo, hai outro tipo de violencia que moitas veces é máis hostil que a primeira, é a violencia emocional plasmada a través de desvalorizacións, ameazas, críticas que funcionan como mandato cultural nalgunhas familias ou grupos socialespolítica e social.
Violencia cultural: refírese ós aspectos da cultura que achegan unha lexitimidade á utilización dos instrumentos da violencia que nomeamos anteriormente. Así, por exemplo, pódese aceptar a violencia en defensa da fe ou a relixión. Un caso de violencia cultural pode ser o dunha relixión que xustifique guerras santas ou atentados terroristas, por exemplo.
Violencia xuvenil: refírese ós actos fisicamente destrutivos (vandalismo) que realizan os mozos entre os 10 e os 29 anos de idade e que afectan a outros mozos dentro do mesmo rango de idade. En todos os países, os principais actores deste tipo de violencia son os homes e algunhas veces o comportamento violento preséntase desde a infancia ou a temperá adolescencia. Con todo, a interacción cos pais e a formación de grupos, parches, galladas ou cuadrillas aumenta o risco de que os adolescentes se involucren en actividades delituosas, violentas e non violentas.
Como vemos, a violencia directa é clara e visible, polo que resulta relativamente sinxelo detectala e combatela. As violencias cultural e a estrutural, en cambio, son menos visibles, polo que supón máis problemas á hora de combatelas.
Véxase tamén
- Abuso de poder
- Asalto
- Asasinato
- Comunicación non violenta
- Crime
- Guerra
- Non-violencia
- Violación
- Violencia doméstica
- Violencia de Estado
- Violencia de Xénero
- Xenocidio
Ligazóns externas
- Mitos e verdades sobre a violencia familiar: Cara unha delimitación teórico-conceptual baseada en evidencias
- Os significados da violencia e a violencia dos significados Discusión intercultural
- Violencia Social en Portalpsicologia.org
- MaltratoPsiquico.Com - O Maltrato Psíquico Como Violencia, Como Manipulación e Como Causa de Problemas Emocionais e Sociais
- www.psicogenero.com - Psicoxénero. Recursos sobre violencia de xénero.
- Monográfico "A violencia nos medios de comunicación" en Portal da Comunicación InCom-UAB
- Bushido Blog - A violencia trae máis violencia.