Ctenophora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sv:Kammaneter
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:유즐동물
Liña 124: Liña 124:
[[it:Ctenophora]]
[[it:Ctenophora]]
[[ja:有櫛動物]]
[[ja:有櫛動物]]
[[ko:유즐동물]]
[[lb:Rëppequallen]]
[[lb:Rëppequallen]]
[[lt:Šukuočiai]]
[[lt:Šukuočiai]]

Revisión como estaba o 10 de novembro de 2008 ás 22:35


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Ctenóforos

"Ctenophorae" de Ernst Haeckel

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Ctenophora
Clase

Os Ctenóforos (Ctenophora, do grego ktenos = peite; -phoros = portador, é dicir, “portador de peites”) son un relativamente pequeno filo de animais diblásticos caracterizados pola presenza dunhas células especializadas, os coloblastos, que producen una substancia pegañenta utilizada para capturar as presas. Son mariños e moi frecuentes no pancto e máis abondosos nas superficie, aínda que tamén pódense atopar a grandes profundidades. Lévanse descritas máis de 120 especies, algunhas das cales son o bastante frecuentes como para ter importancia ecolóxica. Antigamente confundíanse coas medusas, pero máis tarde se atoparon diferenzas o bastante profundas para crear o seu propio filo dentro da rama dos radiados.

Características

Os ctenóforos posúen as seguintes características:

  • Teñen unha simetría birradial e un eixo oral aboral.
  • O corpo e de tipo medusoide cunha mesoglea mesenquimática.
  • Non posúen tentáculos, e de telos non estan dispostos nunha coroa arredor da boca.
  • Teñen unhas células pegañentas chamadas coloblastos que usan para capturas ás posibles presas.
  • Os ctenes están dispostos radialmente e sérvenlle ao animal para nadar.
  • Posúen unha larva cidipoide.
  • Non teñen polimorfismo, ao contrario que os cnidarios que pasan por unha fase pólipo e outra medusa.
  • Non posúen cavidades no corpo a excepción do celenterón.
  • Teñen un órgano sensorial aboral.
  • As células musculares orixínanse na mesoglea.
  • Posúen oito ringleiras lineais de cilios que se moven de xeito sincronizado para nadar.
  • Non teñen aparatos excretor, respiratorio, e circulatorio.
  • Posúen aparato dixestivo e sistema nervioso e muscular.
  • Teñen bioluminiscencia que depende da mesoglea, onde ademais están as células musculares para as contraccións.

Clasificación

  • A clase Nuda ten so unha orde, Beroida (Beroe gracilis). Pódense distinguir pola completa ausencia de tentáculos.

Filoxenia

O seguinte diagrama amosa a filoxenia dos ctenóforos en base a súa morfoloxía e aos datos xenéticos obtidos a partir do ARN:

Ctenophora
|--Cydippida (Mertensiidae family)
|--
    |--Platyctenida
    |--
        |--Cydippida (Pleurobrachidae family)
        |--
        |   |--Nuda Beroida
        |   |--Cydippida (Haeckeliidae family)
        |
        |--
            |--Lobata
            |--Cestida
            |--Thalassocalycida

Galería

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Link FA